Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Valoran a elección de Anxo Lorenzo

Equipos de Normalización felicitan o nomeamento e agardan "coherencia"

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística (EDNL) recibiu "positivamente" o nomeamento do novo secretario xeral.

Redacción - 08:00 15/05/2009
Tags:

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística (EDNL) valorou "positivamente" o nomeamento do novo secretario xeral de este área, Anxo Lorenzo, polos seus "coñecementos acreditados". Nese sentido, pídenlle "coherencia" coa liña de traballo e promoción da lingua "que tivo ata o momento" --colaborou coa anterior secretaria xeral durante a Xunta do bipartito--.

Nun comunicado, a Coordinadora recorda que "foi secretario da Comisión Sectorial de Educación no Plan xeral de normalización dá lingua Galega de 2004" no que "se apuntan as medidas incluídas no Decreto que regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo". Por este motivo e dado que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, reiterou a súa intención de "derrogar o devandito Decreto", os equipos de normalización solicítanlle a Lorenzo que "manteña os compromisos acordados pola comunidade educativa e o Parlamento no Plan Xeral de normalización da lingua galega".

Finalmente, reiteran a súa vontade de "participar no diálogo" pola normalización lingüística "con todos os sectores implicados, que prometeu Feijoo" e sinalan que solicitarán entrevistarse con Anxo Lorenzo para trasladarlle as súas propostas ao respecto.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: