ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PASO ADIANTE

Científicos galegos no exterior fan público un manifesto en defensa da lingua

Nove destacados investigadores, vencellados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), dan un paso adiante para rebater prexuízos lingüísticos.

Redacción - 18:00 27/05/2009

O forte debate sobre a normalización lingüística que se está a dar no noso país nos últimos meses trascende as nosas fronteiras. Un grupo de nove científicos galegos vinculados ao  Centro Europeo de Investigación Nuclear (un dos máis prestixiosos do mundo) acaba de dar un importante (polo seu simbolismo) paso adiante en defensa da lingua do país. Nun manifesto que remiten a Vieiros subliñan que, contra o que sosteñen algúns, o galego é un idioma plenamente válido para a investigación científica.

Ofrecémoslles o manifesto íntegro:

Unha achega ao debate sobre o galego desde o CERN

Somos un conxunto de físicos e enxeñeiros galegos vencellados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra, a día de hoxe uns dos laboratorios científicos máis importantes do mundo. Desde a distancia, levamos meses asistindo ao debate que se está a xerar sobre a posición que debe ocupar a lingua galega no noso sistema educativo. Esta cuestión está a provocar unha confrontación continua de posturas e opinións que se estende a distintos ámbitos da nosa sociedade. Se ben consideramos este debate lexítimo tamén coidamos que as posturas deben ser mantidas e defendidas desde a máis absoluta rigorosidade, a mesma pola que nós estamos rexidos nas nosas actividades científicas. E vémonos na obriga de intervir cando determinados argumentos que non seguen esta máxima aparecen por parte de persoas cunha opinión que non se restrinxe ao ámbito privado. 

En declaracións ao “Faro de Vigo”, o voceiro da “Confederación das Asociacións de Pais de Alumnos de Colexios Concertados” (Congapa), José Ramón Hermida, dicía: “Utilicemos el sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego. No podemos retroceder”. Ben, for desde a ignorancia, for intencionadamente, declaracións deste tipo resultan totalmente inadmisíbeis. E dicimos isto con coñecemento de causa, pois no noso ámbito de traballo estamos acostumados a ter conversas de alto nivel científico de temas moi diversos en galego. Nun entorno no que temos a sorte de traballar con algúns dos mellores físicos e enxeñeiros do mundo, o galego está,  modestamente a través de nós, presente como vehículo de comunicación científica. E para isto é un idioma exactamente igual de válido que o francés, o alemán ou, desde logo, o castelán.  Ben é certo que o galego non é empregado para as comunicacións nin publicacións científicas a grande escala, pero é necesario que se saiba que tampouco o é o castelán. A lingua franca da ciencia desde hai moitos anos é o inglés, e desde logo se algunha lle discutíu no pasado tal condición esa non foi o castelán.

O noso obxectivo con esta carta é simplemente evitar que se empreguen argumentos falsos (ou falseados) na discusión dun tema tan delicado e importante coma este.  E tamén reivindicar o galego como lingua que nos identifica sen excluírnos estando como estamos lonxe da casa.

No CERN en Xenebra, a 26 de Maio de 2009,


Xabier Cid Vidal, Licenciado en Física e estudante de Doutoramento - USC, experimento LHCb.
Patricia Conde Muíño, Doutora en Física de Partículas, Investigadora do LIP (Laboratório de Física e Instrumentação de Física de Partículas) - Lisboa (Portugal), experimento Atlas.
Daniel Esperante Pereira, Enxeñeiro de Telecomunicacións e estudante de Doutoramento na USC, experimento LHCb.
Teresa Fonseca Martín, Doutora en Física de Partículas, investigadora asociada da Royal Holloway University - Londres (Reino Unido), experimento Atlas.
Abraham Gallas Torreira, Doutor en Física de Partículas, investigador Ramón y Cajal na USC, experimento LHCb.
Manuel Gallas Torreira, Doutor en Física de Partículas, antigo staff do CERN no departamento de Física Experimental.
Marcos Mariño Beiras, Doutor en Física de Partículas, Catedratico de Física Matemática na Universidade de Xenebra (Suíza).
Diego Martínez Santos, Licenciado en Física e estudante de Doutoramento - USC, experimento LHCb.
Cibrán Santamarina Ríos, Doutor en Física de Partículas, investigador asociado na McGill University - Montreal (Canadá), experimento Atlas.


4,92/5 (164 votos)


Comentarios (81)

acarondosil #1 27/Maio/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

O comunicado ofrece unha puntualización moi atinada, no momento e no lugar, para que tomen nota os que queren que a nosa lingua quede só para festas e romarías.

