Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En denuncia da crise do sector

Leite do país en atención á eurocomisaria

O Sindicato Labrego participou nunha acción simbólica coordinada con organizacións agrarias de Francia e Portugal.

Redacción - 18:30 28/04/2009

Membros do Sindicato Labrego Galego (SLG) achegáronse este martes a unha oficina de correos en Lugo para empaquetarlle uns cartóns de leite con destino a Bruxelas á oficina da Comisaria de Agricultura, Mariann Fischer Boel. Unha protesta simbólica coa que queren chamar a atención unha vez máis sobre a gravidade da situación do sector leiteiro en Galiza. O SLG convidará nas próximas semanas a gandeiros do país de todas as bisbarras a sumárense a este envío simbólico de leite á responsábel en materia agrogandeira do executivo europeo.

Ao tempo, os envoltorios de cada un dos cartóns enviados expoñen diversas reivindicacións concretas e medidas prácticas suxeridas polos sindicatos agrarios para enfrontar o actual escenario de crise no sector. Tamén o agoiro de desaparición de milleiros de explotacións lácteas forma parte do argumentario enviado a pé do leite. Na mesma xornada, idéntica acción foi realizada por colectivos agrarios de Francia e Portugal integrados na denominada Coordinadora Europea Vía Campesiña.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: