Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Quere ver a independencia de Cataluña "en vida"

A ex candidata a secretaria xeral tamén abandona ERC

Rut Carandell decidiu seguir os pasos do crítico Joan Carretero. Ridao sinalou que a marcha é "dolorosa", pero que vai fortalecer "a unidade do partido".

Redacción - 12:00 12/05/2009
Carandell a carón de Carretero

Carandell a carón de Carretero

Rut Carandell, membro de Reagrupament.cat e ex candidata á Secretaría Xeral de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) no último congreso, decidiu abandonar a formación. Así o anunciou esta segunda feira nun artigo, no que explica que non se sente representada polo partido que preside Joan Puigcercós. Nesta liña, di que vai traballar por unha "nova candidatura transversal", xunto a Joan Carretero, que xa abandonara a formación republicana hai unhas semanas.

A marcha de Carretero deu orixe a especulacións sobre o crebamento da unidade en ERC, e foi motivada pola apertura dun expediente e a suspensión temporal da militancia do líder de Reagrupament.cat, o que precipitou a súa saída do partido. Carretero publicara un artigo no xornal catalán Avui no que falaba da creación dunha candidatura independentista de cara ás eleccións de 2010, o que non gustou nada na dirección de Esquerra. O propósito de Carretero, ao que agora se adhire Rut Carandell, é o de desenvolver unha formación que sexa unha alternativa a CiU e ERE, capaz de atender a unha maioría parlamentaria que proclame a independencia para Cataluña.

Ridao: "A marcha de Carretero e Carandell ha reforzar a unidade de ERC"
Agora Rut Carandell, tras un período de reflexión, declara publicamente que subscribe os propósitos e os métodos anunciados por Carretero. Neste sentido, escribe: "as siglas nas que entrei a militar xa non son as mesmas. Dende o punto de vista ideolóxico estou no mesmo punto de partida no que estaba cando tiña 20 anos, pero o proxecto no que entrei a militar xa non existe". Nesta liña, di apostar pola alternativa que presenta Carretero, e pide que se reagrupe todo aquel "que queira ver a independencia en vida".

Ao coñecer as declaracións de Carandell, o secretario xeral de ERC Joan Ridao, sinalou que sempre é "doloroso" a marcha de xente do partido, mais dixo que han seguir facendo "o noso camiño", acrecentando que a marcha de Carretero e Carandell ha "reforzar a unidade" de ERC.

A noticia ampliada nos medios cataláns:


Ligazóns

3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: