Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na súa primeira semana como ministro

Xosé Blanco di que vai traballar "para que Galiza e o norte de Portugal non perdan o TAV"

O titular da carteira de Fomento do goberno español sinalou que vai revisar o Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transportes para que "o noroeste non quede marxinado".

Redacción - 14:20 11/04/2009
O ministro de Fomento, o ulloán Xosé Blanco

O ministro de Fomento, o ulloán Xosé Blanco

"O noroeste estivo moito tempo marxinado das grandes infraestruturas, que sempre chegan tarde", sinalou o novo ministro de Fomento do goberno español, o ulloán Xosé Blanco nunha entrevista na Cadena Ser, mentres aseguraba que vai traballar para que "Galiza e o norte de Portugal non perdan o tren de alta velocidade (TAV), acelerando ao máximo este compromiso", recalcou.

"Pretendo ter unha relación moi estreita con Galiza"
Nesta liña, sinalou que este mesmo ano vai revisar o Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte (PEIT) "para a súa adecuación á actual situación económica" e ao crecemento do Estado, e "en diálogo coas Comunidades Autónomas".
A este respecto, e relacionándoo co seu país, Blanco sinalou que esta semana mantivo unha entrevista co vindeiro presidente do Goberno, Alberte Núñez Feijóoo, e destacou que este compromiso "vai máis alá das cores políticas. "Pretendo ter unha relación moi estreita con Galiza", recalcou.

Branco xustificou a revisión do PEIT defendendo que "as infraestruturas son moi importantes para manter a cohesión dun país", polo que considerou vital chegar a un consenso coas Comunidades Autónomas "para gañar en competitividade, facer unha aposta maior pola intermodalidade nos nosos sistemas de transportes, e axeitalos ás directivas que existen no marco da UE, precisamente dentro da planificación das infraestruturas", explicou.

O ministro comprometeuse tamén a manter o investimento previsto en infraestruturas na medida que se poida, "tendo en conta a situación económica", pero precisou que neste momento non se poden estabelecer compromisos "alén do que se pode facer". "Neste momento non podemos gastar por gastar, hai que gastar naquilo que se necesite", destacou, sinalando que se han priorizar aqueles proxectos que contribúan "a activar os elementos que axuden a combater a crise".


3.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: