Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pide non cuestionar os pactos PSOE-BNG

"O problema non é compartir un goberno, senón competir nel", analiza Blanco

Insiste en que os socialistas deben buscar as causas da perda do poder internamente, malia subliñar que o PSOE non gobernará a Xunta porque o BNG perdeu un escano.

Redacción - 09:15 16/03/2009

"Os socialistas fan un bo traballo nos concellos, o problema non é compartir un goberno, senón competir nel", reflexionaba o vicesecretario xeral do PSOE, o lugués Xosé Blanco, este domingo nos micrófonos da radio pública española (RNE). Blanco pedíalle así aos seus publicamente que non cuestionen os actuais pactos locais entre socialistas e nacionalistas, malia admitir a necesidade de que estes acordos sirvan para garantir gobernos "compactos e sólidos" que demostren que lles preocupan os cidadáns "e resolver os seus problemas".

Por outro lado, Blanco quixo quitarlle ferro ao actual debate interno no PsdeG-PSOE, asegurando que o seu é un partido "en renovación permanente". "Conversei con persoas que promoveron esa reflexión de renovación e todas as que conduzan a unha saída en positivo para un proxecto maioritario en Galiza, son acertadas", valorou ao respecto dese debate.

Doutra banda, dixo estar preocupado por algunhas das recentes manifestacións públicas do líder do PpdeG e próximo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e pediulle que "non poña marcha atrás ao progreso de Galiza". Na opinión de Blanco, o país "creceu economicamente, deu un impulso á súa cohesión territorial e social e espero que siga ese camiño e non volva ás autovías de peaxe nin a privatizacións da sanidade ou educación encubertas". "Non houbo un momento da historia de Galiza cun investimento público tan importante", engadiu, advertíndolle ademais ao PP que non debe usar a Xunta para "atacar" o goberno español, "senón para avanzar e cumprir os obxectivos modernización".


2/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: