O enfrontamento parlamentario desta semana deixa un chisco máis lonxe a posibilidade dun consenso a curto prazo en favor da normalización lingüística.
"Están vostedes de acordo en consultarlles aos pais? Nós si", preguntoulles Alberto Núñez Feijoo aos grupos da oposición na intervención deste xoves previa á súa investidura como presidente da Xunta. A continuación avanzou Núñez Feijoo un par de detalles sobre o proxecto que os populares introducirán desde o Goberno logo da derrogación do decreto sobre o galego no ensino. De xeito concreto expuxo o candidato a súa intención de "garantir" que todos os alumnos poidan dirixirse en castelán ao profesor en calquera materia agás na de lingua galega e do mesmo xeito poidan realizar, excepto nese caso, os seus exames en castelán sempre que así o desexen.
"Escoiten un pouco máis os cidadáns e os seus propios militantes, e poderán facerlle un bo servizo ao país", ironizou ao fío, para botar man a continuación dun texto de análise do propio PSOE, onde os socialistas afirman non ter valorado correctamente "o conflito lingüístico" e se refiren á campaña de sinaturas que un colectivo realizou en contra da normalización lingüística. "A lingua non é propiedade de ninguén", afirmara anteriormente Feijoo, espetándolles ás bancadas da oposición a idea de que "a lingua non é patrimonio de minorías, senón de todos e, en todo caso, das maiorías".
"Cando os seus dogmas non son seguidos polo pobo, acusan vostedes o pobo de ser antigalego", arrebolou o líder do PpdeG, asegurando que "é posíbel xuntar normalización e liberdade" e convidar o Parlamento a dialogar ao respecto. "Eu tentarei que os nosos rapaces poidan explicar en inglés que existe un mundo chamado Galiza", afirmou. "A lingua deféndese falándoa, en igualdade e sen confrontación", engadiu.
Leiceaga chama a explorar os eixos para a "concordia"
"Vostede alentou a confrontación política sobre esta cuestión por unha présa de votos, dando cobertura aos que tiñan posicións extremistas", acusou o voceiro do PSdeG ao candidato á presidencia. De paso prometeulle a man tendida aos populares no caso de deixaren esas posicións e volver "á corrente central". Foi aí que o voceiro socialista citou de novo a Risco para afirmar: "Non queremos que se perda o galego; defendémolo con afervoamento, con sacrificio, pero non queremos que o castelán desapareza de Galiza: queremos a paz e a igualdade dos dous idiomas".
Na opinión de Xaquín Fernández Leiceaga a posibilidade da "concordia lingüística" na escena parlamentaria debera basearse en primeiro lugar no esforzo por favorecer o coñecemento da lingua no sistema educativo. En segundo lugar, referiuse Leiceaga ao marco normativo xa existente e consensuado no seu momento onde se sinala a necesidade de "protexer a lingua propia, a máis débil" eliminando as barreiras que impiden o seu uso. "Vostede abriu a caixa dos tronos e aínda ten o atrevemento de aleccionarnos sobre a discordia lingüística", denunciou.
Aymerich lémbralle ao PP "a obriga legal"
"Se non é por amor ao país, que sexa cando menos por obriga legal", reclamoulle o voceiro do BNG ao candidato presidencial durante a súa quenda. O líder do Bloque acusou a Núñez Feijoo de estimular a confrontación social apoiando "de xeito irresponsábel" as "mentiras" impulsadas por "campañas extremistas contra a nosa lingua e contra a convivencia neste país". Na opinión de Carlos Aymerich, o posicionamento adoptado polo PP ao respecto do idioma semella basearse na idea de que "a lingua galega é algo negativo e co que hai que ter coidado, como se fose unha carga no canto da riqueza extraordinaria que é".
"Non imos permitir que por primeira vez en case trinta anos de autonomía retrocedamos naquilo no que todos debiamos camiñar unidos", apuntou o deputado nacionalista. Por último desafiouno a aclarar as súas intencións concretas logo de derrogar o decreto do galego no ensino. "Vai separar os nenos e nenas en aulas diferentes segundo a lingua que escollan os pais?", preguntoulle. Ao fío, inquiriuno sobre a súa posición contraria ás medidas impulsadas polo bipartito que transcriben "literamente" o consensuado no Plan de Normalización Lingüística e chamouno a explicar se "pretende derrogar" tamén ese plan.
ARTIGO 5
1.A lingua propia de Galicia é o galego. (Estatuto de Autonomía)
Se alguén sabe doutro caso, que o diga. Eu penso que é o primeiro presidente de calquera país do mundo, que a primeira medida que toma cando chega ao poder é a de limitar o uso da lingua propia do seu país. O surrealismo chega ata o punto de decir que hai que escoitar aos cidadáns. Os cidadáns de Galicia, polo de agora, usan como lingua maioritaria o galego. Non hai máis que escoitalos.
Cagho en dez Aymerich, por fin alguén falou con sentidiño.
Se Feijoo fai tal, aos tribunais por incumprir a lei, así de simple. A Lei prohibe separar aos nenos en función do idioma. O frijolito dixo que non quería derogar a lei, mais contradiccións non pode haber.
Anyway, eu incitaría a toda a sociedade galega, asociacións, particulares, e demais a persoarse como acusación. Ca lei na man perden.
Aymerich será o que necesita o BNG? Por fin alguén que fala con sentido, coraxe, e que non ten medo a ser nacionalista. Rematarán tamén os tempos do gran irmán da UPG con el? Para min sería unha boa noticia.
Esa liberdade para usar o castelán xa cha viñan tendo, mesmo na clase de lingua galega.
Este tío é parvo:
Os alumnos xa poden dirixirse LEGALMENTE ó profesor e facer os exames en castelán, agás en Lingua Galega.
Podería alguén dar un nome concreto dun centro onde non se poida facer ou dun profesor que o impida?
É que o actual Decreto xa recoñece ese dereito.
Como na práctica nas clases xa se viña sendo moi flexibles, que agora dorroguen o decreto non vai mudar moito a situación real. O problema está en que cedan a unhas presións en contra do galego que o seguinte paso que quererán dar será eliminar tamén a materia de ligua galega.
En realidade, o novo estatus legal do galego no ensino non vai supór ningún cambio no emprego do galego nos centros, pola sinxela razón de que o decreto que había ou que aínda está vixente non se cumpría. Todo o máis cumpríase en que había que ter o libro de texto en galego. Supoño que agora en xeral seguirá falándose nas clases igual que ata o momento: cada un no idioma que lle dea a gana, que acostuma ser que predomine o castelán nos alunos e que os profesores que antes falaban en galego na aula sigan facéndoo e os que o facían en castelán falen tamén en castelán.
O decreto cumpríase moi mal, realmente non se cumpría. O cambio real sería facer que o decreto se cumprise. Suprimir o decreto non suporá case ningún cambio.
O pesadelo comezou o 1 de marzo.
Pero esta xente que pretende, matarnos?. De que falan?.
Os galegofalantes sempre fomos unha minoría. Só con baixar á rúa decátaste de que lingua necesita axuda.
Como é posíbel? Galiza é un país con idioma proprio e é marxinada, perseguida...xa me estou vendo nunha reserva,nun gueto.
Cando rematará esta longa noite de pedra!...
Eles o único chan que pisan debe ser o dos construtores porque en todas as asignaturas que obrigatoriamente son en galego os alumnos sempre puideron e poden dirixirse ao profesor en castelán e por suposto facer os exames. E sei do que falo...
Os país sempre estiveron, e están, representados nos consellos escolares... non entendo tanta lea polo tema dos pais...
Sí e agora tamén lles vai preguntar aos conductores si queren Policia de Tráfico ou Non, ou aos "paganos" si queren pagar á Facenda ou non, ou si queremos militares ou non...e así até onde queira.
Dende logo Feijóo é pouco presentabel, pois renega dunha Lei que o PP aprobou e que até o de agora non crerara rifirafe ningún.
A DEREITA do PASADO volta a estar presente...canto tempo?.
E que acaso as concesións eólicas non foron adxudicadas tamén dentro da Lei?.Qué protesta dos votos emigrantes si estaba de acordo en que estiveran como están?.
ö marxe de todo o que argalle, ten que lembrar que a suma dos votos da Esquerda e superior aos da Dereita.
Terá que fiar fino, como tamén o terán que facer BNG e Psoe.
O camiño é espiñento, e ten sintomas de ser unha persoaxe Presidencialista, que quere ter atado todo e ben atado.Agardaremos.
Non se trata de voltar nas aulas ó castelán que xa se facía, posto que os centros do ensino principalmente os concertados endexamais cumpriron a lei de normalización lingüística agás algunhos estatais.
O que ven de facer onte presidente da Xunta de Galicia na súa investidura, e remachar facendo uso da ilegalidade, que dende xa e oficialmente se vai a denigrar o galego voltando a darlle a categoría de lingua marxinal e folclórica.
No lle votemos toda a culpa o PP, hai moitos galegos ademais dos de dereitas, que apoiaron co seu voto a Feijóo, so pra que o Galego voltara o seu eido como lingua testemuñal, isto e o que quixo "Galicia". Moitos cidadáns de ista comunidade avergóñanse da nosa fala "pobriños que les obligan a aprender un dialecto de ignorantes, obreros y campesinos” . Isto e o que escoitamos algunos dicir por algunos pais e non precisamente de dereitas, e o que temos, non hai mais que moverse pola vilas e cidades de Galiza pra ver que os que somos galegos falantes estamos sendo minoría, eu diría que minoría marxinal.
Velaquí o comezo de "una, grande y libre".
No te sé si mi castellano será de todo correcto, vaia por deus.
Que vaian tomando nota fóra, porque xa está voltando e con forza a lenda negra sobre a xente galega, que NON TODOS MERECEMOS. Desde logo, os que non exercemos poder, de ningún xeito.
A borrasca entra polo oeste e tende a espallarse.
O que si está claro é que pretenden crear cidadáns (si, saiu a palabra maldita que nos próximos meses xa se encargarán de eliminar) de primeira (A ÚNICA), segunda, terceira explotada, cuarta explotada e emigrante, quinta clandestina explotada, sexta clandestina e sen papeis explotada.
Grazas por instalarnos o medo e o terror como solucións.
Niso consistía a austeridade?
pero se ninguen che prohíbe preguntar en ningunha asignatura en castelán!! pero que caralho di este home!! se tódos os libros están en galego pero as materias danse en castelán incumprindo a normativa do 95, por eso apareceu a do 2007, porque é un cristo ler nunha lingua e escoitar noutra...que caralho di feijoo!!
van separar os nenos/as en aulas segundo língua??
Viva o Apartheid do PP!!!
Mas, postos a defender a "libertad totalitaria", por que tem de ser explicado o galego em galego? Por que não pode ser explicado em castelhano? E, vice-versa, por que o castelhano não se pode explicar em galego? Defendamos a "libertad totalitaria"!