Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
“A VIDA NON É SÓ CARTOS”

Corenta funcionarios con dereito a cobrar o plus de altos cargos renuncian a percibir o sobresoldo

Os empregados públicos, entre os que se atopa un conselleiro en funcións, consideran que hai que dar exemplo en tempos de crise.

Redacción - 12:30 01/04/2009

“A vida non é só cartos”, así comeza o escrito que corenta funcionarios con dereito a percibir o plus de altos cargos presentaron no Rexistro Xeral de San Caetano. No documento, ao que puido ter acceso Vieiros, os promotores da iniciativa pídenlle ao conselleiro de Presidencia en funcións, Xosé Luís Méndez Romeu, que non lles aplique unha subida retributiva, á que en xuño do ano pasado xa se acolleran 121 funcionarios.

Entre os promotores da iniciativa atópase un conselleiro en funcións e varios directores xerais. No escrito sosteñen que esta decisión vaille supór un aforro á Administración de perto de 500 mil euros ao ano, “unha cantidade nada desprezábel en tempos de crise”, sinalan no documento.

(Especial 1 de abril)


4,94/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: