Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Parque transfronteirizo

O Xurés-Gerês xa fai parte da Reserva da Biosfera

Anunciouno esta cuarta feira o secretario de Estado de Medio Rural, Josep Buxeu, nunha xuntanza do programa Home e Biosfera da Unesco.

Redacción - 09:00 21/05/2009
Do lado portugués da Raia / Flickr: ruiguerra

Do lado portugués da Raia / Flickr: ruiguerra

O Parque Natural do Xurés-Gerês, situado na raia, entre Ourense e o norte de Portugal, pasa a formar, dende esta cuarta feira, parte da Reserva da Biosfera, quedando sinalada coma unha área xeográfica recoñecida internacionalmente pola súa biodiversidade. A candidatura fora presentada conxuntamente polos gobernos de Galiza e Portugal, en 2007, e con ela pretendíase "potenciar" os espazos naturais comúns, e "poñer en valor" os recursos existentes a ámbalas dúas beiras da Raia.

O Parque, que integra os concellos galegos de Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios e Muíños (Baixa Limia); e Calvos de Randín (A Limia), súmase á ourensá Reserva da Biosfera do contorno do Río Arnoia, declarada en 2005, e ás luguesas Terras do Miño, Os Ancares, a Ría do Eo e as Terras de Burón. Polo otro lado da Raia, o parque pasa a chamarse Parque Nacional da Peneda-Gerês, e abrangue os distritos de Braga (Concelho de Terras de Bouro), Viana do Castelo (Concelhos de Melgaço, Arcos de Valdevez e Ponte da Barca) e Vila Real (Concelho de Montalegre).

A noticia deuna a coñecer esta cuarta feira o secretario de Estado de Medio Rural, Josep Buxeu, nunha xuntanza do programa Home e Biosfera da Unesco, do que naceron as Reservas da Biosfera.


Ligazóns

4.56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: