Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XORNADA DE DEBATE CONSTITUÍNTE

Nace Mocidade Socialista Galega coa idea de "refrescar" o discurso de Galiza Nova

As xuventudes de Espazo Socialista Galego convértense nunha nova corrente organizada dentro de Galiza Nova, coa idea de arrincar xa como a segunda forza, por detrás da UMG.

Redacción - 19:00 24/04/2009
Logo de Mocidade Socialista Galega

Logo de Mocidade Socialista Galega

Este sábado bota a andar en Compostela Mocidade Socialista Galega (MSG), o colectivo que organizará ás xuventudes de Espazo Socialista Galego (ESG) dentro de Galiza Nova. A intensa xornada comeza ás 11 da mañá coa asemblea nacional constituínte e prolongarase durante todo o día no hotel Hesperia Peregrino. Ás 18.30 horas celebrarase o acto de presentación á sociedade, no que participarán o secretario xeral de ESG, Xoán Bascuas; o portavoz parlamentario do BNG e candidato a voceiro nacional Carlos Aymerich; e o novo portavoz da organización que se elixirá durante a asemblea constituínte.

Paulo Carlos López encabeza a única lista á portavocía nacional polo que, se non hai sorpresas de última hora, será a cabeza visíbel da organización. López comenta que MSG nace "para inserirse dentro de Galiza Nova como unha corrente organizada, coa vontade de achegar un discurso fresco na procura dunha GN aberta, plural, operativa e combativa". A nivel interno pretenden introducir "novas formas de facer políticas xuvenís que sexan versátiles, imaxinativas, prácticas e dinámicas".

Esta nova corrente dentro de Galiza Nova prevé comezar co apoio de máis de 80 militantes, co que se converterían na segunda forza con máis peso dentro da organización xuvenil do BNG. Así, superarían en afiliados a Isca pero terían aínda un apoio menor ao da UMG (organización xuvenil da UPG).


3.75/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: