O presidente da Xunta afirmou que o galego "é de todos, e é un idioma oficial en Galiza, xunto co español", polo que o Goberno defenderá "calquera dos dous idiomas".
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse este domingo en Láncara, onde presidiu os actos do Día das Letras, a "promocionar o uso do galego sen impoñelo". Sobre a manifestación en Santiago a favor da lingua, Feijóo dixo que "hai que respectar calquera tipo de formulación", pero advertiu de que "hai que desconfiar daqueles que queren apropiarse do que é de todos". Así, engadiu que "o BNG e forzas que apoian ao BNG están facendo unha manifestación", mentres o PPdeG fai un acto "no lugar onde naceu Piñeiro". Neste sentido, afirmou que o galego "é de todos, non ten siglas e é un idioma oficial en Galiza, xunto co español", polo que considerou que o Goberno defenderá "calquera dos dous idiomas". "A cordialidade do galego está por riba de calquera sigla", dixo.
Feijóo concluiu que "un idioma empeza a correr riscos cando se impón", xa que a lingua, "cando se quere, utilízase con cordialidade". Na súa opinión, "esa é a garantía máxima de que persista".
Como poñía unha pancarta: "Feixó, se queres ser bilingüe, aprende galego".
Que sexa coherente co que di, que sexa cordial co galego, para iso cómpre que abandoe a hostilidade partidista que practica e que aprenda a falalo cun mínimo de corrección gramatical, sintáctica, léxica. Que dá peniña tanto maltrato.
Feixoo é un despropósito. Non ten remedio.
Este tipo e do peor. Mais impocrita imposibel.
Usa a mentira e o ataque a lingua galega para chegar o poder (garantidose o voto da extrema dereita galegofoba), presume na COPE de agredir a nosa lingua e agora protesta pq outros que si aman o galego e queren vivir en galego o tachan de galegofobo.
Nin come, nin deixa comer. Nin fala, defende e fomenta o galego nin deixa que outros o fagan, abandeirando a causa galeguista.
Asi entenden eles por "liberdade". A liberdade de fomentar a iñorancia nos nenos, de erradicar a lingua propia do ensino e vida publica, de incumprir as leis e de facer algo ilegal en calqueira estado democratico coma son os apartheids.
Pero esa mesma liberdade que proclaman para agredir o galego e desprotexelo, negana as mulleres para que decidan sobre o seu propio corpo (aborto) ou os pobos sobre o seu destiño (Euskadi, Galiza e Catalunya).
Se existe liberdade de eleccion linguistica nos xa eliximos, e eliximos O GALEGO.
Pero se existe esa liberdade eu tamen quero decidir sobre as outras asinaturas (matematicas, ingles, relixion,etc). ¿Ou van decidir so Feijoo e os GB que podemos ou non escoller?
Como presidente dos galegos, a súa obrigación é defende-lo galego, a nosa lingua, o castelán xa o defende o goberno de España, e ata agora moi ben. Creo lembrar que en España a pesares de que hai mais dunha lingua o ensino español so ensina unha e ninguén considera iso como unha imposición. Menos careta e que diga a quén representa realmente en materia lingüistica, si se atreve.
Cando se crearon as autonomias e a Consitucion foi precisamente para que se puidesen defender mellor as identidades e intereses economicos dos diferentes pobos do estado.
Feijoo sabe moi ben que como presidente da Xunta ten a OBRIGA de protexer e fomentar a lingua galega, que esta recoñecida no estatuto galego como lingua propia de Galiza. Por certo un estatuto que non era precisamente do agrado dos nacionalistas galegos e que foi apoiado polas forzas españolistas PP e Psoe.
Que deixe Feijoo de enganar os cidadans co discurso do "bilinguismo" a "liberdade" e o "galeguismo cordial" e cumpra as suas obrigas como presidente da Xunta entre as que esta defender os intereses, simbolos e identidade galega.
De momento destaca por boicotear un estatuto galego de primeira (igual o andaluz e valencian) e por enfrontar os galegos a conta da lingua e mentir sobre a "imposicion do galego".
O muito cartesián Presidente debe desconfiar de si mesmo
Teremos que sufrilo polo menos catro anos. Mais é o que quixeron a maioría dos galegos?
La prensa. No nos engañemos.
No dan la misma cobertura a la movilización de ayer, que a cualquier comunicado o movimiento de Galicia-bilingüe.
Las cifras de manifestantes que dan O Faro de Vigo, La voz y el correogallego, son clarísimamente con tendencia a la baja. Cuando dieron la cifras de manifestantes de Galicia-bilingüe fueron muy generosos. Por que fan iso????????
Onte concentrémonos 200 persoas diante da casa de Galicia, nas ramblas de Barcelona, sei que houbo concentracions noutros cidades, como London e Ansterdam.
Dalgúns un poquiño máis, Frijolito. Os idiomas, pertezen á humanidade, por eso nós os nacionalistas, defendemos o dereito dos pobos a falar na súa língua, na de seu. O deber das institucións será o de protexela, é a obriga dos membros dun parlamento será a de falala. Demostreo, empece por exisir aos seus, no parlamento a expresarse en galego. Non son vostedes "pilingües"
Entendamos o que na realidade diz: «Tengo que atacar a los que pretenden que no haga con el gallego lo que a mí se me ocurra. Porque el gallego es mío, del PP, de España, y no de la gente gallega, que es toda palurda e ignorante, cuando no "radical" y "terrorista".»