Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Con “axilidade”

O Sindicato de Xornalistas pídelle á Xunta que vincule as axudas aos medios coa estabilidade laboral

Dende o SXG lembráronlle aos populares que xa votaron a favor de que as subvencións e a publicidade se condicionen á creación de emprego estábel.

Redacción - 09:00 29/05/2009

O Sindicato de Xornalistas de Galiza (SXG) reclamoulle esta quinta feira á Xunta que "axilice" a vinculación das axudas aos medios de comunicación coa estabilidade laboral dos traballadores, e lembroulle ao presidente Feijoo, que o seu partido votou, no Parlamento, para que as subvencións e a publicidade se condicionen á creación de emprego estábel.

Así, o SXG reclamoulle ao presidente da Xunta que "aplique canto antes" esta medida e no só a "estude", algo ao que o Goberno se comprometeu co Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza.

"Máis despedimentos, menos información"
O sindicato valorou, ademais, que Feijoo se amose "moi preocupado" polo impacto da crise, pero pediulle que "pase das palabras aos feitos" e "acelere" a tramitación da Lei de Publicidade Institucional. Neste sentido, O SXG lembrou que centos de informadores de toda Galiza vestiron camisolas a comezos desta semana para reivindicar melloras nas súas condicións laborais, no marco da campaña Máis despedimentos, menos información. A este respecto, agradeceulle ao sector do Metal en Pontevedra que se unise á campaña, ao tempo que pediu aos operarios o "máximo respecto e precaución" co labor dos informadores durante as manifestacións.


2.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: