ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acusan o ente de "censura"

Queixas pola supresión na TVG dun programa sobre a crise das vacas tolas

O espazo "Caixa Negra", estreado hai pouco foi mudado polo filme "O xinete pálido" na mesma semana do relevo na dirección.

Redacción - 09:00 03/06/2009

"Se estiveramos de humor, diriamos que é toda unha ironía, pero non o estamos porque no programa previsto para esta noite facíase un repaso completo e plural duns dos feitos máis controvertidos que sucederon en Galiza recentemente: non vemos xustificado que se lles prive aos espectadores galegos de velo", apunta Fernando García Lesta, un dos veciños de Mesía entrevistado para o capítulo de "Caixa Negra" que este martes debera emitir a TVG. "Con todos os respectos a Clint Eastwood, a súa película podería emitirse en calquera outro momento", ironiza .

Segundo García Lesta a nova dirección da TVG "censurou" a emisión do programa sobre a crise das vacas tolas. Para o espazo foran entrevistados diversos veciños de Mesía e tamén algúns dos responsábeis políticos da Xunta naquela época. "Os que tomaron a decisión do enterramento de vacas nunha canteira de Lanzá", recordan, "algún deles ostenta de novo cargos de responsabilidade no goberno autonómico de Núñez Feijoo".

A nova dirección di querer evitar "xornalismo amarillista"
"A Caixa Negra é un espazo de reportaxe televisiva inspirado nun formato de éxito en Euskadi, na ETB, traído a Galiza e coproducido pola produtora Filmanova para a TVG. "Parte dunha situación determinada que causou un impacto social especial no pasado e que agora revive, despois dun tempo, xunto aos seus protagonistas, analizando os feitos co sosego que dá a distancia e coa experiencia e reflexión dos anos transcorridos", expoñen sobre o programa na propia web da TVG.

Conducido polo xornalista Fernando González 'Gonzo', emitiranse até o de agora dúas pezas. No primeiro capítulo, a Caixa Negra estreaba lembrando a Operación Nécora, analizando polo miúdo aquel relevante episodio da loita contra o narcotráfico en Galiza. No segundo capítulo, o programa remontouse ao 5 de decembro de 1987, cando o cargueiro de bandeira panameña Casón naufragou na Costa da Morte.

(Actualización 11h) Consultada por Vieiros, a TVG remítese a idénticas explicacións ás xa dadas a un medio de ámbito estatal, El País. Así, o equipo directivo expresa a súa intención de evitar un "xornalismo amarillista" que transmita a idea dunha "Galiza negra". Por outro lado, consideran que o programa podería "molestar" o sector agrogandeiro nun momento en que xa sofre de problemas como "a crise láctea ou a gripe porcina". Con todo, afirman desde a TVG que non descartan que o programa poida emitirse no futuro.


4,67/5 (24 votos)

Comentarios (20)

zarrulheiro #1 3/Xuño/2009 zarrulheiro
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Tanto a CRTVG como a Junta da Galiza são entidades nas que, desde a sua criação, os simpatizantes e afins do PP, paróquias enteiras com alcaldes do PP entraram. A Junta e a CRTVG são território nacional (espanhol, claro) e durante o bipartito lá estiveram toda esta tropa boicotando, mesmo desde os sindicatos nacionalistas infiltrados, e aguardando a volta dos seus. Levam aí desde os tempos de Albor, chupando do bote. Rosa Vilas é mais um exemplo entre centenas...mas, claro, nós apenas éramos críticos contra nós mesmos enquanto esta gentinha, bem cómoda, contava os dias para que voltaram os da família. Pois o dia chegou e já está tudo em ordem, na sua ordem, na de toda la vida. "Empezamos" de novo.

ruixordo #2 3/Xuño/2009 ruixordo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

que aprendam os politicuchos do bng, Galiza non se vende!! ...ou era a crtvg? que mais dará.. agora temos um verdadeiro governo NACIONALISTA! :DDDDDDDDDD

Tonecha #3 3/Xuño/2009 Tonecha
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Tamén... que mala sorte ten Gonzo! Aupa Riotorto! ;)

fillotolo #4 3/Xuño/2009 fillotolo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

En fin... Máis do mesmo e o peor é que ganaron as eleccións por maioría. A ver onde andan eses que eran tan críticos co BNG?? Agora co PP seguro que estarán moito mellor.

joseantonio #5 3/Xuño/2009 joseantonio
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Grazas ó goberno da Xunta por retirar da programación un dos espazos máis formativos que mirara últimamente. Claro que non teño idade nin formación para sacar miñas conclusións, ainda de vello son parvo.
Cando rematou o programa sobre o "Casón" xa decíamos que non ia durar moito, non estivemos moi errados. A ninguén gustalle lembrar as parvadas que ten feito na vida e aquí xa levamos feito unha chea delas.
Agora cando votedes xa sabedes quen pon panos nos ollos e na boca.Abur.

Telleiro #6 3/Xuño/2009 Telleiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

E a semana pasada non emitiron "Hai debate".

Bran #7 3/Xuño/2009 Bran
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

E na RG mais do mesmo. Ouvistes estes dias o Aberto por Reformas? Que foi dun dos poucos programas adicado a promocionar a nosa musica?
Agora nen Xurxo Souto nen musica galega, moito mellor en ingles onde vai parar...

Anxo #8 3/Xuño/2009 Anxo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Comenzan os novos séculos escuros.

bertus #9 3/Xuño/2009 bertus
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

"Amarillista" din, o que pasa é que no primeiro programa sobre a droga opinaban xuices, políticos, xornalistas...
Se queren acabar co "amarillismo" que quiten a Piñeiro e que volva o Xabarín Clube. E aquí hai pra todos: dos que tiveron a responsabilidade de quitar un programa infantil que tanto fixo pola normalización lingüística por outro sensacionalista onde saen catro falabaratos dicindo parvadas nun pésimo galego.

zarrulheiro #10 3/Xuño/2009 zarrulheiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

...por não falar do próprio termo "amarillismo", em espanhol, xq já se sabe q o panhol é de onde nasceu este termo :) rio por não chorar.

Isto lembra-me, justo quando entrou Fraga no governo, essa semana suspenderam um programa de debate que dirigia XM Palmeiro "A contrafio", o programa previsto era sobre a proposição de daquelas fizera EG no parlamento galego sobre o direito a autodeterminação da Galiza. Botaram também um filme em vez do programa, que desapareceu essa mesma semana. Depois véu o que véu, as Rosas Vilas, as listas negras, os Riales...e agora, da mão do mesmo PP mas com falangistas e neocons voltam o poder, não sei se como farsa, o mesmo lixo humano e mental.

luisfoz #11 3/Xuño/2009 luisfoz
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Parece que não querem mais liberdade que a "linguística"

beto #12 3/Xuño/2009 beto
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

...imaxino a esta cleptómana informativa (Vilas Núñez) mandando eliminar todo o referente ás vacas tolas na programación do martes, a todo correr... "e que poñemos no sitio?" "Una película cualquiera, como si ponéis la carta de ajuste".

E quen tomaría a decisión de meter ao bo do Clint Eastwood no medio da polémica? Sen dúbida, argumento digno dun traxicómico film sobor do franquismo, para rir por non chorar.

jujolor #13 3/Xuño/2009 jujolor
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

elogo que pensades que nom enturparian e manipularian

agora seguide pensando que eles nom o farian.

sempre en galiza
nom poderan con nos e co galego

Breogham #14 3/Xuño/2009 Breogham
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Agardamos um comunicado de condeia da Academia Galega do Audiovisual, nom é?

subela #15 3/Xuño/2009 subela
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Se queren evitar amarelismo que boten fóro o piñeiro, que ten amarelo até o logo. En dúas semanas decapitaron o Hai Debate e a Caixa Negra, se isto non é censura

lugris #16 3/Xuño/2009 lugris
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A deireta está unida moi unida, xamáis fan autócrítica, é o seu deber a limpeza ideolóxica. Téñeno claro, todo o que cheira a "vermello" e nacionalista hai que quitalo. Son unha piña. Foden sempre con sixilo, non teñen complexos, foi un sindicato labrego quenes llo pediu, din.,xa teñen aos de esquerdas para dar caña, eles por atrás azuzan. Os tontos útiles do PP do Frijolito, eses esquerdosos de "pacotilla" xá o conseguiron. U-los cabreados co goberno de coalición ? Non os escocito, non falan, enmudeceron ou cambearon xa o careto..

ecoe #17 3/Xuño/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Un paréntese -e sen saír da censura-.

E logo non informar nada sobre a candidatura II-SP, non é tamén censura por parte de vieiros?Por moito que tratedes de a ocultar, ahí está e vai ter ben de votos de esta vez.!

Barcelos #18 3/Xuño/2009 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

¡¡Manda carallo!!

O outro día vin este programa falando do Casón e pareceume un gran salto cualitativo na TVG.

O mesmo debeulle parecer ao PP e por iso cargoullo. Xa estamos agardando a Supermartes.

Barcelos #19 3/Xuño/2009 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A verdade é que con ese nome "A Caixa negra" xa saíu condenado.

Alguén coñece que se revelase publicamente o contido dunha Caixa Negra?

Demasiada información para dala a coñecer ao pobo. Ten razón o que dixo que volve o NO-DO. Queren volver a unha TeleGaita para fomentar a incultura e a mediocridade.

Criselda #20 5/Xuño/2009 Criselda
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Fixeron unha campaña para parvos e agora pretenden gobernar para parvos. E no fondo, os parvos parece que lles deron a razón e o mando. ¿Como nos pode coller de sorpresa? Isto xa se vía vir. ¡Como serán que aínda han facer a Fraga un bo gobernante. Galicia verá o que debe facer no futuro, pero temo que non deamos aprendido.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: