A organización política catalana pretende aglutinar, canda EA e Chunta Aragonesista, tamén Aralar.
Esquerra Republicana trasladou unha oferta formal ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) para que se integre na coalición Europa dos Pobos, da que xa forman parte Eusko Alkartasuna e a Chunta Aragonesista e á que podería incorporarse Aralar, para concorrer xuntos ás eleccións europeas do próximo 7 de xuño, segundo informaron a Europa Press fontes de ERC.
Nos anteriores comicios europeos, o BNG concorreu en coalición con CiU e o PNV, os seus socios de Galeuscat, non obstante, estas tres formacións aínda non decidiron se repetirán a fórmula para as eleccións de xuño. Dende ERC mostran un absoluto respecto coa reflexión interna que se está a dar no BNG sobre a posibilidade de volver concorrer cos nacionalistas cataláns e vascos, pero optaron por lanzarlles un convite formal para incorporarse, se o consideran oportuno, á Europa dos Pobos.
O BNG aínda non iniciou internamente o debate oficial sobre os comicios europeos, aínda que o próximo luns abrirá a discusión nunha reunión da Executiva en funcións.
Soberanistas de esquerdas
Os republicanos, que encabezan a coalición coa que lograron un eurodeputado nos comicios europeos de 2005, queren sumar o BNG para reforzar así a marca 'soberanista e de esquerdas' que queren presentar como alternativa progresista a unha posíbel coalición CiU-PNV.
Nas últimas semanas, ERC tivo tamén contactos con outras forzas políticas para intentar atraelas á súa candidatura europea. Así o fixo con Aralar, formación que pasou dun a catro escanos nas eleccións vascas do pasado 1 de marzo, e que podería formalizar a súa integración na Europa dos Pobos esta mesma fin de semana.Os independentistas cataláns tamén abriron contactos co Partido Socialista de Mallorca, Entesa per Mallorca, Els Verds-Conferederación Ecologista de Catalunya e Nova Canarias, unha escisión de Coalición Canaria.
ERC precisa un bo resultado como sexa. A súa popularidade en Cataluña cae en picado. O BNG o mellor que pode facer é presentarse en solitario e poñer a un Beiras a un Nogueira ou mesmo a Quintana. Aínda así para sacar un deputado terían case que duplicar os votos que sacara en marzo. Bueno, primeiro hai que arranxar a casa...Europa sempre pode agardar...
Aínda mellor, que presenten a unha muller. Aí están Ana Miranda, Encarna Otero, Teresa Táboas, Pilar García Negro...
Concordo completamente contigo Aldara, o BNG neste impass no que está deberia presentarse en solitario, recolher os votantes deixados pelo caminho, e tambem concordo em que se presente uma mulher,se bem é certo que o capital de Beiras ou C. Nogueira ou o mesmo Quintana nom se debem desperdiciar.Iso si, Beiras esta mais centrado no Foro Social, Nogueira ja se presentou varias vezes, acabando por perder a representaçom, (nom por el)e Quintana depois destas eleiçons incorporar-se ja as europeas, pareceria cachondeo todo o processo no que está imerso o BNG agora.
Se bem destes 3, acho que o melhor por questom de Marketing Politico seria Beiras, que está a ser todo um Embaixador da Galiza.
Penso que o BNG debería apresentarse con PNV e con CiU, forzas con máis tirón electoral que ERC, Aralar ou CHA, e cun perfil máis centrista e moderado.
centrista e moderado?? o PNV ten un "background" que nada ten de centrista, máis ben de extrema dereita...e CiU, sen chegar a ese extremo, agrupa sectores moi conservadores, moito máis próximos ao pp que ao bng, que se supón que é un partido de esquerdas e progresista (aínda que cada vez o intente ocultar con máis forza). nunca me pareceu que o BNG tivese demasiado a ver con PNV ou CiU...mellor con ERC, pero infinitamente mellor pola sua conta.
ERC, CHA, Aralar. Menuda tropa. Vamos quitar petroleo indo con estes. Nin que voltaramos á segunda division!.
Sexamos serios: Galeuscat.
Si que presenten a Pilar Garcia Negro
E de número dous Rosalía de Castro
Canto burro solto
Que presenten a unha muller? O problema é cando o punto de partida é presentar "unha muller" ou "un home"...porque estamos a eliminar moitas posibilidades. Que busquen à persoa idónea, e se é home, pois é home, e se é muller, pois é muller! Qué carallo agora con esta moda de que poñer mulleres nos cargos mola e poñer homes é rancio e anticuado.
Con tanta xente de dereitas non é estrano que o PP arrase en Galicia.
O BNG quere ir con GALEUSCAT.
Se Unió non di que non, haberá de novo cualición, carallo un pareado xD.
É inconcebível que o BNG prefira antes ir em coligaçom com a direita, mesmo estando esta na oposiçom na Catalunha e o País Basco, do que com a esquerda. E depois ainda alguém se estranhará de que perdam votos.
Produz arrepio só pensar em que estám a converter o BNG algumhas «mentes iluminadas» das pessoas que o dirigem.
Lucharemos todos juntos
todos juntos en unión
defendiendo la bandera
de la Santa Tradición
Cueste lo que cueste
se ha de conseguir
que los barretinas rojas
entren en Estrasburgo.
Galeuscat, ese enxendro de Beiras, demostra ben ás claras o derroteiro equivocado que seguiu o Bloque xa dende a época do patrón dos "irmandiños". Pactar con grupos tan "esquredistas" como PNV ou CiU, foi un mísil na liña de flotación da política histórica de esquerdas do BNG. Hoxe, os epígonos de Beiras queren reeditar ese pacto con ERC, o mesmo grupo que en Catalunya, xunto co PSC e Inicitativa apalea a estudiantes e desenvolve o social-liberlismo.
Así non se vai a ningures.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com
Home...social liberais hai tamén no BNG
O eleitorado demostrou querer um BNG de esquerdas o 1M.
Pode presentar-se um BNG de esquerdas em solitário.
Pode presentar-se um BNG de esquerdas com outros partidos de esquerdas.
Pode presentar-se novamente com a direita e levará outro caralho.
Alguém lembra o porquê de perder Camilo Nogueira o escano? Semelha que as análises eleitorais só duram apenas a semana depois.
...o eleitorado demostrou que non quere un BNG nin de esquerdas nin de dereitas nin pra riba nin pra baixo...o BNG non ganará unhas eleccións en Galicia mentras siga con parvadas como a estreliña vermella na bandeira e políticos-funcionarios que non saben o que é traballar e falan galego de plástico. Eso é o que eleitorado demostrou. Ao BNG o que lle fai falta é poñer os pés no chan, e deixarse de lerias.
Pero, chairego, non cres que o problema do BNG foi que puxo demasiado os pés no chan? Eu coido que foi asi, que puxo os pés na moqueta do despacho e intentou dar a imaxe de partido moderado, "estándar", intentando rabuñar votos ao PP, à dereita, e defraudando aos votantes da esquerda máis...digamos idealista, con todas as connotacións positivas deste concepto e ningunha das negativas. E que pasou? Pois que perdeu os votos da esquerda, que lle pertenceran por natureza e princípios, e non conseguiu os ansiados votos da dereita, porque nunca lle pertenceran, nin lle pertencerán. O BNG ten que deixar de intentar pescar en caladoiros alleos, ou se convertirá na mesma farsa que o PSOE e o PP.
#5
"centrista e moderado?? o PNV ten un "background" que nada ten de centrista, máis ben de extrema dereita"
Non estou de acordo, ainda que preferiría que o BNG vaia libre de ataduras ás europeas a sabendas de perder, non estou de acordo a que se trate ao PNV como un partido de extrema dereita, e ala. O PNV ate o de agora estivo gobernando con EA-EU e leva facendo en Euskadi mais política progresista que o PSOE en todo o que leva gobernado España que xa é dicer.
Sexamos sensatos: mellor sós senon con Galeuscat .
"O eleitorado demostrou querer um BNG de esquerdas o 1M"
O problema que ten o bloque é que é unha empanada ideolóxica, tense que crear un partido nacionalista de centro, o bloque non é capaz de abranguer todo o nacionalismo. Namentres os do PNG seguen no bloque para non esvaecerse, cando toda a formación pasa deles totalmente.
Eu penso ao meu entender, que o que se poña ó fronte do Bloque ten que ter:
1- As ideas moi clariñas.
2- Ser humilde, honesto e moi consecuente coas ideas do nacionalismo dende a esquerda.
3- Ter a cultura precisa para actuar coa máxima eficacia.
4- Escoitar moito, sempre e con todo respeto, a toda a militancia.
5- Pensar moito o que se vai a facer, e non deixarse presionar por algúns grupiños que dominan o aparato do partido.
6- Practicar a honradez, a ética,a xenerosidade e sobor de todo a irmandade.
7- As xentes de ben é o que precisamos.
E veña......adiante, e todos a axudar, pois a cousa está bastante baixa.
Temos que encher o espíritu de boa vontade.
O Bloque vive a anos luz dos problemas da xente é un partido anacrónico e anclado en finais dos 70, plantexamentos superficiais, clichés, moita pose e pouco contido,...e que conste que levo votando pore eles dende os 18, dito sexa de paso que como mal menor e a falta doutra alternativa que me convenza...e ultimamente apuntiño de votar en blanco...e como sigan así emigro.
Teñen medo de quitar a estrela da bandeira, pero señores, que non somos cativos de 18 anos..., de botar a elementos como Bieito Lobeira & Cía.,...moito licor café, moito Compostela, moito 'i', moito funcionario, moita palestina,...moita pose en resumen, e pouco contido, pouco defender a galicia de verdade, e diredes o que queirades, que si 'La Voz', que si xogo suxo,...tiñan que partir do feito de que o pobo galego NON é tonto. Dábame vergoña oir comentarios como 'Merda de pais', 'Vergoña de pais' con respecto aos resultados das eleccion por parte dalguns bloqueiros,...a xente non é TONTA. Espabilade e tomade nota: http://www.plaidcymru.org/cont...
Ola a todo o mundo:
dende fai anos (cando teño tempo) consulto vieiros, e as veces vexo os comentarios da xente, mais nunca decidín participar... Dado que o tema de Galeuscat sempre me doeu e me pareceu chocante; hoxe animéime a tomar parte para expresar dúas cousas, aínda que pode que haxa moitas persoas que opinen que para dicir ísto mellor estaba calado...
1) falamos de que outras forzas están descompoñéndose ou en horas baixas... pero cal é a situación do BNG? miremos máis o que temos na casa
2) xa dende os tempos da insumbisión e a loita antimilitarista, sorprendíanme algunhas posturas de moitas persoas que unicamente criticaban os forzas militares segundo a bandeira á que servían... eu sempre tentei mirar un pouco máis aló avogando pola abolición de todos os exércitos, xa que un mercenario é un mercenario independentemente do Estado ao que sirva.
Nesta líña, e neste tempo de crise global, motivada en grande parte por actuacións ultraliberais impulsadas en certo modo por case todos os partidos políticos (aínda que algúns máis que outros), non entendo como falamos tanto de solidariedade, crise do capitalismo, precariedade laboral, etc.. e logo nos parece "normal" que apostemos por camiñar conxuntamente con partidos como PNV ou CIU... que os diferencia en política medioambiental, económica ou laicista do PP?
Eu non sei que vades facer, nen tampouco reflexionei o suficiente sobre se o Bloque debe presentarse en solitario, ou con ERC + Aralar (a mín non me importaría) o único que teño claro (eu e unhas cantas persoas máis) e que se o BNG escolle eses compañeiros de viaxe voltarei votar en branco nas Europeas.
Sabemos cal é a nosa bandeira, pero onde a situamos? a dereita ou a esquerda?
Vaia... ao final para ser a 1ª vez escribín máis do que pensaba, agardo que a nenguén lle ofendera ou molestaran estas reflexións -xa temos bastantes liortas internas!!-, tan só pretendín ser constructivo.
UN SAÚDO CHEO DE ANIMO A TOD*S
Chairego, poucas veces se acerta no centro da Diana, mais ti deches no cravo.
Vendo algunhos destes comentarios, se é que son reales, pois parece claro que hai un feixe de nacionalistas galegos de dereitas. E polo que se ve están empeñados en facer do BNG un "partido nacionalista de dereitas". Non sería máis doado que se adicacan a contituir ese partido que eles queren e que deixen ao BNG en paz, que nin é un partido nin é de dereitas.
Se tiveran un pouco de sentidiño saberian que na Galiza ser nacionalista e de dereitas é un contrasentido, pero en fin, "como habelos hailos", pois veña para diante a formar un partido "galeguista de dereitas" como o que xa houbo cando a división do Partido Galeguista, e se formou "Dereita Galega", penso que con Filgueira Valverde e Pepe Sesto.
Ser nacionalista e de dereitas é o normal, mira CIU, PP, PNV, etc... o imposible ou infumable e pretender ser de esquerdas e nacionalista
Non sei a que espera o BNG para ir cos coleitivos axeitados, se van con PNV ou CIU, que non conten co meu voto.
Pois se van cos tolos de ERC, que foron nas últimas cos neonazis de Andecha Astur e pactan co PP en Catalunya nos concellos, vaia esquerda nacionalista do carallo, o meu voto vai para outros. Galeuscat SI.
#24 "Vendo algunhos destes comentarios, se é que son reales, pois parece claro que hai un feixe de nacionalistas galegos de dereitas"
Pois eu non son de dereitas, pero ogallá houbera un partido pro-galego/nacionalista/independentista ou como lle queiras chamar de dereitas de centro ou do que sexa,...total dereitas/esquerdas hoxe en día pouco máis ten...por que xa me dirás ti en que notou o galego de a pé os dous anos de bipartito de esquerdas,...e digo o galego de a pé, o traballador...dime ti 1 medida concreta que se vira reflectida na mellora da vida dos galegos... ...e se ser de esquerdas e 'nacionalista' é ir ás 'manifas', falar co 'i' en canto do 'e' tomar licor café e oir á 'lamatumbá' e levar gafas de pasta, e demais 'poses' e brindis ao sol...pois si, o BNG é de esquerdas...e así lle vai ir como siga igoal. Hai unha inmensa maioria de xente nova traballadora, galego falante de sempre, do rural e pequenas vilas que están esperando que fagas eses cambios señores do BNG ou asembleistas...e non terán problema ningún en votarlles, outra cousa é se queren seguir sendo a élite onanista e hipócrita que son, entón seguirán caendo en picado.
Un pouco de historia para os ignorantes.
O 11 de setembro de 1923, Diada Nacional de Catalunya, asínase en Barcelona o Pacto da Tripla Alianza avalado por Francesc Maciá, Nicolau d’Olwer,Ventura Gassol e Antoni Rovira i Virgili por Catalunya; Manu Egileor, Eli Gallastegi, Uribe etxebarria e Manu Roble Aranguiz por Euskadi e Alfredo Somoza e Franciso Zamora por Galiza.
Dez anos máis tarde, asínase o Pacto de Compostela no Pazo de Fonseca en Galiza, creándose Galeuzca coa participación, entre outros destacados nacionalistas, de Batista i Roca, Nicolau d’Olwer, Castelao, Suarez Picallo, Alonso Rios, Irujo e Rezola.
A Alianza Galeuzca quedou truncada pola sublevación militar do 36. A guerra, a derrota e a interminábel ditadura non puideron co compromiso daquela xeración de persoas comprometidas coa democracia e as liberdades. Mesmo durante os duros anos do exilio, o lehendakari Agirre, Castelao e Pi i Sunyer traballaron por manter vivo o acordo e sobre todo, a memoria das realidades nacionais de
Galiza, Euskadi e Catalunya.
En xullo de 1998 subscríbese a Declaración de Barcelona polo Bloque
Nacionalista Galego, Convergencia Democrática de Catalunya, Unió Democrática de Catalunya e Euzko Alderdi Jeltzalea- Partido Nacionalista Vasco, retomándose e anovándose así o vello e permanente obxectivo de traballar, a través da acción coordinada, para lograr o recoñecemento xurídico-político das nosas realidades
nacionais.
Eu acho que os partidários do "centrismo" têm em TeGa um ponto de partida para o galeguismo de centro, e a experiência de Coalición Galega para analisar. Trabalhem nesse espaço e deixem de "centrar" a esquerda, que ainda existe, mal lhes pese.
Galeuzca existiu, e pode seguir existindo. O PNV e CiU podem ser aliados em muitas questões. Mas tem o BNG os mesmo objetivos?
Deve ser o BNG um movimento anti-sistema (Reino de Espanha com 17 "comunidades" e neoliberalismo oficial) ou deve converter-se em partido regionalista para pactos, totalmente integrado no Reino, ao jeito de PNV e CiU? Eís a questão.