Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INFORMACIÓN EN IMAXES

Vieiros TV: vertemos o noso arquivo ao Youtube

Velaí vos achegamos xa medio cento de vídeos. O fondo audiovisual de Vieiros estará en breve completamente ao dispor de todos os usuarios.

Redacción - 11:00 06/05/2009

Os vídeos que ilustran diferentes reportaxes e entrevistas de Vieiros poderán agora visionarse e descargarse de balde a través de Youtube. Nesta web achegamos xa para consulta máis de medio cento de montaxes audiovisuais sobre temas diversos.

Así, os lectores de Vieiros poderán volver a escoitar os compromisos electorais de Alberto Núñez Feijoo, Anxo Quintana ou Xoan Gato; poderán volver vibrar cos partidos da selección galega de fútbol; ou presenciar os momentos máis tensos do pleno de Abegondo no que se formulou unha moción de censura. Tamén están incorporadas as imaxes da toma de posesión do novo presidente da Xunta, ou unha entrevista ao representante de cada candidatura ao Consello Nacional do BNG, entre moitos outros.

Nos vindeiros días sumaremos outros tantos vídeos do noso arquivo audiovisual, de xeito que as reportaxes audiovisuais de Vieiros estean ao dispor de todos os nosos lectores. Recordámosvos que os contidos de Vieiros están baixo unha licenza Creative Commons.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: