Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
As novas tecnoloxías na aula

Perto de 10 mil estudantes cataláns recibirán clases con libros electrónicos

Son alumnos de escolas públicas e concertadas de Secundaria de Cataluña, e estudarán o 60% das materias con contidos dixitais.

Redacción - 12:00 25/04/2009

Uns 10 mil alumnos e alumnas de Secundaria, de centros públicos e concertados de Cataluña recibirán o 60% das súas clases con libros e contidos dixitais, segundo anunciou esta semana o conselleiro de Educación, Ernest Maragall.

Maragall explicou que se trata dunha experiencia piloto, que comezará a funcionar nun cento de centros, e que despois se fará extensíbel a todas as escolas e institutos, no período 2010-2011. O plan conta coas mesmas axudas para a compra de material e libros, que, neste caso, se investirán en mercar computadores e dispositivos dixitais.

Para que este plan se faga efectivo, a Generalitat pediu tamén a colaboración das editoriais, que terían que dixitalizar, canto antes os seus contidos. Alén disto, tamén os centros terán que implicarse, desenvolvendo un sistema de aluguer de computadores para o estudantado, con contrato de mantemento, por un máximo de 10 euros ao mes. O profesorado tamén deberá dispor de computadores portátiles. E o centro deberá ter conexión a internet, un proxector, un taboleiro interactivo e a instalación eléctrica precisa, para que se poidan conectar todos os alumnos e alumnas.

Na actualidade xa hai 9.283 alumnos en Cataluña que empregan libros dixitais para estudar grazas a este proxecto.


4.83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: