Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Defende que a súa actuación foi “legal”

Rueda asegura que “non ten nada que ocultar” sobre o seu labor na Deputación de Pontevedra

O PSdeG pídelle que "conteste" sobre o uso que fixo da entidade provincial para manter a súa praza de secretario no Concello de Cambados.

Redacción - 09:00 07/05/2009
O voceiro de Presidencia e Administración Autonómica do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage Tuñas,

O voceiro de Presidencia e Administración Autonómica do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage Tuñas,

O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, volveu asegurar non ter "nada que ocultar" sobre o seu labor como asesor político do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e subliñou que así o demostra "toda a documentación" sobre o caso aportada pola institución provincial e polo PPdeG. Rueda reiterou, tamén, que as súas actuacións "son legais e están perfectamente claras", polo que, segundo dixo, a actualidade debe "dedicarse a traballar".

Rueda tamén lamentou que o PSdeG responda ao ofrecemento de "colaboración" da Xunta con "críticas infundadas", e avogou por non "alimentar" as "polémicas" que, ao seu xuízo, tentan xerar os socialistas galegos, encabezados polo seu novo secretario xeral, Manuel Vázquez.

El PSdeG pídelle a Rueda que "conteste" sobre o uso que fixo da Deputación de Pontevedra para manter a súa praza
O voceiro de Presidencia e Administración Autonómica do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage Tuñas, volveulle solicitar ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, que "conteste a se utilizou a Deputación de Pontevedra como subterfuxio para conservar a súa praza cando, na práctica, se dedicaba a tempo completo a unha organización privada como é o PPdeG".

Esta cuestión foi denunciada esta cuarta feira polo socialista, quen revelou que Rueda "figurou como asesor de Louzán" durante a etapa na que pediu una excedencia do seu cargo para dedicarse "full-time" á Secretaría Xeral do PPdeG. Nesta liña, Lage volveulle pedir a Rueda que "aclare se traballou para o PPdeG financiado pola Deputación" ou "se usou o seu nomeamento como un truco para manter a súa praza", xa que segunda opción constituiría "unha fraude de lei".
Despois de que Rueda asegurase non ter recibido "nin un só euro" durante a súa etapa como asesor do presidente provincial, Rafael Louzán, Lage acusouno de "agochar con silencios" un "grave comportamento carente de ética, para conservar a súa praza" de secretario no Concello de Cambados.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: