Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN BARCELONA

Detido o antisistema que estafou medio millón de euros a bancos

Enric Durán distribuíu este martes o segundo número do seu xornal, no que anima a todos os cidadáns a retirar os seus cartos das entidades financeiras.

Redacción - 19:40 17/03/2009

Unha vintena de Mossos d'Escuadra de paisano e encarapuchados entraron no edificio do Reitorado da Universidade de Barcelona e levaron a Enric Duran esposado, entre as protestas de estudantes contrarios ao plan de Bolonia que estaban no edificio. Duran reapareceu este luns publicamente, seis meses despois da súa estafa aos bancos, para anunciar a distribución este martes dunha nova publicación antisistema, Podem!, no que propón un plan de acción "poscapitalista" para superar a crise. Este xornal foi distribuído de forma gratuíta cunha tirada de 350.000 exemplares, 130.000 en castelán e 220.000 en catalán.

A proposta de Podem!
Podem! fala de vivir sen bancos, así como das cooperativas como motor de transición cara a era poscapitalista. Segundo o colectivo, a crise "non ten solución dentro do sistema". "Non se pode solucionar sen cambiar de ideas", dixo Duran, que chamou á autoxestión e á fin "da propiedade privada especulativa". O colectivo puxo o 30 de xuño como prazo para que os gobernos respondan ás súas iniciativas cunha "proposta de transición real" cara a un novo modelo económico. Como considera que non se dará este cambio, o colectivo iniciará o 17 de setembro un plan de acción, con propostas como que os cidadáns saquen todo o seu diñeiro dos bancos e non paguen préstamos nin hipotecas, reduzan a cota dos alugueres ou deixen de pagalos, deixen de traballar para empresas capitalistas e non abonen os recibos dos servizos básicos.

Complementando estas accións, o Colectivo Crise convoca para o próximo 22 de marzo unha manifestación en Barcelona en contra da política ambiental da Generalitat, e o 28 de marzo outra, tamén en Barcelona, contra a reunión do G-20 en Londres.

Unha estafa de 492 mil euros
En setembro de 2008 Enric Durán anunciou que durante dous anos conseguira case medio millón de euros en créditos de 39 bancos, a través de empresas ficticias, e que non pensaba devolver. Unha parte do diñeiro destinouno a publicar Crisi, unha revista que se repartiu de balde o 17 de setembro, e que informaba de como nos 'rouban' os bancos e como facer para darlle a volta á situación. Despois, fuxiu de España. Até esta semana.

Crisi, primeira publicación editada por Enric Durán (.pdf)
Podem!, segundo número, distribuído este martes (.pdf)


4.74/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: