Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O pasado sábado

Andaina homenaxeou a Lidia Senra pola súa loita a prol do mundo agrario

O colectivo feminista organizou unha cea de agasallo en Compostela, á que asistiron unhas 70 mulleres que amosaron o seu apoio á sindicalista.

Redacción - 17:40 30/03/2009

A revista Andaina celebrou o pasado sábado un encontro-charla-cea de "agasallo, recoñecemento e cariño" a Lidia Senra, ex secretaria xeral e actual secretaria de Organización do Sindicato Labrego Galego (SLG), polo seu "traballo ao longo dos anos, de loita polos dereitos das mulleres labregas e de defensa da terra e da soberanía alimentaria". Tamén se quixo homenaxear a Senra polo seu "liderado exemplar" á fronte do SLG, e como dirixente do mesmo, para amosar o "apoio á continuidade do seu labor".

O acto desenvolveuse no CS O Pichel, en Compostela, e nel participaron máis de 70 mulleres. Após a charla que deu a propia Lidia Senra sobre a soberanía alimentaria, comezou a cea, elaborada con produtos traballados, cultivados e cociñados polas mulleres do Proxecto Amorodo.

Na sobremesa, proxectouse un vídeo feito para a ocasión, que lembraba a traxectoria de Senra. A homenaxe colleu por sorpresa a Senra, que en todo momento pensou que estaba a asistir a un acto sobre a soberanía alimentar, até que Celia Balboa, avogada que fai parte do consello de redacción de Andaina, se ergueu para dar lectura a un manifesto de apoio á labrega e sindicalista.


4.08/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Foto de familia, con todas as asistentes (clique para ampliar)
Foto de familia, con todas as asistentes (clique para ampliar)
Zélia García e Lidia Senra, na palestra previa á cea
Zélia García e Lidia Senra, na palestra previa á cea
Momento no que Celia Balboa descobre a homenaxe a Lidia Senra, quen, até ese momento pensara que estaba só nunha charla sobre soberanía alimentaria
Momento no que Celia Balboa descobre a homenaxe a Lidia Senra, quen, até ese momento pensara que estaba só nunha charla sobre soberanía alimentaria