Aldara #2 27/Maio/2009 Aldara
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Grazas por non ser alleos ao que acontece na vosa terra. Beizóns.

luaminguante #3 27/Maio/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

grazas por contruibuir a combater a barbarie;a peor das barbaries, que é a intencionada

gz_livre #4 27/Maio/2009 gz_livre
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Parabéns.Obrigado de coraçom a estes galegos conscientes da sua identidade e do potencial da sua língua.Parabéns!

MCXOSE #5 27/Maio/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Boa tarde a todos e a todas as galegas que estades polo mundo adiante. Grazas por lles dares unha lección (sen recibirdes subvencións, hehe, como moitos xornais, que se non é polas subvencións da Xunta daríanlle de lado ao noso idioma) a todos estes galegos acomplexados de si mesmos, por seren galegos e por teren un idioma que é o de todos e todas as galegas. Só manifestar a miña máis sensata ledicia ao ler esta noticia: dádesme forza para seguir loitando polos dereitos dos galegos e das galegas, e un exemplo cívico sobre o poder de sermos galegos e pertencer a esta terra tan magnífica que ten un idioma excelso e magno. Sempre en galego. Na Galiza e nos laboratiorios de todo o mundo. MOITÍSIMAS GRAZAS COMPATRIOTAS. A ver se agora se dan xa de conta que o galego vale para algo máis que para falar coas vacas e que non é un obstáculo, senón unha vantaxe enorme. Eses de Galiza Bipolar etc.

MCXOSE #6 27/Maio/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Boa tarde a todos e a todas as galegas que estades polo mundo adiante. Grazas por lles dares unha lección (sen recibirdes subvencións, hehe, como moitos xornais, que se non é polas subvencións da Xunta daríanlle de lado ao noso idioma) a todos estes galegos acomplexados de si mesmos, por seren galegos e por teren un idioma que é o de todos e todas as galegas. Só manifestar a miña máis sensata ledicia ao ler esta noticia: dádesme forza para seguir loitando polos dereitos dos galegos e das galegas, e un exemplo cívico sobre o poder de sermos galegos e pertencer a esta terra tan magnífica que ten un idioma excelso e magno. Sempre en galego. Na Galiza e nos laboratiorios de todo o mundo. MOITÍSIMAS GRAZAS COMPATRIOTAS. A ver se agora se dan xa de conta que o galego vale para algo máis que para falar coas vacas e que non é un obstáculo, senón unha vantaxe enorme. Eses de Galiza Bipolar etc.

Albert #7 27/Maio/2009 Albert
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Plas, plas, plas, chapeau, e quito o sombreiro. É tan de sentido común que abraia. Parabéns a estes científicos.

o-moinante #8 27/Maio/2009 o-moinante
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Umha prova mais que som os paifocos desleigados "pitimadriles" os grandes enemigos do País. Som os cipaios do opus dei e da legiom de cristo, eses adoradores de pederastas, quem hoje conformam o governinho da "Yunta" os inquisidores da nossa cultura.

Hermerico #9 27/Maio/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Aqui no cabeçalho é o lugar que deveria ocupar a notícia da detençom da sindicalista da CIG Laura Bugalho e o saque do seu escritório e domicílio polos fardados espanhóis. Motivo? Tem denunciado a exixtência dumha mafia polocial, logo a retaliaçom é evidente.
Concentraçom em solidariedade Toural 20,30
Repousade, dedactores/as, repousade

placidinho #10 27/Maio/2009 placidinho
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Parabens, obrigad@, graças, ...

Para o meu desgosto, tenho en frente do meu prédio um colégio concertado do opus. Segregação por sexos, reza obrigatória, ... quota mensal voluntária [obrigatória na prática] para que não venham ciganos ou romenos, ...

E jamais confiaria as minhas crianças, nem uma tarde, a qualquer dos numerários da Xunta esta. Quê medo.

llorllidan #11 27/Maio/2009 llorllidan
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Parabéns por este xesto aos nosos científicos.

#9
Por outra parte, Hermerico, paréceme que non sabes de que vai realmente o de Laura Bugallo (mira aquí: http://www.polabase.net/novas/....

E ademais, non creo que este ou outro medio de comunicación teña que publicar as noticias que ti queiras, cando ti queiras e no lugar que ti queiras. Repousa ti un pouquiño anda.

Gaias #12 27/Maio/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Dificil loitar contra a IÑORANCIA (GB), maxime se esta apoiada por intereses politico-economicos dende Madrid.
Toda esta polemica linguistica naceu en Madrid, con apoio dunha minoria galegofoba en Galiza, pero foi apoiado por Feijoo ante o medo a perder ese voto (coa chegada de UPyD) e por tanto a maioria absoluta.
Agora non sabe coma facer para cumplir con eles sen perder o voto "galeguista" ou que o tachen de fascista galegofobo por facer apartheids e perseguir a lingua propia. De ahi que faga discursos "galeguistas" (topa posesion, dia das letras galegas,etc) de cara o seu electorado galeguista, mentres por detrais deroga leis que protexen e fomentan a nosa lingua.

Hermerico #13 27/Maio/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo -10 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



pedrochosco #14 27/Maio/2009 pedrochosco
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Esto e patriotismo e facer pais e o demais son contos.
Parabens e grazas.
Saudos

galleto #15 27/Maio/2009 galleto
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Hermerico, xa a tes na cabeceira. Non te alporices.

acarondosil #16 27/Maio/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Por que os profesores e profesoras de instituto de matemáticas, física e química, tecnoloxía, informática,...non sacan eles tamén un manifesto explicándolles ós pais e nais que o seus fillos e fillas poden ser competentes nesas materias estudando en galego? Veña, temos que desmontarlles todas as súas falacias coas que queren acabar coa nosa lingua.

Gaviotero #17 27/Maio/2009 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -19 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Xanzinho #18 27/Maio/2009 Xanzinho
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Parabéns por este manifesto!! :)

Outro cientista galego no exterior ;)

maragota #19 27/Maio/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Hai lugar para o optimismo. Estamos diante do máis reaccionario e inmobilista da sociedade galega. O silenzo de Feijoo a semana do 17 de maio demostrou que nos tiña medo. Co bipartito desaloxado do goberno, os de Galicia Bilingüe van perder máis da metade do seu poder de convocatoria. Feijoo non é parvo, con certeza terá na mente Nunca Máis e saberá que parte da sociedade galega é máis activa.

Bacurinho #20 27/Maio/2009 Bacurinho
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Grazas por este tipo de xestos, nestes momentos tan fodidos.
Parabens compañeiros

O-OLHO-CRITICO #21 27/Maio/2009 O-OLHO-CRITICO
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Parabens para estes científicos, e tambem parabens a Vieiros por publica-la. Outros seguro que não a pubicariam.
Paresce mentira que os mais comprometidos com a Lingua sejam os Galegos de fora, e os de aquí calem ou recuem como fixo a Real Academia "Galega".

elrr #22 27/Maio/2009 elrr
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Parece que aínda vai quedando unha fenda para intelixencia no planeta GZ (ou máis ben no extrarradio).

Gratitude para eles/elas.

LOIS_DE_SILAN #23 27/Maio/2009 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Está claro que estes galegousuarios do CERN non nos din ou manifestan nada que non saiba calquera persoa medianamente culta; porén, o relevante neste caso non vos está no que din senón EN DICILO QUEN O DI.

Xa en #16 acarondosil salientaba a importancia de propiciar o argumento de autoridade (auctoritas) pedindo, suxerindo, esixindo, (preguntando) que os distintos profesionais cualificados SE PRONUNCIEN coa rotundidade propia do caso verbo da universal validez de todas as linguas en xeral para todas as actividades humanas e nomeadamente verbo da galega.

Neste tema coido que cabe entender os silencios como complicidades galegoexterminadoras, como posicións lingüicidas (galegoexterminadores conscientes e inconscientes). Entendo que debemos esixir ese tipo de pronunciamentos especialmente ás profesións cualificadas.

Mais, con pronunciamentos non vos vai ser abondo.

Como xa é sabido, ó meu entender, e dentro da política cultural e mais do actual marco xurídico político de soberanía ESPAÑOLA sobre A Galiza, a política lingüística que os galegófilos debemos esixir para A Galiza vai cima da seguinte trepia:

1º pé.

Cumprimento rigoroso do ordenamento xurídico vixente e aplicábel (empezando polos xulgadores!): na Galiza na súa lingua ESPAÑOLA oficial propia do territorio coma en Castela na súa coma en ... na súa; sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente aínda descoñeza a territorial propia (desarraigamento ou por motivos igualmente especiais: docendi causa, iocandi causa, ... ).

Isto significa v. g. que o TC use o galego para comunicarse oficialmente cos suxeitos de dereito da Galiza (lingua de destino).

2º pé.

Bilingüismo necesario: lingua propia do territorio de uso xeral ou hexemónico e mais unha outra acordada polas comunidades lingüísticas do planeta como interlingua, lingua ponte ou lingua antidiscriminatoria que permita a comunicación e integración de calquera membro de calquera comunidade lingüística con calquera outro e, daquela, en calquera outra do mundo.

A interlingua substituiría o castelán como lingua oficial en todo o territorio do Estado, sería cooficial coas linguas propias do territorio e terían dereito a usala os que lexitimamente aínda descoñecesen a propia do territorio.

3º pé.

Harmonización gráfica ou escrita co galego normalizado de fóra da Galiza.

O primeiro pé da trepia esixe:

1 Un servizo de balde de asesoramento sobre o uso correcto da lingua galega que considere igualmente correcto tanto os actuais criterios da RAG coma os doutras institucións análogas para o galego de fóra da Galiza.

2 Outro servizo, tamén de balde, de asesoramento iuslingüístico, representación e defensa xurisdicionais dos dereitos lingüísticos.

3 Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.

O segundo:

1 Accións na Galiza, no Estado e mais no eido internacional, nomeadamente coas outras comunidades lingüísticas.

2 Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.

E, o terceiro pé da trepia:

1 Accións da RAG coas institucións análogas do galego de fóra.

2 Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.

E na medida en que os poderes públicos non asuman estas funcións deberemos organizarnos para desempeñalas directamente os galegófilos.

NÓS ... NUNCA MENOS!!

EN GALEGO AVANTE TODA!

EMPEZAMOS?

carxeva #24 27/Maio/2009 carxeva
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Aver se o publican o fascista Faro de Vigo, La Coz ou La Opinión da Coruña...

bruno22 #25 27/Maio/2009 bruno22
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Parabéns. Entre tanto discurso mediocre e cutre de xente que quere excluir o galego de ambitos de prestixio esta é a mellor forma de facelos entrar en razón. A eles e aos medios que os apoian sen contemplacións como O Faro ou La Voz.

OBSERVADOR #26 27/Maio/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Muito bom.

Só uma cousa: esses cientistas galegos com certeza não usariam nunca um método defeituoso para as suas investigações. Com certeza estão melhorando o seu nível de inglês: dominar o inglês STANDARD é importante para um cientista. A ciência baseia os seus achados em leis universais, em teorias que explicam a realidade de maneira UNIVERSAL (=para todos os habitantes do planeta Terra, no mínimo)

Então por que não aplicam isso à sua própria língua?

Indixenanoapartheid #27 27/Maio/2009 Indixenanoapartheid
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Moi precisas e necesarias palabras. Parabéns.
Só quero engadir que os máis profundamente incultos, os maiores brutos e ignorantes, as máis atrasadas xentes do noso país, falan castelán e moi malamente, e este é un feito cientificamente desmostrable. E enténdase que non todos os falantes da lingua de Castela na Galiza, nen moito menos, son así. Mais unha parte deles fai estúpida e publicamente gala de ornear ós catro ventos mamarrachadas propias do que son: persoas pailarocas e ridículas.
Tiña que dicilo aquí. E direino constantemente a partires de agora.

sozinho #28 27/Maio/2009 sozinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cando se fala dende o corazón e non para vender nada (como os políticos), prodúcese esta sensación. Son os primeiros froitos dun sistema educativo cun progresivo aumento de asignaturas en galego. Neles está a esperanza para o noso idioma. E seguramente algún habrá que o empregue correctamente, pero o seguinte paso será mellorar a corrección e as obras literarias en galego. Iso é o futuro dun idioma, non buscar esencias de quen usa a norma mellor (os problemas da RAG, para a RAG).

Brath #29 27/Maio/2009 Brath
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Ben dito sozinho!

osforcados #30 27/Maio/2009 osforcados
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



acarondosil #31 27/Maio/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#27 Indixenanoaparthei:

Cóntoche unha moi recente:
A Xunta ten na seu Portal o XADE(xestión administrativa de educación), onde se poñen as notas dos alumnos e alumnas. Escoiteille dicir a unha profesora das do autoodio:

"Voy meter las notas en el Sade"

osforcados #32 27/Maio/2009 osforcados
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

#31 acarondosil, tamén hai que di "I were in London". O de non saber falar non respeta idiomas en particular.

Indixenanoapartheid #33 28/Maio/2009 Indixenanoapartheid
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#31 Créocho ben; mais eu no comentario desexaba definilos polas sandeces que din, e non tanto por como as din.

acarondosil #34 28/Maio/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#32 osforcados:

Pero eu non o dicía exactamente por non saber falar idiomas, que eu son o primeiro en non sabelos falar.

Pero na frase que poñía eu haiche máis ca saber falar idiomas. Hai o prexuízo dunha persoa galega que pronuncia "SADE", con "s", para non ter que pronunciar o "x"(fricativo palatal xordo), cando saber sabíao pronunciar. A falta do "a" en "voy meter", xa pode ser máis ignorancia, pero na pronuncia do "x" creo que só che había autoodio.

acarondosil #35 28/Maio/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#33 Indixenanoapartheid:

De acordo. Evidentemente, os contidos son máis importantes.

lute #36 28/Maio/2009 lute
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Obrigados por contribuir á dignificaçom da lingua e a combatir a manipulaçom sesgada da realidade dos galegófobos intolerantes.

Apertas sentidas.

tuzaro #37 28/Maio/2009 tuzaro
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

parabéns polo manifesto! por non ficar calados, por atrevervos.
e grazas! grazas por non ficar calados, por atrevervos.

é incalculábel o valor deste xesto.

orwell #38 28/Maio/2009 orwell
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Parabéns e parabéns pola iniciativa. E que siga medrando a bóla de neve d apoios ó galego desde todas partes. Yes, we can!!

teixugo #39 28/Maio/2009 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

AS FEITAS SÃO AS QUE CONTAM!!!!!!!!!

UNIDADE E INTENSIDADE.

Xarope #40 28/Maio/2009 Xarope
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Grandes !!!!

xoca #41 28/Maio/2009 xoca
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Non sei como agradecer o voso manifesto, é unha grande alegria saber que non estamos sós na defensa da nosa lingua. Grazas

xoca #42 28/Maio/2009 xoca
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Espero que o igñorante José Ramón Hermida que botou a pata a pasear de unha resposta, caso contrário que dimita.

calonso #43 28/Maio/2009 calonso
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Non sabía que había científicos galegos...
e menos no exterior...
...
...
Igual, penso eu, se nos debería de informar (xornalisticamente falando) de que é o que fan e quen son...para que vexamos que tamén existen e que o seu traballo existe, non?
...
e de camiño agradecer o esforzo que fan coa língua...

lenin #44 28/Maio/2009 lenin
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Noraboa ós científicos.

Pero manda carallo que teñan que saír unhas persoas que traballan para solucionar os problemas enerxéticos do mundo a "desmentir" as sandeces dun voceiro dunha asociación de pais de alumnos.

Benvidos á marabillosa realidade galega.

forxas #45 28/Maio/2009 forxas
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

BENZONS

Lead_bocas #46 28/Maio/2009 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Agradécense este tipo de posicionamentos. Deste xeito a historia facémola nós e non La Voz de Galicia.

O cadavre que cheira non é o da nosa lingua, o que cheira é o cadavre da RAG, o que cheira é o proceso de "normalización" da diglosia imposto polas institucións do Estado na Galiza.

Os tipiños estes da concaSpa e os falangistas que lle arrostran ao Povo un puño de votos (como se as eleccións foran un plebiscito contra a lingua) teñen que saber que o camiño da ruptura non ten volta atrás e que as súas posicións actuais defínenos precisamente diante da historia.

outrolector #47 28/Maio/2009 outrolector
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Grazas pola vosa iniciativa, e a Vieiros por publicala. PARABENS polo comedido e correcto texto, sinal da vosa seriedade e obxectividade.

Dun xeito bastante máis vehemente e simplificador eu engadiría que hai sandeces abondas que por no seu sitio, máis aínda cando hai persoas e medios de comunicación que lles queren dar verosimilitude do xeito máis ruín, para defenderen intereses e prebendas cativas.

Vos facedes todo o contrario; faceses país. Una forte aperta!!

Morrazo #48 28/Maio/2009 Morrazo
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Grazas Patricia, Abraham, Diego, Manuel, Cibrán... xa había tempo que un texto científico conseguira derreter a mirada de xeo que teño que poñer para ler o xornal...

fillotolo #49 28/Maio/2009 fillotolo
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Gaivota, da igual o que digan os profesionais, aínda que non se teña razón. Hittler gañou unhas eleccións por maioría absoluta, ¿Supoño que os alemáns nesa se trabucaron?.
Sodes uns reaccionarios radicais, fieis herdeiros de Millán Astray, fascista da guerra civil que ao quedarse sen argumentos ante persoas moito máis elocuentes e preparadas ca el, so se lle ocorreu dicir ¡Viva la muerte! ¡Muera la inteligencia!. O futuro é galego pois a razón é nosa.

abretedeorellas #50 28/Maio/2009 abretedeorellas
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

parabéns polo manifesto

polo galego, nin un paso atrás, con argumentos e razóns, que nos sobran.

acarondosil #51 28/Maio/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Cada vez que releo o manifesto dos científicos paréceme máis atinado.

Que lle fagan copias e que as colguen polos centros de ensino.

Xarope #52 28/Maio/2009 Xarope
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

TODOS PODEMOS ACHEGAR O NOSSO GRAOZINHO DE AREIA NO DIA A DIA A ESTA TAREFA COLETIVA, A TAREFA MAIS GRANDE E HONROSA QUE PODEM ACOMETER OS GALEGOS COMO POVO CONSCIENTE DE SEU E DA SUA HISTÓRIA E DA SUA VONTADE DE PERMANECER E CONTINUAR :

- FALEMOS TODOS GALEGO A COTIO EM TODOS OS LUGARES E EM TODAS AS SITUAÇÕES

- FAGAMOS BEM VÍSIVEL A NOSSA GALEGUIDADE: TODOS OS CARROS COM O AUTOCOLANTE NACIONAL ! TODOS OS CARROS COM O "GZ" JÁ!!

AVANTE A GALIZA !!!!!

AVANTE O GALEGO !!!!!!!

mansdodemo #53 28/Maio/2009 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Os bos e xenerosos a nosa voz entenden
e con arroubo atenden o noso rouco son.
Máis só os iñorantes e féridos e duros,
imbéciles e escuros,non nos entenden non.

mansdodemo #54 28/Maio/2009 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Unha aperta aos bos e xenerosos, polo voso testimonio.

Criselda #55 28/Maio/2009 Criselda
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Aínda que non hai peor xordo que o non quere oír, os fanáticos pais e nais que pensan que non se poden estudar matemáticas ou calquera outra materia científica en galego reciben nas palabras destes bos, xenerosos, cultos e científicos de altura unha das pingas de auga que acabará por tradar algo nos seus miolos impermeabilizados.
Grazas, irmáns. Galicia agradecerávolo algún día. E nós xa o facemos hoxe.

Raimundo #56 28/Maio/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



OBSERVADOR #57 28/Maio/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Pois eu insisto, os cientistas são pessoas sérias. Sabem e usam inglês direito. E decerto que castelhano direito.

Deveriam também usar galego direito: na escrita o Galego é internacional. Como o Castelhano/Espanhol e o Inglês Standard.

curdomelidao #58 28/Maio/2009 curdomelidao
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

SEMPRE MAIS, GALEGO SEMPRE MAIS!!!!

Rubino #59 28/Maio/2009 Rubino
[Valora este comentario Positivo -10 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



outromais #60 28/Maio/2009 outromais
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

adhesion total ao manifesto dos galegos do CERN

e a Rubino, só dicir que se non tiveran idea do castelán atoparían o mesmo traballo: o idioma da ciencia é o inglés, e despois outros que non son o castelán
que ti non es o único que anda polo mundo.

outrolector #61 28/Maio/2009 outrolector
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#59 (...)se non tiveran nin idea de castelán...

Sen non falan castelán non pasa nada de nada. Sábelo de sobra, Rubino, ti que tes tanto mundo.

Os idiomas da ciencia e da técnica son o inglés e mais, a certa pero non moita distancia, o alemán e mailo francés. O castelán, que merece respecto TANTO COMO (ma non troppo) calquera outra lingua, queda algo arredado deles.

Hildegarde #62 28/Maio/2009 Hildegarde
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Grazas e parabéns por estardes onde estades e non esquecer de onde sodes.

dumiense #63 28/Maio/2009 dumiense
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Graciñas rapaces!!!

Benchoseiv #64 28/Maio/2009 Benchoseiv
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Rubino.Poderia-me dizer como poderam entenderse,que nâo comprenderse,todos aqueles que tenhem a mesma ligua ,inda que com pequenas diferencias foneticas?.Ponho o casso de calquer sudamericano.
Qual(cual)Cal é a diferença,tam bestial, que ha entre o galego e o portugués, pra que cheguem a ser linguas diferentes e nâo intelexibles entre elas?.É que os que falam portugués nâo podem atopar trabalhos por nâo saber falar castelâo?.
Como fam ,entâo, os sudamericanos pra facerse comprender ,se nâo falam um bon castelâo?.
Rubino,tenho falado com xentes de India,Noruega,e mesmo russas,empregando a nossa lingua.
É a incultura, e nâo a lingua, a que pom atrancos na vida laboral.

arale #65 28/Maio/2009 arale
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Graciñas, moitas grazas, digo isto con moito agradecemento pero tamén con moito reparo: que vergonza que os científicos galegos teñan que dicir nun manifesto OBVIEDADES coma esta, ufff, en fin.

Gaviotero, ti es galego ou de onde es? porque que un galego diga que por fin Galicia empeza a ser bilingüe... manda carallo. Ben sabes que xa hai moito, moito tempo que o é (cun asoballamento claro do castelán que nin ti podes negar) e repito que o PP non gañou polo tema da lingua, a xente que foi votar ao PP moita non o fixo polo tema da lingua, ben o sabes tamén, que o Bloque e o PSOE deixáronlle un camiño moi fácil. Dentro da túa "crítica" total ao galego (non é crítica, é xenreira), pódesme explicar cal é a túa visión das linguas en Galicia? Vaia, o que quero saber é se apoias o "bilingüismo" (igualdade en dúas linguas) ou se directamente queres que a lingua deste país sexa só o castelán (que penso que isto é o que opinas escudándote en ideas fastistoides, como fai moita xente do PP ou de Galicia Bilingüe). Non fales de bilingüismo cando o que apoias é outra cousa (se realmente o apoias, explícasme cal é a túa visión do bilingüismo, por favor. A ver se son quen de que expoñas as túas opinións como unha persoa normal. É que me axudaría moito a comprender posturas coma a túa, que non acabo de entender por ser absolutamente contraditoria...)

volvebreogan #66 28/Maio/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

ogallá algún día un goberno galego faga retornar a súa terra a tódolos galegos que traballan fóra por non haberen na galiza(grazas aos espanhois) investimentos necesarios para que queden na casa!

Scaaveiro #67 28/Maio/2009 Scaaveiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#59 Com portugueses, por exemplo.

Os idiomas da ciência som o inglês, o alemam e em nada também vai ser o chinês... nem galego-português nem espanhol.

Como dixo o Posada umha vez:

" O belga, o alemán o nada "

hemospe #68 28/Maio/2009 hemospe
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Os fillos desta terra, son estes que inda que lexos dela, sinten a forza de defendela cando está sendo agredida no seu corazón.
O noso idioma é o corazón, o que fai que existamos.
Grazas por saber estar no mundo que vos viu nacer, sen complexos. con amor ao noso e voso.

dumiense #69 28/Maio/2009 dumiense
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Estes rapaces merecen un monumento, hai que ser valente para asinar este manifesto nos tempos que corren e tal e como se comporta a Xunta actual. Saben que dende hoxe teñen máis posibilidades de vir a traballar a nosa terra militantes madrileños de UPyD que eles pero puxeron por diante os intereses da nosa cultura, a nosa lingua e todo o que nos une.

MILLÓNS DE GRACIAS!!!

sacagallego #70 29/Maio/2009 sacagallego
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



mceleiro #71 30/Maio/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

#70

hahahahahahahaahahahahahahahahahahhahahahahahahaahahahahahahahahahahhahahahahahahaahahahahahahahahahahhahahahahahahaahahahahahahahahahahhahahahahahahaahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahah

Estes trolls são a repanocha. Não acredito que "la mujer de 19 años" escreva isto. Há que trabalhar mais as burradas. Que pouca imaginação.

Além do parvo/parva que se registrou em Vieiros para ocasião, o triste é que na rua sim há pessoas pensando assim. Eles não necesitam escolas monolíngues em castelhano, necessitam escolas especiais para atrasados mentais.

mceleiro #72 30/Maio/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Ah, e aprende a escrever correctamente em castelhano, porque assim claro que não podes sair de Compostela.

dumiense #73 30/Maio/2009 dumiense
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

a ver... "mujer de 19 años" o "sacagallego" paréceme a min que o teu problema non é que saibas ou non castelán para sair fóra, o problema eres ti filliña, que debes ser algo corta. Realmente pensas o que dis? ti crees que se por aprender unha lingua xa vas eliminar a outra? soamente cabe un número limitado de linguas nos miolos? e... como vas poder aprender só galego, iso é imposible, todo dios aprende o castelán si ou si (xornais, TV, radio, internet...) inda que o 100% das materias foran en galego...

sacagallego #74 31/Maio/2009 sacagallego
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

soy yo otra vez, y he de deciros una cosa(espero que me contesteis pronto)estais todos muy jodidos por haber perdido las elecciones, y yo disfruto viendoos así, no os dais cuenta que os reunís en estos periódicos digitales para reprimir vuestras penas y hablar con solo 60 o 70 personas que piensan como vosotros, pero en cambio yo estoy feliz, porque pienso, me encuentro mal, pero al veros a vosotros ya se me pasa toda la tristeza, porque nunca llegaré a estar tan deprimidos como vosotros.

Indixenanoapartheid #75 31/Maio/2009 Indixenanoapartheid
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Non fagas o ridículo, mulleriña, anda. Cuestiónate un pouquiño a ti mesma.

acarondosil #76 31/Maio/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#74 sacagallego:

Aínda que sexa de broma recorda que:

Quen desfruta co mal do veciño, venlle o seu polo camiño.

suso #77 1/Xuño/2009 suso
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Parabens a esses cientistas galegos do CERN. Magnífico! Adiante...!
Como cientista (no meu caso na Galiza, não no exterior) quero fazer uma pequena achega clarificadora ao fio dalguns comentários da notícia.
Como mui bem explicam os meus colegas do CERN, na ciéncia e na tecnologia SO EXISTE UMA LINGUA: O INGLÊS. E pronto. Nem francês, nem alemão, nem chinês....do castelhano nem falemos. Para que vos fagais uma ideia, pensai no latim na Idade Media e no Renascimento. Toda a produção e intercâmbio acadêmicos se produzia em latim. Pois isso acontece hoje na ciência. Por conseguinte, a língua que fale ou escreva um cientista ademais do inglês, é totalmente indiferente.
Pero isso não só acontece na ciência: também no comercio, no mundo dos transportes, do turismo, da política internacional... um islandês, cuja língua é falada apenas por trescentas mil pessoas, que fale bem o inglês, comunica-se muito milhor polo mundo adiante que um castelhano-falante. Vou contar um sucedido muito engraçado:
recentemente coincidí no aeroporto de Newark, cerca de Nova Iorque, com uma política do PP basco (não direi o nome por cortesia cavalleiresca) muito conhecida polo seu raivoso e visceral nacionalismo espanhol. Pois a pobre da mulher estava desesperada porque não era capaz de fazer-se entender para que lhe asignasem um vvoo novo a Washington (o nosso fora cancelado). Tive eu que fazer-lhe de interprete. Uma mulher que bota lume pola boca contra a dignificação e normalização de línguas que não sejam o castelhano, que subscreve a estúpida ideia de que com o castelhano somos modernos e nos comunicamos com o mundo inteiro, e com o euskera ou o galego voltamos às cavernas da incomunicação aldeã.
Galego, sempre mais.
Inglês, sempre mais para o que queira ir polo mundo adiante.
Castelhano, sempre mais...em Burgos.

juli_gz #78 1/Xuño/2009 juli_gz
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

"MAMARACHO:
-Figura ridicula
-Persoa despreciable
SINÓNIMOS: adefesio, facha"

Carlos Herrera, San Gil, Gloria Lago, Cancio, Conde Roa, e un longo etcetera, aplicadevos o conto, saír das nosas vidas non tendes armas morais contra GALIZA (das outras si tedes ao voso servizo) PERROS CARCELEIROS.

Hermerico #79 1/Xuño/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Suso, e nom aproveitaches para lhe falar galego e que lhe desse um colapso de espanholismo?

iamesa #80 2/Xuño/2009 iamesa
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Vaia... "sacagallego"... Igual si que tes motivos para estar mal...:

Hay una jornada laboral de 60 horas semanales.. Sólo? Que vergüenza que legalmente -porque sí ilegalmente- no se pueda explotar al trabajador... Encima los sindicatos hacen huelgas y protestan, y están legalizados!! Y encima algunos son comunistas y rojos!! Y ahora hasta hay que pagarles para despedirles!!

Oh... Y la sanidad y la educación son PÚBLICAS, financiadas por el Estado... Les quitan un poquito a los nobles capitalistas industriales para pagar la sanidad a los pobres y sucios mil euristas.. :O .. Que pena!

Y en las clases de Galicia, Cataluña, Valencia, Mallorca y vascongadas aprenden "dialectos" distintos del castellano, que vergüenza!! Y hasta en algunos sitios de Asturias y Navarra...
Los documentos de esas regiones (que ahora algunos locos energúmenos les llaman naciones, Dios Santo!) están en esas lenguas...

Los gays se pueden casar y tener hijos!! Y las mujeres pueden abortar!! Y encima son legales los profilácticos!!Cada vez hay menos gente bautizada y la FE de las JONS retrocede en votos en todas las elecciones... Son las elecciones europeas y entre PSOE, IU-EUiA y ERC-BNG-Aralar van a conseguir más votos que PP y UPyD.. Que vergüenza, el centro-izquierda ganado a la derecha!! España se va a la mierda..

Creo que tes moitos motivos para estar triste... Incluso me imaxinei a túa charla da noite coa almofada, contándolle as túas penas...

iamesa #81 2/Xuño/2009 iamesa
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

;)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: