Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICA

Novas Xeracións acudirá aos tribunais se a Xunta non anula a elección da nova presidenta do Conxuga

As mocidades do PPdeG denuncian a existencai de "graves irregularidades" na asemblea celebrada a pasada fin de semana.

Europa Press - 18:10 31/03/2009

A presidenta de Novas Xeracións (NNXX), María Seoane, e diferentes membros de asociacións galegas, entregaron este martes un escrito no Rexistro da Xunta no que solicitan á Consellaría de Presidencia que invalide a última asemblea do Consello da Xuventude de Galicia e anunciaron que, se isto non ocorre, recorrerán á vía xudicial.

En declaracións aos medios, Seoane explicou que a Consellaría de Presidencia dispón das competencias necesarias para facer que se repita a asemblea, nun prazo de dous meses. Ao seu entender, isto é necesario ante a "nulidade absoluta" da asemblea, celebrada o pasado sábado, e na que resultou elixida como nova presidenta do organismo a irmá de Loli Rodríguez Amoroso, que ostentara o posto até o de agora e que concorría representando a Iniciativa Estudantil Galega (Iesga), Azucena Rodríguez Amoroso. Diante das "irregularidades" detectadas na convocatoria, explicou que decidiron non acreditarse para a Asemblea, polo que só o fixeron asociacións afíns á organización xuvenil do PSdeG. Por iso, concluíu que o cónclave é nulo de pleno dereito ao non se constituír legalmente, conforme os estatutos do Consello. Concretamente, detallou que na segunda convocatoria, ás 10.30 horas, non había o quórum esixido polo regulamento, polo que o prazo se ampliou até as 10.39 horas, momento no que seguía sin haber quórum e no que o presidente decidiu pechar a mesa.

Incidente

Segundo o seu relato, baixo a presión de membros destacados do PSOE --como o deputado electo José Manuel Lage Tuñas-- volveu abrir a mesa para acreditar dúas persoas pertencentes a unha organización afín ás Xuventudes Socialistas, "para así conseguir o quórum preciso". Seoane recriminou a "vergonzosa" actitude do deputado socialista, ao que atribúe un "bochornoso incidente" por enfrontarse aos representantes de Novas Xeracións e Galiza Nova. Ao seu entender, Lage, "movido polo interese persoal de colocar como presidenta do consello á irmá de Loli Rodríguez Amoroso --que mantén unha relación sentimental co citado parlamentario- esqueceu que asistía á asemblea como convidado sen voz nin voto". Por iso, lamentou que perdese os "estribos", ao ver que algúns dos conselleiros designados polas asociacións popular e nacionalista non se acreditaban "debido ás numerosas irregularidades detectadas na convocatoria".

Segundo contou, cando se anunciaba a falta de quórum e se suspendía a asemblea, Lage dirixiuse de forma violenta" cara a María Seoane e Iria Aboi --líder de Galiza Nova--, as que, segundo Novas Xeracións, "foron vítimas da inxustificada ira do parlamentario". Pasadas as 10.54 horas, indicou Seoane, o presidente da Mesa "consentiu". Ante estes feitos, tanto Novas Xeracións como Galiza Nova --organización xuvenil do BNG-- e outras asociacións asinaron un escrito denunciando estas irregularidades, e que a organización popular achegou hoxe co requirimento presentado na Xunta. Se a Consellería de Presidencia non invalida a Asemblea, Seoane adiantou que acudirán á Xustiza.A presidenta de Novas Xeracións considerou que estes feitos están "fóra de lugar" e que o consello debe "representar a todo o asociacionismo galego e non só a unha estirpe familiar".


2,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: