O escritor advírtelle ao goberno que a ilegalización "volverase contra el, coma un boomerang".
A primeira hora da mañá dámoslle a Ferrín na súa casa a confirmación do que o venres pola tarde era xa un feito: a decisión do Tribunal Supremo de anular a lista de Iniciativa Internacionalista para as Eleccións Europeas, na que o escritor concorre como número 6. O poder xudicial entendeu que existen vínculos entre a candidatura e a ilegalizada Batasuna, con argumentos como que o seu número un, o dramaturgo madrileño Alfonso Sastre, foi nas listas da coalición abertzale cando era un partido legal (velaquí os efectos retroactivos da Lei de Partidos) ou que outros candidatos participaron en actos organizados por Batasuna. Así pois a lista, na que se integraron partidos e persoas de esquerda de todo o Estado, dende Andalucía e Cataluña, pasando por Madrid e Galiza, e dende Corriente Roja a Izquierda Castellana, non poderá presentarse aos comicios do 7 de xuño.
"É unha derrota para a ética democrática e un triunfo para a España da Santa Inquisición. Os que íamos nesa lista non tiñamos pureza de sangue", di Ferrín, que incide no que xa adiantou o venres pola tarde: "Esta non é a lista de Batasuna e a decisión de anulala non ten que ver só co problema vasco: Ao poder asustoulle moito que houbese unha candidatura de esquerda real en todo o Estado, anticapitalista e anti Unión Europea, e que ademais defendese o dereito de autodeterminación dos pobos". Simbolicamente, ademais, di Ferrín, resultaba moi ameazador para o Goberno que a lista non fose vasca e que estivese encabezada por un madrileño, "castizo, ademais".
Hai opcións aínda para que Iniciativa Internacionalista concorra ás eleccións? Pódeselle dar a volta a isto? "A volta? Hai que darlle a volta ao réxime español", contesta o escritor, que lle advirte ao goberno de Zapatero que esta decisión se pode volver na súa contra, "coma un boomerang". "Este é un movemento que xa está está en marcha, hai que estar moi atento ao que vai saír de Corriente Roja, ou do novo sindicalismo en Andalucía e Asturias". "E está en marcha tamén", continúa Ferrín, "un movemento internacional de solidariedade con Izquierda Internacionalista. Alfonso Sastre fíxolle moito dano ao franquismo coas cartas públicas contra a tortura que animou a escribir a intelectuais de todo o mundo".
Xosé Luís Méndez Ferrín presentará esta tarde en Vigo xunto con Doris Benegas (nº 2 da lista) a candidatura (agora ilegalizada) de Iniciativa Internacionalista. Será no Hotel Junquera (Rúa Uruguai, 19-21) a partir das cinco da tarde. Mañá domingo, a pesar de asinar o manifesto a prol da igualdade de dereitos para o galego e de apoiar activamente a manifestación en defensa da lingua a través das Redes Escarlata, non poderá estar en Compostela, polos seus compromisos como Académico da RAG, que o levarán aos actos institucionais de Láncara, "teño que estar alí, moito máis agora que a Academia se manifestou da maneira que eu sempre entendín que o tiña que facer".
O Santo Oficio nos seus mellores tempos.
Lamentando e recusando e condenando a ilegalização de II, não lamento nem recuso nem condeno coincidir com o que diz Ferrín e com a sua pessoa de escritor e de político, com a sua pessoa, singelamente.
o reino bourbónico mais cada vez é reino bubónico que acaba condenando como apestados cada vez mais pessoas, as que considera súbditos ou escravos seus.
E isso por intermediação dos "socialistas" do "gobierno de la nación", militantes, dizem, ou fruintes do pEsoE, de mãos dadas, progressivamente (é o único porgressivo que têm) do pEpE.
Estão a fazer boa a segunda restauración bourbónica (1875-1931) nesta terceira (1936-1975.1975-...).
Mais cada vez precisamos da República, pelo menos, federal!
É a primeira vez que sinto que ilegalizam a candidatura pola que ia votar. Cumpre fazer algo, um protesto geralizado ao longo de todo o Estado. Há que pôr de manifesto esta violaçom flagrante dos nossos direitos democráticos.
Uma proposta que acabo de ler num foro do Público espaÑol, ainda relativamente aberto e não muito censurado:
...
1.0 | 5 | Abel | 16-05-2009 17:13:35
«¿Que podemos hacer?, preguntais algunos. No mucho, la verdad pero os diré lo que voy a hacer yo y lo que ya estoy haciendo, por si os sirve de algo.
»A) He cortado mi comunicación (via internet) con un partido de izquierdas del que no he oido ningun comentario al respecto, han perdido mi posible voto.
»B) Me he comprometido a (en la medida de mis escasas posibilidades) colaborar en la campaña o la no campaña con II.
»C) He incorporado de forma permanente a IU en mi lista del "glorioso movimiento nacional", ahora se llaman PPSOEIU, y subiendo.
»D)(Y mas importante), se acabaron los compadreos con supuestos "coleguillas de izquierdas". No voy a dejar de recordarles este "renuncio", de momento será de lo único que voy a hablar con ellos. Lo que os decía, poca cosa, pero a mi me vale para seguir con la cabeza alta y mirando a los ojos.»
Outro comentário, também substancioso:
...
0.0 | 12 | Viktor | 16-05-2009 16:00:54
»Gracias señor Estado por arrebatarme (no sólo a mí, sino también a muchísimas personas) uno de mis derechos más fundamentales: el poder votar a los políticos que quiero que me representen.
»Ah! Y felicidades por dejar que las verdaderas listas antidemocráticas y totalitarias se puedan presentar. Al fin y al cabo, los actuales representantes del estado y estas listas quieren lo mismo...»
Último "pegamento":
...
10.0 | 12 | simpapeles | 16-05-2009 15:44:25
«Me pregunto qué va a hacer ahora la izquierda parlamentaria (Izquierda Unida, Bloque, Esquerra).
»¿Persistirá en su tancredismo habitual, con declaraciones hechas de cara a la galería, o decidirá de una vez por todas que hasta aquí hemos llegado e impulsará una campaña de apoyo a II y de denuncia en foros nacionales e internacionales de los atropellos democráticos del régimen de la Tercera Restauración Borbónica (llamar democracia a este tinglado es o un sarcasmo o una muestra de cinismo)?
»Ya es hora de que tomen partido por la democracia o por el Régimen.»
¿Terceira Restauración Borbónica?
Os Borbóns só foran restaurados unha vez e, por tanto, esta é a segunda. Será terceira presenza dos Borbóns, non terceira restauración, xa que a primeira vez que reinou en España un Borbón non foi restauración porque nunca é restauración a primeira vez que algo se establece.
A xente de Galiza, como está máis que demostrado, está lonxe de importarlle que ilegalicen ou non esa candidatura para as eleccións europeas. Iniciativa Internacionalista é demasiado para o que pode aguantar o sistema que temos no estado español, mais, desgraciadamente, a súa ilegalización non afecta para nada a un electorado galego que nin se plantexa votar por alguén así e que segue pensando como lle interesa ao capital que a xente pense.
Xeonllo:
1.ª Restauración, 1814: Reina José I Bonaparte (1808-1814), legitimamente, ao abdicar sucessivamente Carlos IV e Fernando, o que será VII. Guerra da chamada "Independencia", na realidade da "reacción", como sei viu enquanto o "deseado" voltou e suprimiu a "Contitución de 1812", "la pepa", e restaurou o Absolutismo e com ela a inquisição que fora abolida por José I Bonaparte.
2.ª Restauración, 1814: Houvera um tempo de regentes, desde "la gloriosa" (1868), o reinado de Amadeu I de Saboya (1870-1873), e fora proclamada a I República, federal, mas o general Pavía, a cavalo, declarou abolida a república e reintaurada a mornarquia na pessoa do filho da cortesã maior na corte dos milagres, Alfonso XII, o da Mercedes e da Cristina, ambas Marias. Perdurou essa restauração até a proclamação da II República (1931), mas com a ditadura do Primo por meio.
3.ª Restauración. Mais longa e prolongada. Aprenderam das anteriores: Começa com a guerra civil (1936-39), em que o exército de África se rebela contra a República. Prepara-se durante a ditadura franquista (1936.1939-1975), que educa e impõe o sucessor do ditador e o continuador da dinastia bourbónica. Depois de um interregno (1975-1977), há eleições quase democráticas e afinal constituintes. E começa a "transición" em que continuamos, como se está a ver, até que o bipartido (o real e efetivo) pEpEsoE logre ficar só e os não conformes com o "régimen" no cárcere, exilados fora do reino ou no interior do reino, no "retrete interior" que dizia Santa Teresa.
Xeonllo:
À gente, em geral, sem dirigentes, acaba como rebanho ao que dizem os governantes, que quase nunca são dirigentes. E na Galiza não há ou quase não há dirigentes, enquanto o povo está mais do que governado.
A ilegalização a mim não me surprende.
Sim, e muito, o silêncio mediático.
E ainda mais o silêncio de muitos políticos que se autoproclamam de esquerdas e/ou nacionalistas.
Definitivamente, o bloco é a mesma merda.
Agil:
Home, se consideras restauración a derrota napoleónica na guerra da independencia, si. Eu máis ben considero unha paréntese o goberno de José I Bonaparte. Reinaba Fernando VII-Carlos IV (en disputa entre fillo e pai), e Fernando VII voltou aos 6 anos. Mais, en fin, esta última restauración non é a máis longa porque de feito comezou en 1975 -aínda que Franco a decidise antes- e cumpliranse este ano 34 anos. As outras -ou a outra- duraron máis.
O "Rubalcalva" vén de dicir, textualmente, "O se está con los votos o se está con las bombas".
Estaría ben que acabara dicindo "E nos lles prohibimos estar cos votos, así que xa sabedes..."
Traicionouno o subconsciente (evidentemente é a situación que ansían) ou é rematadamente tonto na escolla da frase.
Infelizmente, a experiência de ser marginado, invisibilizado, criminalizado, estigmatizado, insultado e ilegalizado por razão de opinião e de prática absolutamente legítima e genuninamente democrática é demasiado frequente neste Reino e nas suas Autonomias comprazentemente aceites, com as suas coniventes castas políticas e culturais dirigentes. Nada novo sob o sol, só que quando toca de perto soam os clarins, os chamados aos apoios, e os seletivos comunicados de protesto (onde está esse comunicado, para que circule e o assinem milhares de pessoas, não 30 escolhidos/as?). Apesar de que na sua inteira vida uma pessoa como Xosé Luís Méndez Ferrín diria NADA contra, por exemplo, a ilegalização dos centros sociais, a criminalização do independentismo reintegracionista ou a violência física exercida contra eles (ataques dos fascistas, registos, feches), a barbaridade da exclusão de Ferrín do Jogo Democrático tem o meu rejeitamento mais profundo. Eu provavelmente teria votado por essa candidatura (porque sabia que Ferrín não seria eleito, claro), e, se é reestabelecida, provavelmente o faça. Há outra "esquerda real" que não está aí, claro, mas se não está em nenhuma papeletinha de voto, polo menos haveria que dizer ao regime que tão tão ovelhas não somos.
Mas, olho!, uma hipotética confirmação da candidatura polo Tribunal Supremo espanhol depois da apelação de II-SP NÃO arranjaria nada: o importante é que a MAQUINARIA geral que dirigem senhorinhos como Zapatero, Rubalcava e Rajoy, em compadreio de dominó, é inerentemente PERVERSA. Isto que aconteceu é um sintoma profundo da origem e natureza de todo o aparelho estatal, incluídas as Autonomias e os seus parlamentos polos que pelejam tanto Ferrín como o seu adversário Carlos Morais.
Esta é a web de Iniciativa Internacionalista:
http://www.iniciativainternaci...
http://www.iniciativainternaci...index.php?option=com_content&view=section&layout=blog&id=5&Itemid=6
Venha, saudinha.
A segunda ligação é o manifesto em galego (norma AGAL). Não saíu.
A ilegalizaçom de partidos e candidaturas é, obviamente, o maior ataque à democracia e às liberdades desde a morte do ditador.
E o BNG cala. Será que os seus dirigentes actuais estám de acordo? Será que consideram que é melhor olhar para o lado por nom ser a eles a quem lhes toca?
Se o silêncio continua, algumhas pessoas, que tínhamos mais ou menos decidido o sentido do nosso voto, havemo-lo repensar. Nom merece apoio quem com o seu silêncio justifica a perseguiçom ideológica através de medidas políticas claramente FASCISTAS.
Haberá que votar nulo escribindo na papeleta cun permanente e ben ghrande: FASCISTAS
Estou com vós. Esta decisom é umha mostra mais da continua deriva cara ao neofascismo auspiciado polo clube Bilderberg, o verdadeiro Poder e Governo europeio agachado à cidadania. Todo o que poda iniciar a toma de consciência dos próprios interesses polo conjunto das classes trabalhadoras e desmascare os interesses dos grandes patrons e por tanto este sistema de barbárie capitalista é o grande perigo a bater polos governinhos servis ao grande capital.
De novo a liberdade, a dignidade, é aferrolhada polos monicreques
Onde está pendurado este manifesto para um se aderir?
A decisom do Tribunal Supremo do reino bourbonico de anular a candidatura de Iniciativa Internacionalista é umha mostra mais da continua deriva cara ao neofascismo auspiciado polo clube Bilderberg, o verdadeiro Poder e Governo europeio agachado à cidadania. Todo o que poda iniciar a toma de consciência dos seus próprios interesses polo conjunto das classes trabalhadoras e desmascare os interesses dos grandes patrons e por tanto este sistema de barbárie capitalista é o grande perigo a bater polos governinhos servis ao grande capital. De novo a liberdade, a dignidade, dos povos, da cidadania, é aferrolhada polos monicreques que actuam nesta farsa, que eles chamam democracia. O Estado espanhol caminha a velocidade de vertigem cara a umha DICTABRANDA, semelhante a Primo de Rivera.
#16 Celso, o caralho é que o Ferrín, depois de tudo o que leva dito e feito, em Lâncara e no resto de lugares por onde pisa, ainda vai levar o apoio dos marginalizados por ele e os seus compadres durante décadas.
Amém, e que aprenda, que nós fazemo-lo pelo nosso país: GALI-Z-A.
Caros Celso e Observador e todos (exceto o g.: também nas moedas do Franco havia um g., o g. de dios!):
Dessa candidatura Alfonso Sastre, esposo da falescida Eva Forest, a lutadora contra a tortura no reino bourbónico; Doris Benegas, a irmã do Benegas pEsoEz; Ángeles Maestro, a disidente pela esquerda de Izquierda Unida; Carlo Frabetti, o matemático que arrazoa sobre a realidade... E com eles Santiago Alba Rico, lúcido como poucos neste reino.
Alfonso Sastre esteve preso no Carabanche franquista. Hoje já não está em idade penal para ser encarcerado, mas os neofranquistas, como os que governavam sob Ansar e os que governam sob Zapa, têm-lhe teima e carragem.
Que Ferrin vai com eles? Bom, talvez acabe entendendo que deve ser menos sectário. Deveria tê-lo entendido há tempo, já que ele também lembra os seus encarceramentos durante o franquismo, como lembram os seus desterros ele e don Xesús Alonso. Mas o cárcere não parece ter-lhes eninado entendimento e compreensão, como não lhos ensinou ao Piñeiro.
E digo isto, porque as autoridades competentes, evocadoras do galego por um dia ("un día al año no hace daño"), salientavam a tendência pacífica e pacificadora do tal. Lamento dissentir e muito: A minha breve passagem pela "mesa camilla" patenteou-me que o Piñeiro talvez tivesse ideias, mas carecia de convicções razoáveis, pelo menos no referente à língua e à política da língua.
Pelo que outros opinam, incluído Ferrin, Piñeiro era anticomunista radical: Sem dúvida não se desagradaria com a ilegalização de comunistas ou simpatizantes, como os de II.
Para umha candidatura Hispanoceptica que havia, e vam e a proíbem.
Isto non é unha democracian é unha ditadura encuberta
Co cal se demostra máis unha vez que o de que a Lei de Partidos era un instrumento para loitar contra a ETA era unha falácia verbenera. Paranoia á española, pura e dura.