Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Democracia dixital

O Partido Pirata sueco xa se ve en Estrasburgo

A formación política xa é, segundo as enquisas, a terceira en votantes en Suecia. Medrou como reacción á condena dos creadores de The Pirate Bay.

Redacción - 08:00 26/05/2009

O Partido Pirata sueco está a un paso de entrar no Parlamento Europeo. Segundo as enquisas, a formación, que ten como principal obxectivo no seu programa acabar coas restricións na internet, é a terceira en intención de voto entre a cidadanía sueca, cun oito por cento.

O partido medrou espectacularmente en expectativas electorais despois do polémico xuízo contra os responsábeis do portal The Pirate Bay, tamén con base en Suecia, e a prohibición de intercambiar arquivos na internet no país escandinavo. A sentenza fixo que xa sexan máis de 46 mil as persoas afiliadas ao Piratpartiet, mormente xente nova.

No seu ano de fundación, 2006, o Partido Pirata obtivera apenas o 0,6% dos votos, pero o seu crecemento xa lle dá case por seguro un escano no Parlamento Europeo. Entre as súas propostas programáticas, centradas case exclusivamente nas novas tecnoloxías, está a baixada do prezo dos soportes dixitais, o libre intercambio de arquivos e a protección da intimidade, da confidencialidade e da liberdade na internet.

Segundo o líder do partido, Rick Falkvinge, "os nosos políticos son analfabetos dixitais" e pediu o voto para a súa formación "para non ser intimidados por calquera potencia estranxeira".


4.88/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: