Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DATOS DO INEM

O paro baixa en Galiza

No pasado mes de abril atoparon traballo un total de 822 galegos, co que o número de desempregados sitúase nos 210.662.

Redacción - 10:05 05/05/2009
Tags: abril Inem paro
O número de desempregados baixou en Galiza, xunto con Baleares, Estremadura e Asturias

O número de desempregados baixou en Galiza, xunto con Baleares, Estremadura e Asturias

Contra todo prognóstico e freando unha escalada de aumento do paro continuada nos últimos meses, os datos do Inem revelan que o número de desempregados en Galiza baixou no pasado mes de abril. Fíxoo nun 0,39%, é dicir, no último mes atoparon emprego un total de 822 traballadores que non contaban con el en marzo. Así, o número de parados ao remate de abril situouse en 210.662. Con todo, a cifra segue a ser moi superior á que rexistraban as estatísticas hai hoxe un ano, xa que con respecto a abril de 2008, hoxe Galiza conta con 50.913 desempregados máis (+31,87%).

No Estado, suavízase o ascenso
Mentres o comportamento do emprego en Galiza revela esta pequena baixada, no conxunto do Estado o número de parados seguiu a aumentar en abril, se ben o fixo dun xeito máis moderado que o rexistrado nos últimos meses. Con respecto a marzo, hoxe hai un 1,1% máis de desempregados, acadando unha cifra total de 3.644.880 persoas, unha vez máis, unha cifra récord, xa que é o nivel máis alto da serie histórica comparábel. Asemade, o ascenso interanual tamén foi moi notábel: do 55,8%, é dicir, hoxe hai 1.306.363 españois sen emprego máis que hai un ano.

Sectores económicos
O sector servizos e o colectivo de traballadores sen emprego anterior foron os que levaron a peor parte, sumando 11.961 e 11.904 parados máis respectivamente (incrementos relativos do 5,3% e do 0,5%). A construción, pola súa parte, tamén mantivo cifras negativas en abril, con 5.179 desempregados máis no conxunto do Estado (+0,72%).

Reaccións:


Ligazóns

3.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: