Onte, xoves, os traballadores e fundadores do site Aporrea.org, celebraron co lema Siete años aporreando a los enemigos de nuestro pueblo, o sétimo aniversario da creación desta canle alternativa de noticias sobre a realidade venezuelana e latinoamericana, nada ante a desinformación dos media no golpe de estado do 11 de abril de 2002 e da folga-sabotaxe de case tres meses dos sectores da oposición.
Estas foron as declaracións de Gonzalo Gómez Freire, director de Aporrea, en contacto con Dando y dando, da canle pública Venezolana de Televisión (VTV), quen afirmou que en 7 anos a páxina recibiu 200 millóns de visitas, e é consultada actualmente por entre 40 e 50 mil internautas diariamente.
Indicou que Aporrea é unha axencia de comunicación alternativa, que publica as noticias de organizacións sociais e populares, onde existen, ademais, traballos nos que se fan críticas, denuncias e observacións que serven como elementos de diagnóstico para o proceso revolucionario que vive Venezuela. "As denuncias publicadas, que produzan incomodidade ou críticas, poden resultar molesta, pero veñen das organizacións populares e hai que entendelas e analisar o que están indicando. É un espazo construtivo de encontro e debate".
"A proliferación de medios alternativos é expresión e conquista deste proceso revolucionario", aseverou, agregando que estes logros deben continuar para un camiño de apropiación da comunicación polos organismos do Poder Popular.
"Este é o camiño para a construción da comunicación popular socialista, o camiño para construír as comunicacións en mans das comunidades, organizacións sociais, de traballadores, e non soamente en mans do estado e moito menos en mans dos capitalistas privados ao servizo dos seus negocios, do imperialismo e da conspiración".
Gómez Freire, ao celebrar estes primeiros 7 anos de loita contra o cerco mediático dos medios que representan o status quo en Venezuela e no mundo, manifestou que Aporrea procura manter e fortalecer o equipe de traballo, coordenado cos movementos sindicais, campesiños, obreiros, populares, políticos e ouros media comunitarios, para ser difusor das súas informacións.
"Somos parte activa na batalla, así como Globovisión é elemento activo da contrarrevolución, nós somos parte activa dos traballadores e do pobo bolivariano neste proceso".
A Sala José Félix Ribas, do Teatro Teresa Carreño, serviu de lugar de encontro para que grupos locais como Dame pa' matala, Lloviznando Cantos e Charango, acompañaron ao equipo de Aporrea no seu aniversario, xunto aos cantautores Jesús Mijares e Alejandrina Reyes.
A actividade serviu ademais para recoller firmas dos asistentes para a adhesión ao recurso de amparo, admitido polo Tribunal Supremo de Justicia (TSJ) no 2005, contra os medios privados de oposición, entre eles a televisora Globovisión, pola violación sistemática dos dereitos humanos dos venezuelanos, na conspiración golpista de abril, o paro-sabotaxe e outros acontecementos.