Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Premio da CIG

Homenaxe aos traballadores de Atento no Día da Clase Obreira

A Confederación Intersindical Galega quixo recoñecer a loita levada a cabo polo persoal desta empresa durante os últimos meses.

Redacción - 10:00 12/03/2009
Dolores Sánchez agradeceu o recoñecemento e destacou a labor da sección sindical da CIG en Atento

Dolores Sánchez agradeceu o recoñecemento e destacou a labor da sección sindical da CIG en Atento

O III Premio do Día da Clase Obreira Galega foi así outorgado pola CIG aoss traballadores e traballadoras de Atento, nunha homenaxe que quere ser extensiva a todos os traballadores do telemárketing, como lembran "un sector especialmente precarizado e vítima constante dos procesos de deslocalización". A CIG tamén fixo especial mención do labor desenvolto polas seccións sindicais de Cedonosa, Ingermarga e Ferroatlántica.

Dolores Sánchez e Juan Carlos Brañas, delegada e delegado da central en Atento, agradeceron o recoñecemento ao traballo nos cinco anos de existencia "dunha sección sindical moi nova, pero que foi unha das primeiras en constituírse neste sector". O sector do telemárketing rexistrou durante o pasado ano ducias de despedimentos con motivo do traslado das oficinas das empresas, ao tempo que é un dos sectores con maiores taxas de temporalidade e precariedade. No caso de Atento, a firma pretendía trasladar dende A Coruña a León a 27 empregados/as; traslado que os tribunais impediron. De igual xeito, esta mesma semana Eurocen anunciaba o peche dun departamento en A Coruña, que ocupa a 450 persoas. O acto, que tivo lugar este 11 de marzo, contou coa participación de representantes sindicais e destacados persoeiros de organizacións políticas, culturais e sociais do país.

Poden mpliar na web da CIG


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: