"É unha preocupante declaración de intencións", afirma Carlos Aymerich, voceiro parlamentario do Bloque.
"Supón que a autonomía da administración cando teña que avaliar o impacto ambiental desaparece", criticou Carlos Aymerich ao respecto da macro consellaría que se denominará "Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e que pilotará Agustín Hernández. Na opinión do voceiro parlamentario do BNG a unión de obras públicas e ambiente supón que os criterios ambientais queden "subordinados por completo".
"Sabendo quen vai ser o Conselleiro, isto é tanto como dicir que o medio ambiente queda subordinado aos intereses das grandes empresas", laiouse este domingo Aymerich. Na súa opinión é "unha auténtica provocación e unha declaración de intencións que unha persoa como Agustín Hernández, que alén de ter incumprido a lei de incompatibilidades, carece das condicións mínimas esixíbeis desde un punto de vista ético a un cargo público, ocupe este posto". "É evidente que o novo conselleiro non vai defender os intereses xerais de Galiza, senón os das grandes construtoras", sinalou.
Por outro lado, Aymerich opinou que "un primeiro repaso dos nomes e currículos dos integrantes do novo Goberno, revela o poder do PP español e de Génova na conformación da Xunta de Galicia". Doutra banda, valorou o nacionalista que "saberemos se a redución do número de departamentos é puramente cosmética cando coñezamos a estrutura orgánica completa do Goberno".
Xa temos claro o que pensa Núñez Feijoo do Medioambiente, mellor dito, o que pensa facer, vainos meter en política industrial no século XXVIII. Vainos deixar Galiza tan estragada que o deserto vainos parecer un paraiso.
Nada máis que meter o raposo ao coindado das galiñas.
Semellante sin sentido non terá apenas relevancia na opinión pública, o que lle preocupou foi que Quintana derá un paseo en iate. Por certo, como se abrazaba Feijoo na sesión de investidura ao presidente de Iberdrola!! Se o chega a ter feito Quin mátano.
Agora poñen a esta persoa ao fronte da consellería máis importante, para min é o problema máis importante, non o feito de que vaian xuntas as competencias en medio ambiente e en infraestruturas, que tamén e grave.
A CIG destapa a existencia de tratos de favor a empresas vinculadas ao PPdeG
Edición xeral
Luz verde á Lei Ómnibus co 'Non' do BNG, que pedía blindar as condicións laborais e garantir deberes lingüísticos
Edición xeral
"Que impere a razón", reclámalle Vázquez a Zapatero ao fío das caixas
Edición xeral