ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CARREIRA CARA O 7 DE XUÑO

A FPG intégrase en Iniciativa Internacionalista para concorrer ás eleccións europeas

Méndez Ferrín é o número seis dunha candidatura encabezada polo escritor Alfonso Sastre.

Redacción - 13:25 06/05/2009

Iniciativa Internacionalista-Solidariedade entre os Pobos vén de presentar a súa candidatura diante da Xunta Electoral Central. Na lista, na que participan diferentes colectivos políticos independentistas e de esquerda de todo o Estado Español, figuran militantes da Frente Popular Galega. De feito, Xosé Luís Méndez Ferrín será o número seis da candidatura.

A lista de Iniciativa Internacionalista está encabezada polo recoñecido dramaturgo Alfonso Sastre. Este escritor madrileño, que reside en Euskadi, está vinculado á esquerda 'abertzale' dende principios da década dos setenta. O número dous é para a avogada Doris Benegas (Izquierda Castellana). A continuación figuran: o sindicalista catalán Josep Garganté (CGT); Zesar Corella (Cucha Independentista Aragonesa); e Ángeles Maestro (Corriente Roja, unha excisión de Esquerda Unida).

Iniciativa Internacionalista asegura que vai defender no Parlamento Europeo unha política de “esquerda real” e os dereitos políticos das diferentes nacións integradas no Estado Español. Poden ler aquí o seu manifesto e aquí a candidatura completa.


4,58/5 (19 votos)


Comentarios (20)

pepedaconcha #1 6/Maio/2009 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

É algo curioso que sendo a FPG o único partido galego que participa nas listas de Esquerda Internacionalista, o manifesto estea en galego-portugués. Cambiou Ferrín de postura?

Tarelo #2 6/Maio/2009 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

O sindicalista catalán Josep Garganté (CGT), irá a título persoal? non en representanción da CGT? Digo eu, que o mellor non todos os candidatos van representando a un colectivo, porque chocame eso de que a CGT concorra aunhas eleccións. Quero entender que a súa candiadtura é unha decisión persoal, repetable, e non é represnetando á CGT.

lenin #3 6/Maio/2009 lenin
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Na II República había un partido- o partido sindicalista- de orientación anarquista. Os seus cabezas de lista eran membros da CNT que dicían ser menos radicais e aceptaban o xogo democrático para mellorar as condicións de vida dos traballadores.

Supoño que o da CGT presentarase defendendo estas teses.

Afonso_ch #4 6/Maio/2009 Afonso_ch
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Pois eu ainda pensei em votar no Alfonso Sastre, mas sabendo que também vai o Ferrim... buf

Ficam a Ana Miranda e mais a saudável opção abstencionista

Sr_J #5 6/Maio/2009 Sr_J
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#1 Buah, pois é certo! Na web o manifesto em "galego" está em norma AGAL. XD Alucinante.
Ferrín não muda de postura, o que passa é que el pode criticar "para fora" todo o que lhe pete... os reintegratas inimigos do galego, a norma AGAL um erro histórico, BNG cómplice, e tal... mas é a lei do funil: para uns mui ancho, para outros mui estreito. Ou seja, que a FPG pode ser tão incoerente como lhe pete, que sempre vai estar bem.

mceleiro #6 6/Maio/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Mais que na norma AGAL está escrito (ou traduzido) muito à pressa, para ser um manifesto que teoricamente lerá muita gente: «Ós, estan, algums, naçoms, van-se, ailhado, da cal é, ja, materialíza-se, gravísimas, obreras, câmbio, lingua, libre, ...»

Porém, agradece-se, e muito, a vontade. For quem for o autor, obrigado.

fidalgogaliza #7 6/Maio/2009 fidalgogaliza
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

internacionalista? corriente roja? CGT?.... "soap" ;-)))
Así non hai xeito de que cualle unha alterntiva á esquerda do BNG... mimadriña!!

AfonsoDaniel #8 6/Maio/2009 AfonsoDaniel
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Dá gusto, de verdade que dá gusto, observar a altura dos comentaristas discutindo non o manifesto da iniciativa política en cuestión, non as linguas do manifesto; discutindo a normativa na que escribiu a tradución ao galego do manifesto. Incrible.

Excepcional análise. ¿Monárquicos galeguistas poderiades ser entón? Así sexa, e que vos vaia ben con ese rigor ortográfico para discutir cuestións políticas e decisión de votos. Así vos exploten, así deixedes de criticar o intrinsecamente político e critiquedes o chapeo de Beiras ou o corte de pelo de Ferrín.

Hermerico #9 6/Maio/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Afonso, se eu podo, ti podes
Já agora, os fascistas com micro já estám a pedir aos fascistas "eleitos" a ilegalizaçom, eis a questom num estado fascista.

mceleiro #10 6/Maio/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Homem, Afonso Daniel, o manifesto tem quase um mês. Não sei vós, mas eu já o conhecia. A notícia não é o manifesto, é que afinal a FPG adira a esta candidatura. Igual o incrível é o desconhecimento candidaturas.

Mas se queres análise, eu particularmente acho o manifesto em sim nem é manifesto nem é nada, é o típico discurso eleitoral dum partido esquerdoso anti, que analisa perfectamente a realidade mas não conta o que esta candidatura pretende fazer para mudála.

Acho muito mais interessane este outro texto (malia não estar traduzido): http://www.rebelion...

ralr #11 6/Maio/2009 ralr
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A min paréceme unha moi boa nova, e paréceme dun infantilismo horríbel que alguén diga que non vai votar en Iniciativa Internacionalista porque vaia Ferrín. Por favor...

Cómpre destacar que vaian tamén sindicalistas de Galiza como Ricardo Castro, Xan Carballo ou Cati Collazo.

Que conten co meu voto!

mceleiro #12 6/Maio/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O texto da ligação é também de Iniciativa Internacionalista-Solidariedade entre os Povos.

Que ninguem pense mal.

Tome #13 6/Maio/2009 Tome
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A FPG critican todo, i a todo o mundo, i non aportan nada. Magoa que sexan tan adoctrinados. Xa ven sendo horas de pedirlles contas pola mala imaxen que dan, do nacionalismos galego. Presentan un proxecto pouco serio. Galicia-bilingue defende con moito mais ainco o castelan e os seus dereitos que este partido defende a cultura galega i os nosos dereitos e intereses.E por riba so aceptan independentistas da sua calaña(COMUNISTAS,LENINISTAS,etc JA JA JA ), claro està, nunca pasan dos 6000 votos.

Sr_J #14 7/Maio/2009 Sr_J
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#8: Olha, AfonsoDaniel, se nos podemos cebar com um detalhe como é a normativa ortográfica do texto, é nem mais nem menos porque para Ferrín -e por extensão, para a FPG- tal questão tem sido sempre super-mega-importantíssima. Tem sido, de facto, um dos seus totems, uma questão política à que lhe prestavam muita atenção (e ainda lhe-lo seguem a prestar agora), e que lhes serviu para traçar linhas categorizando aos que ficavam a um lado ou a outro como "bós patriotas" (os que empregavam a norma RAG) e "iluminados inimigos do povo que nunca fam nada bom" (os reintegracionistas). Então, se agora alguns fazemos notar o duplo raseiro e a total incoerência (por não dizer desleixo) que estão a amosar nesta questão, pois... tenhem o que se merecem. Eu não fago uma análise profunda do texto simplemente porque não me interessa nem me apetece, mas si me apetecia comentar isto, porque me parece de traca.

ralr #15 7/Maio/2009 ralr
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Canta invexa, resentimento, irracionalidade, troll-eria, falsidade...
Ladran, logo cavalgamos.
Pero enfin. A cousa pinta bem e vai cara adiante.
Parabéns a FPG e a II!

Xabi1 #16 7/Maio/2009 Xabi1
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O sindicalista catalán da CGT vai por ser sindicalista da CGT, así aparece anunciado.
O sorprendente é a unión de tantas familias políticas porque non me diredes que un estalista como Méndez e un aparente sindicalista libertario da CGT, xuntos, ten o seu aquel.
En calquer caso, tamén vai un sindicalista puro da CUT.
Ou sexa, por fin a CUT, a FPG e a CGT van xuntos a algures a máis de manifestar-se en Vigo o 1º de maio.
Parabéns ao encargado/a do zoolóxico

ralr #17 7/Maio/2009 ralr
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O mesmo comentário en todos os foros? Aquí Xabi1 e no CMI-Galiza Caste?
http://galiza.indymedia.org/gz...
Se é que os trolls cada vez son dun perfil mais baixo...

Xabi1 #18 7/Maio/2009 Xabi1
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Tranqui, rair, e se non gostas dos comentarios, xa sabes, integra-te na candidatura
Por certo, "troll" é un palabro pouco nacional

Abril #19 7/Maio/2009 Abril
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Eu persoalmente, sendo a única candidatura soberanista e anti-capitalista que se presenta, por coherência política nom me queda outra que votar por eles.

Nom me gustam as críticas destrutivas dos anteriores comentarios. Espero que andedes a trabalhar muito polo pais para permitirvos criticar desse xéito tam destrutivo.

Acaso nom seria positivo para o país que esta candidatura sacara muitos votos na Galiza???

Cuevillas #20 7/Maio/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Eu respeito moito a Ferrín. O que non entendo é que fai a CGT (os anarquistas) e os comunistas "ex de izquierda Unida" xuntos. Pensar que no '36, os comunistas cansáronse de matar anarquistas. En fin

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: