Os conservadores soben case tres puntos con respecto a 2004. O PSOE cae dous (34,25%) e o BNG tres (9,40%). A participación foi similar á de 2004 (47,28%).
O Partido Popular obtivo un claro triunfo en Galiza nas eleccións europeas deste domingo. Se tomamos como referencia os últimos comicios europeos, e á espera dos votos do exterior, os conservadores soben practicamente tres puntos porcentuais e acadan o 50,67% dos sufraxios (551.806 votos). Aínda que a nivel do Estado Español os conservadores son a forza máis votada, no noso país a porcentaxe de votos para o PP é case oito puntos maior cá media estatal.
O Partido Socialista cae dous puntos en Galiza con respecto a 2004. Os socialistas obteñen 372.866 votos (baixan case 44 mil) e un 34,25% dos votos válidos.
Pola súa parte, o Bloque Nacionalista Galego obtén algo máis de 102.326 votos (9,40% dos sufraxios válidos). Con respecto a 2004, o BNG perde perto de 40 mil votos e 2,9 puntos porcentuais.
Esquerda Unida mantense como cuarta forza máis votada en Galiza con 14.700 votos (1,35%). Porén, UpyD obtén 14.019 sufraxios (1,29%) e convértese na quinta forza máis votada no país.
Iniciativa Internacionalista, candidatura na que figuraban dirixentes da Frente Popular Galega, é a sétima forza máis votada no país con 3.373 votos (0,31%); xusto por diante, con 4.400 votos (0,40%) están Os Verdes que logran a sexta posición en Galiza.
En total, votaron perto de 1,1 millóns de galegos (47,28%), unha décima porcentual máis ca en 2004.
19.55 horas A participación dos galegos nas Europeas é similar á de 2004
Moi pouco animados estiveron este domingo os colexios electorais galegos. Porén, aínda que pola mañá a participación era dous puntos menor a de hai cinco anos, as primeiras horas da tarde trouxeron un repunte de electores. Segundo os datos oficiais das 18 horas, no país acudiran a votar un 35,36% dos electores, unha cifra practicamente idéntica á rexistrada en 2004 á mesma hora: 35,33%.
17h00: Avance de participación
A participación dos cidadáns e cidadás galegas nas eleccións ao Parlamento europeo, ás 14h00 deste domingo foi do 22,12%, un 2,21% menos que nos comicios desenvolvidos en 2004, segundo os datos oficiais do primeiro avance confirmados polo Ministerio do Interior.
O primeiro avance difundido hai cinco anos á mesma hora indicaba unha participación do 24,35% dos electores galegos. A participación en Galiza é 2,14 puntos inferior á rexistrada no resto do Estado.
11h15: Europa vota
Os cidadáns e cidadás do Estado Español escollen este domingo 50 eurodeputados, dos 736 que hai na Eurocámara, en aplicación do Tratado de Niza. Mais esta cifra ampliarase até 54, se se aproba en toda a UE o Tratado de Lisboa. Polo tanto, os catro candidatos que queden ás portas de ser elixidos, conseguirán un seu escano máis tarde, cando termine o proceso de ratificación que, por outro lado, está un bocado estancado.
Tras a xornada de reflexión deste sábado, o domingo vótase no Estado Español, onde se presentan 35 listas diferentes, e nelas máis de dous mil candidatos. Porén, no Reino Unido e nos Países Baixos os cidadáns xa acudiron ás urnas, e os italianos, checos, eslovacos, letóns, malteses e chipriotas votan este sábado.
En Galiza están chamados a votar 2,6 millóns de persoas
Por todo o país, en máis de 2.500 colexios electorais, hai situadas unhas 4.150 mesas, que foron constituídas ás 09h00 da mañá, e que están a funcionar ao cento por cento, sen incidencias. En Pontevedra, ademais, hai 1.336 mesas que nestes comicios experimentarán o sistema de reconto electrónico do voto, xunto coas cidades de Lleida (Cataluña) e Salamanca (Castela e León).
Nestas eleccións votarán un total de 6.368 galegos e galegas máis que nas do pasado 1 de marzo, as galegas. Trátase de mozos e mozas que acadaron a maioría de idade nestes tres meses. Porén, Galiza perdeu, nos últimos dous meses, 973 electores.
Deste xeito, este domingo están chamados a acudir ás urnas un total de 2.310.542 galegos e galegas residentes no país. A esta cifra hai que sumarlle os 337.338, dos que 1.981 son novos electores. Ademais, poderán emitir a súa papeleta en Galiza un total de 7.212 cidadáns e cidadás doutros países da Unión Europea que residen neste país.
En Socuéllamos (Ciudad Real), colegio electoral Gerardo Martinez, Distrito 03 Seccion 001 Mesa B no había papeletas de II. #europa09
6 minutos ago from web Interventores del PNV intentar que los apoderados de II-SP no se sienten en las mesas en Romo (Getxo) #europa09
14 minutos ago from web Faltaban papeletas, entre otras la nuestra, en un colegio de Ourense. El interventor de BNG dijo que no, que estaban todas. #europa09
32 minutos ago from web Parroquia San Severiano (Cádiz), las papeletas no estaban en la mesa, aunque si en la cabina. Deben estar en ambos sitios #europa09
44 minutos ago from web CNN+ abre los informativos mostrando nuestra papeleta y criminalizando. Delito electoral grave. #europa09
cerca de 1 hora ago from web Atención en el IES Bernart Merge, de Barcelona, mesa 139U. Se teme el pucherazo. #europa09
cerca de 1 hora ago from web En Vil.lamar de Sagunt no había papeletas en muchas mesas. Atención al posible pucherazo en el recuento! #europa09
cerca de 1 hora ago from web San Diego de Moratalaz, carta del Delegado del Gobierno diciendo que la candidatura de II-SP se había retirado. #europa09
cerca de 2 horas ago from web En Palma c/ Jacint Verdaguer las papeletas estaban escondidas en una caja cerrada debajo de una mesa. #europa09
cerca de 2 horas ago from web Detectamos la primera incidencia: nuestras papeletas estaban escondidas en Cerdanyola del Valles – Serraparrera - 08290. #europa09
A ver que xa non estamos en campaña, se tedes eses problemas acudide aos interventores ou por vía xudicial-electoral, aspectos deses pasan moitas veces nas mesas e rectifícanse. Xa está ben de criminalizar ao BNG pola vosa parte e dígoo polos "14 minutos", curiosamente cunha mensaxe en español. A ver se espabilades e deixades de facervos as vitimas. Na miña mesa había papeletas de todos.
Hai sitios onde as cabinas, á parte de seren escasas, teñen unhas cortinas ridículas, tan pequenas que é dubidoso que garantan o segredo do voto. Eu vin un detalle dun home que ía cun neno, e mentres el estaba na cabina collendo a papeleta para votar, o neno tiña que estar aguantándolle a cortina.
¿Será casual iso da escasez das cabinas e, sobre todo, con cortinas minúsculas? ¿A quen favorece? Eu lembro que só os grandes partidos son os que mandan a súa papeleta, coa correspondente propaganda, ás casas.
Debería estar prohibido mandar papeletas e sobres ás casas por correo. E debería ser obrigatorio ter os colexios elecotorais repletos de cabinas onde estean as papeletas de todos os partidos en cantidades superiores á do número de electores. E ningunha papeleta fóra das cabinas.
Concordo con Xeonllo. Non se debe traficar coas papeletas. O envío de papeletas por parte dos partidos é un tipo de propaganda que debería estar penado pola lei. A papeleta é un documento secreto e intransferíbel que un cidadán, que se acredita como tal, introduce nunha urna para elixir unha opción política. Debe, polo tanto, estar no espazo no que se atopa a mesa electoral e alí debe ser collida e usada como unha declaración de intencións. Ninguén debería entrar no local electoral coas papeletas no bolso. Iso é xogar cun concepto fundamental da vida democrática transformando a seriedade en picaresca.
Apesar das manipulaçons e das atitudes antidemocráticas de muita gente, espero que a lista da ruptura co sistema fique numha boa posiçom na Galiza e em todo o Estado.
...entre outras cousas porque já conheço um feixe de militantes e simpatizantes do nacionalismo galego institucional que hoje votam II-SP.
Alédome de que partidos que se posicionan abertamente a prol da autodeterminación dos pobos, reciban tantos apoios. Pero ca participación que se ve no cabezallo da nova, comezame a cheirar a dereita (outra ves)
a min o que me parece penoso é ver á xente diante das sedes dos partidos celebrándoo, como se fose un equipo de fútbol. cousa que noutros países europeos non ocorre, o que demostra, que moi ben dados non somos.
e cun 46% de participación, os resultados non deberían de ter ningún valor, porque non é nin a "metade (da poboación) + 1" que tanto defenden noutras ocasións.
vendo os resultados de Galiza, pois os nacionalistas podémonos agradecer de non ter máis representación, se fósemos votar os case 300.000 teríamos tranquilamente 1 escano máis, ben sexa por II-SP ou pola EdP-V..
A ver, pouco menos dos que votaron polo PP non o fixeron agora. Eses sempre votan aínda que fora pozi o candidato.
#12 ...ao lobo disfrazado de cordeiro
Un lobo que vainos levar a unha nova idade escura... imos bos
Caros, ainda pensais que isto do reino bourbónico é parecido a uma democracia à maneira de Ocidente?
Nem papeletas fora das cabinas, nem papeletas enviadas a casa, nem presidências tão timoratas como costumam ser, nem sequer isso de que o votante não possa votar por si, mas pela mão do/a presidente/a da mesa.
Formalmente isto do reino bourbónico não é democracia. Se nas formas mais aparentes não é, será democracia noutros aspetos?
É democrática a Audiencia Nacional ou a Ley anti-partido ou a impunidade do franquismo... ou a monarquia?
Non me negarás que Mayor Oreja ten aspecto de home lobo, pero non che enganes, por desgraza ten máis de home (malo) que de lobo (animal nobre).
E tan escura...¡¡imos bos de carallo!!
Continúo a pensar que vivimos nun país de merda dentro dun estado de merda e dun mundo de merda.
Non volverei votar por un partido nacionalista (BNG) mentres non vexa claramente unha actitude consecuente pola súa parte, é dicir, unha clara rectificación do que veu facendo ata o momento e do que fixo no goberno da Xunta e do uso da lingua por parte dos seus militantes con cargos públicos, ou sexa, dirixentes.
É por isso, pelo que acima digo, que os críticos devem não só criticas, mas sobretudo fazer. Digo fazer, não digo votar: Votar já se vê que fogem de votar... Mas com que pretextos?
En realidade non hai que facr autocritica ningunha, simplemente hai que ter medios de comunicación e repetir catro chorradas, e as ovella votarante fagas o que fagas, como lle pasa ó PP, esa é a chave da cuestión.
moscka tí de que vas? De animador de festas do PP, ou de moscka dos collons?
Viva Gaviopepero, o gallegoespañol "sin-cero", pero con máis menos que ninguén.
Tamén hai que ter en conta que a participación nas eleccións europeas está sendo sempre baixísima, de menos do 50%.
E quero comentar outra cousa: o feito de que en épocas de crise económica, desas terribles crises cíclicas do capitalismo, unhas peores que outras, o lóxico sería o avance da esquerda mais, estrañamente, ocorre o contrario.
#19 Micsha:
#20 Gaviotero:
Pero agora non diredes que ganaron os conservadores por cuestións lingüísticas. Pois se agora non, nas anteriores tampouco.
Ao Gaviotas cada vez que gaña algo o PP, dálle un orgamos. A ver se se vai a afogar como Kung-Fu.
Que pena que a dereita española sexa como este duo dinamico...en fin agora entendo porque a xente emigra a catalunya...
Lamento ter razón. A verdade é que a crónica estaba feita xa de hai meses. O congreso do BNG non fixo máis que refrendar a costa abaixo, alguén botaralle hoxe a culpa a calquera cousa, porque no BNG son expertos en botarlle a culpa a calquera cousa. Se non se decatan que teñen que virar o rumbo radicalmente e ofrecer todo o contrario do que agora ofertan, é dicir, un partido sobre todo aberto á sociedade, e que conecte coa mocidade, (esto último é importantísimo, porque a mocidade, ben porque está tola, (explicación BNG), ben porque non son quen de chegar a ela... pois votan a outros, ou non votan, iso é o que acontece.
Eu teño claro que a caída en picado do BNG é pola caída do voto xove. ¿Podemos seguir con iso do férreo control interno, coas caras de sempre, cos vividores de sempre, coas disculpas de sempre; cun BNG pechado, antipático, e con estructuras obsoletas como case sempre? A resposta máis vale que non estea no vento, e que alguén a teña clara, sobre todo vendo o fiasco das alternativas ao BNG que, como adoitan, non son quen de pasar dos tres mil votos. Panorama negro se non aparecen "timoneles" para relevar a "coroneles"
Eu teño claro que Gaviotero fai o comentario que fai, non por estar tamén el en estado virxinal, ou por arroutada mental. O que quere, obviamente é loubar a análise crítica xustamente para derrubar ou desprestixiar a análise crítica. Os errores que teña feito o BNG no goberno, non son comparables co estado de perpetuo caciquismo, enchufismo e tráfico de influencias que vivimos co PP, e que agora, un pouco por culpa nosa, estamos a reeditar. As loubanzas eu prefíroas mellor dos amigos, aproveito para quitarche un punto.
E mañán, no traballo, no instituto, no bar, na rúa... todo o mundo dirá que xa volveron gañar estos, que mira que é facha a xente, que como é posible que tantos voten polo PP, que esto é unha vergoña, que...bla, bla, bla. E será case imposible atopar unha persoa que admita abertamente que votou por esta extrema dereita que xa temos enriba; porque o voto entregado a estos elementos é, na meirande parte dos casos, vergoñento. Así nos vai o conto.
Mcnally amigo dos terroristas serao o teu tío-pai e a puta de túa nai. Estou até as pelotas de que se nos insulte con algo tan grave e ter que ficar calado. Se vos sodes os demócratas, que o voso deus nos pille confesados....
Mcnally, poñas como te poñas, os teus fillos estudarán a Méndez Ferrín na escola. Xa gobernou moitos anos xente máis fascista ca ti, e non foron quen de elimina-la nosa cultura.
Hala, paciencia e república.
Usar UPyD de visagra, ha, ha, ha... 14.019 votos. Vaia visagra máis potente quer usar o noso Braveheart del nacionalismo español. Galiza é a que é, UPyD que busca votos de odio cara as linguas que non sexan o castelán, aquí non triunfa, así que asimilas o que hai ou podes marchar.
Unha información que che pode servir de orientación na procura dun destino mellor:
UPyD Galicia: 1, 29%
UPyD Madrid: 6, 85%
UPyD Asturias: 4, 22%
Home Macnally, o da vitoria do PP é certo o de que UPyD ten futuro con 14.000 votos en Galiza, manda carallo na Habana
A miña análise: O PP gaña pola "crise" (que si lle tocara aos outros no governo sería ao revés, como en Irlanda). Na Galiza o PP gaña en cidades como de costume (Pontevedra por ex.), noutras anda moi igoal, e sigue a gañar nos sitios onde fan carretaxe (Chandrexa da Queixa, Beariz, etc), concretamente apañando votos o "padriño" Baltar, grande cacique. Cando fun votar, vi somentes a vellos. Os vellos non faltan endexamáis, e hoxe a xente xove decidiu non ir en moitos casos. E cando iso pasa, as vitorias do PP acadan resultados moi bos.
A esquerda española afúndese por mala xestión, corrupción e mala administración no Estado. Non é que o PP subira moito, é que o PSOE (a nivel estatal) perdeu moitos votantes.
A esquerda comunista galega (antes coñecida como nacionalismo), e dicir o BNG, afundiuse pola abstención, e pola pasaxe de votantes a Iniciativa Internacionalista. Guillerme Vázquez, que aprendeu a falar fai pouco tempo, artellando palabras típicas da esquerda sindicalista pasada de moda; foi coma unha cárrega pesada ancorou e rachou o barco nacionalista máis UPG cá nunca.
Iniciativa foi o refuxio dos do BNG que ven en Ferrín a unha grande figura, ou mesmo outra solución de esquerdas á desfeita do bloque invadido pola UPG.
Eu pensei na Galiza e no país, sen ollar moito ás esquedas e as dereitas. Non me gostan os marxistas nen os comunistas, odio á UPG e castiguei ao bloque. Entroques, sendo Iniciativo unha forza moi de esquerdas, vin na figura de Ferrín o galeguismo de certo que non se lle ve ao Vázquez. Coñezo a Ferrín e sei que antes de comunista é independentista. Coñece a Galiza extremeira coma ninguén (cando por exemplo Ana Pontón négaa), coñece a língua coma ninguén. Coñece moi ben o rural e as parroquias, cousa que non fan moitos señoritos urbáns do bloque. E por riba é celtista e fixo moitas obras de grande sona.
Fóra de lugar as palabras do lider do PSG felicitando só ás cidades, o mesmo que Guillerme Vázquez, esquecéndose do rural galego, que segue a ser o corazón do País.
O futuro vese moi mouro e entebrecido: O PSOE vai seguir baixando pola incompetencia de seu e as falcatruadas a nivel estatal, o nacionalismo irase dividindo ainda máis, virando moitos á esquerda facendo "experimentos" sociais sen senso. E ao PP chégalle con manter os votos de sempre e mesmo perder, total a moita da nosa xuventude dalle igoal todo.
E logo alguén esperaba algo diferente? Por que había de ser?
En tempo de crise económica o electorado (aquel que non fica na casa) tende sempre a mirar cara a dereita. O de hoxe, en toda a EU non é máis ca un simple exemplo. Claro, neste caso facilitado por unha centro-(pseudo)esquerda desnortada e rendida ante a impotencia da perda dos seus valores e ideais.
Por certo, por aquí, o BNP logrou o primeiro eurodeputado da súa historia. É, segundo el mesmo dixo, o primeiro paso para sacar a este país da ditadura da UE. O seu xefe de filas explica o seu avance electoral como a resposta dos cidadáns 'indíxenas' británicos (brancos, claro) ante o insoportable racismo daqueles que veñen de fóra a impoñer a súa cultura 'non-democrática' e 'non-cristiá'.
E a min que me sona este discurso....
Só unha cousiña máis: se nun suposto referendo, poñamos por caso, sobre o dereito de autodeterminación de Catalunya, a participación fose dun 46%, que dirían os que hoxe celebran?
Good night and good luck.
Por certo, na mesa que fun votar, faltaban papeis de Iniciativa Internacionalista, estando algunhas rachadas polo chan e outras no lixo con lendas de "etarras hijos de puta". Pedinlle ao presidente de mesa que "anovara as papeletas da mesa". Ergueuse e dixo que estaban todas. Fun á mesa da aula do lado e collín unha de II e volvín para votar. Supoño que pasou isto en moitos sitios.
Por certo, a TVG puxo porcentaxes do 0,04 % nos círculos de Os verdes, e non foi quen de poñer o de II, que nalgún sitio acadou máis que UPyD, incluindo en "outros" a Iniciativa.
Na TVE, o langrán de Rubalcaba (cerebro dos GAL)non deu datos de Iniciativa Internacionalista, dando datos de formacións que non acadaron deputados. Manipularon porque non querían quedar mal diante dos españois.
Esperemos que o BNG saque algo positivo desta nova derrota. Parece incríble. No 99 acadaron 350.000 votos e agora 100.000. No 99 acadaron tantos votos como a coalición Europa dos pobos nestas eleccións...
O único positivo que o bipartidismo descende a nivel estatal e que o Bloco de esquerdas é a terceira forza en Portugal.
no BNG fai mais fai mais falta NOS que EU.
unidade e intensidade.
as feitas são as q contam. mobilização!
O último que apague a luz
(mensaxe do BNG)
Dúas grandes conclusións a tirar destas eleccións:
1ª) A debacle da esquerda institucional, submetida cada vez máis a unha praxe que en case nada se diferenza da dereita. Así, a xente prefire votar ao orixinal que a unha mala fotocopia. Subliñar o desastre do BNG, en caída libre, mergullado como está en facerse un partido de "orde", homologado e progresivamente alleado das súas bases combativas que o fixeron grande noutro tempo.
2ª)A consolidación dunha alternativa anticapitalista europea, onde o NPA francés de Besancenot e moi salientablemente o partido irmán portugués do Bloco de Esquerda (que participou activamente na campaña de Esquerda Anticapitalista tanto en Galiza como no Estado Español)demostraron que se pode falar claro cunha mensaxe de esquerda coerente a prol dos dereitos dos traballadores e das clases oprimidas.
En Galiza e no Estado ESpañol, Esquerda Anticapitalista, con a penas 6 meses de vida, nace tamén para quedarse e pular polo agrupamento de todos os que están por mudar de sistema.
Dúas estratexias, dous camiños quedan marcados para o futuro....
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com
Izquierda-derecha
Izquierda-derecha-izquierda
e unha merda !!!
Gañou a abstención, perdeu o sistema.
Gañou a abstención, perderon os social-colaboracionistas.
A abstención gañou e a esquerda parlamentaria non é visagra (como en Euskadi)
máis que para a caverna de amargaos e ananos acomplexados en que se converteu o franquismo sociolóxico (PP, upeydeiros, falanges...)
Así que, señoras e señores progres, ide pensando en voltar connosco á realidade, á rúa e á crise.
Gañou a abstención, mais NON perdeu o sistema. A esacasa participación nas europeas foi sempre o normal ata o momento. A novidade sería que houbese unha participación maior.
Pois isto é algo do que ninguem duvidava...
1. O BNG vai caminho de se afiançar como uma força quase-residual: nesse 6-9% de votos. Igual que EA, Aralar ou ERC.
2. O BNG chegou a ser 2ª força, não por ser mais ou menos "revolucionária", mas por conectar com a mocidade de jeito total e por transmitir a ideia dum país novo e possível, real, que podiamos enxergar.
Agora há que decidir: todos "juntos" caminho desse partido "caxato" (ao igual que ERC, IU, Die Linke, O bloco...) ou conformação dum partido com vocação majoritária. No primeiro caso prima a defessa dos princípios prográmaticos, no segundo a adaptação à sociedade mantendo uns mínimos.
O Parlamento europeu non está lexitimado con estes resultados, nin cos anteriores. Nin cos das eleccións á Xunta... O sistema falla: voto cautivo da caverna ultra fronte á cidadanía anoxada coas políticas reformistas que apuntalan a crise subvencionando aos bancos.
Insisto: a rúa debe falar...
Pra quem vam ir os quatro deputados quando se aprovar o Tratado de Lisboa?
Analise:
Quem manda é o capital. A democracia burguesa é umha pantomima. Jogando com a regras dos privilegiados, os operarios perderam sempre.
Desde que caira o muro de Berlim, o estado do bem-estar é desnecesario e a esquerda (social-democracia incluida) é desnecesaria. Estam a finiquitar tudo progressivamente.
Jogamos um pouco até agora porque nos deixaram a pelota. Isso rematou-se amigos.
A crise nom é tal. É simplesmente umha nova fase na que o capitalismo vai-se desprender do que ja nom precisa.
Vai ser duro. Ja o sabem e por isso estam-se a preparar para a guerra urbana contra milhoes de desempregados anojados.
Polo demais confiam no egoismo, no individualismo e na passividade.
O unico que nos pode salvar do caos é a solidariedade. Ide dizendo adeus ao vosso estilo de vida e preparai-vos pra voltar ao comunitarismo. E nom falo de ideologia, falo de supervivencia. Ou somos quem de criar comunidades solidarias mais ou memos autosuficientes ou vamos ir tomar polo cu.
Conspiranoia apocaliptica? Ao tempo.
Tenho amigos que estam a investir em ouro. Grave erro. Comprai terra. O ouro nom se come.
Galiza vai na cabeza de España nunha cousa. Adivinade en Qué.
Galiza e a babelia de España, na mentres tódolos galegos non falemos a mesma lingua isto no e país nin farrapo de gaita.
Eiquí unhos falan castrapo, outros galego e unha terceira parte falan portugués na escritura aínda que logo falan galego con os demais.
O que si e certo e que estamos a dar unha imaxe de mestura de tribus medievais.
Hai que deixarse de tonterías, de que se as cabinas non sei que, se había papeletas ou non as había, por suposto se non había papeletas de I.I. a culpa é do BNG. Iso está claro. Tamén o BNG ten a culpa do cambio climático, e penso que da desaparición do avión ese que ía de Brasil a Franza tamén algo terá que ver o BNG. En fin, temos o país que temos e que lle imos facer. O mellor é que desapareza o BNG, que desapareza a UPG, e que a responsabilidade de defender o país a teñan os de Nós-UP e a Frente Popular Galega, Movemento Pola Base, toda esta xente que está moito máis preparada e máis comprometida que os señoritos do BNG. Así xa logo desaparecerá Galiza tamén...
Cando chegan momentos malos na economía a xente non confía no nacionalismo para solucionalos. Esto é o que è preciso analisar.
Deixádevos de caralladas, Galiza e de dereitas, na mentras non haxa un partido galeguista conservador, xa lle podemos dar as voltas que sexan.
Os galegos arrepían do marxismo leninismo, mételles medo, iso e o que hai. Hoxe en día o PP recolle o voto galeguista de dereitas, vos poñades como vos sala do carallo.
alpabarda, ¿queres dicir que os nacionalistas non saben administrar? non me fodas. ¿Paréceche pouco o que leva roubado a dereita en Galiza?
O de Galicia xa ven sendo unha repetición da historia de España do século XIX. Cando ao paso de Fernando VII, "El Deseado", os seus súbditos berraban:
"VIVAN LAS CADENAS!"
Na galiza as alternativas o p.p dereita con desventaxe, refírome a que case todolos medios de comunicación están controlados,non son plurais e manipulan con gañas...,inda por riba a cultura política do pobo, e sentido crítico da xente, brilla pola súa ausencia...frases como: é o que hai, que se vai facer,etc...,o conformismo, só reaccionamos cando a desfeita non ten remedio...así lúcenos o pelo.
Non é intre de botarnos os trastos a testa, entre uns e outros que se b.n.g, que se outos, etc...é intre de empezar a erguerse, é momento de pelexar,insistir,loitar..., todos collemos no mesmo barco,sabemos o destiño da viaxe, o importamte é chegar, inda que haxa rutas similares... BASTA XA DE BÁGOAS E LAMENTACIONS!!! (iba a rematar con PODEMOS,pero paso...)
Raçâo tenhem cando,no estranxeiro,consideram o Estadoo Espanhol como dos mais corruptos da U.E..
Xa acontecéu cando o do Presstige.Percuremos dinheiro,que,com él,podese conquerir todo.Ha moita xentinha que está a dispossiçâo do muilhor postor.O dito;"percuremos o dinheiro,que o corrupto xa o temos".
Creador
Deixémonos de comparar co pp. Eu dixen que a xente non ve no nacionalismo galego unha organización con xestores, senon un conxunto de nacionalistas que defenden a Galiza e eso, como é obvio, non abonda para gobernar un país.
Mirade, as cousas como son, o PP gañou xa esta punto pelota. AUTOCRÍTICA!!!!!!! Na mesa na que votei non había papeletas polo chan, nin outras que estiveran rachadas nin farrapos de gaitas. Se noutras mesas houbo, a denunciar, e non quedar na casa rosmando.
O BNG hoxe en día da unha sensación de banda, o anuncio na televisión era vergoñento, o Guillerme parecía que levaba unhas cantas cuncas de ribeiro. A sensación era dun partido marxinal, e sen ideas.
O BNG vai polo camiño da autoafirmación, recuperar os votos da esquerda e só da esquerda. Pois agora sería o momento de que nacera un partido de centro-dereita nacionalista, coido que se nestes intres non aparece ningún, Galiza será tan española coma Extremadura.
A construcción nacional deste país naceu coxa, e segue coxa sen a dereita. O Quin intentou artexar un partido nacionalista que fora socialdemócrata, e mesmo co BNG fora un partido, o mais sensato, agora iso xa non o hai, cal é a seguinte excusa do fracaso dos votantes mais esquerdistas do BNG?
a ver cando fan un estudo sociolóxico e sacan conclusións de porqué os conservadores teñen ese impulso natural de ir sempre a votar..porque nunca están descontentos,eles sempre votan..
mi madriña que xente mási rara!!
pero bueno,o resultado todos sabemos que é trampa, para rajoy,para feijoo,pero por desgraza saimos perxudicados en Estrasburgo, ogallá Ana Miranda faga bem o seu traballo!;)
Ben, o autoodio chega ás urnas. O autocomplexo cultural cabe pola rendixa da caixa transparente. O Partido Popular de las Españas, antes Alianza Popular, que por "imposición" da Transición non puido continuar coa prohibición do noso excelso e magno idioma galego, conseguiu que a xente apoiase a Goliat. Os xibraltareños queren ser ingleses. Cantos hispanos que chegan a Estados Unidos de América tornan patriotas estadounidenses? (incluso utilizan preferentemente o inglés, en detrimento do seu materno "español" por motivos parecidos aos que os galegos -sobre todo os "aldeáns" que van ás cidades- deixan o seu materno e propio galego para utilizaren o idioma "forte"; o do Imperio-) Bastantes. Cantos galegos reventarían a máquina da verdade se ante a pregunta de "Sente vostede algún tipo de cousa negativa, complexo ou prexuízo por ser galego ou por utilizar a lingua galega?" respostan un non? Estou seguro que case o 100% dos votantes do PP, que a aplastante maioría falan castelán habitualmente e outros moitos incluso se negan a falar en galego, reventarían a máquina no caso de respostar con un non á devandita pregunta. Os renegados foron educados por pais e nais ¬¬ manda carallo! Eses pais e esas nais foron as culpábeis de inculcarlle ese autoodio e ese repudio pola galeguidade, non así da hispanidade e do españolismo, que lle inculcaron a supremacía española e o poder que representa España e a debilidade e desgraza que representa ser só galego ou incluso compartir "sentimento" (galego-español e viceversa). Ser de Alicia con G diante o A representa para moitos cargar coa pedra que leva Ovélix ás costas, pero sen pócima! Ser de Galiza, escrito no noso idioma e sen adulteracións católicas-españólicas, sen máis para algúns é unha enfermidade que hai que evitar e da que hai que vacinarse. Como? Pois votando ao PP, ese conservador e antigalego partido, pro-imperialista, clasista, capitalista e españolista dirixido na actualidade (oficialmente) por un galego. Franco era galego, do Ferrol, e Rajoy tamén é galego... Nunca oín falar a Rajoy en galego: iso para Min é un insulto dos máis grandes que me pode proferir ese ridículo político, escravo da súa "eshe" que lle impide imprimir un carácter "serio" e que polas mentiras na catástrofe do petroleiro Prestige nunca terá o meu perdón. Que pouquiña memoria ten a xente!. De todos os xeitos, Eu denantes morto que escravo. Como o meu compatriota Daniel... Loitarei polo meu idioma e por Galiza até a fin!!! A lóxica é falar e escribir en galego, nas escolas, nas cabinas dos Disc Jockeys e nos casinos... A imposición é a do castelán: o galego é o natural (e o lóxico). Forza GZ!!!
Ave María purísima.
Hermanos:
Hoy es un día grato para todos los buenos gallegos y españoles, hoy es un día grato para el pueblo de Dios, puesto que en las elecciones de ayer han ganado las fuerzas del bien sobre la Antiespaña.
Este obispo se congratula especialmente por el gran resultado obtenido por el PP en nuestra querida región gallega, la cual, tras el desliz de los cuatro años pasados de gobierno rojo-separatista, ha retornado a la buena senda, la que permanece fiel a los principios fundamentales del Movimiento Nacional.
Sin más, me despido enviándoos mi bendición apostólica.
VIVA GALICIA BILINGÜE
VIVA EL PARTIDO POPULAR
VIVA ROUCO VARELA
VIVA FEDERICO JIMÉNEZ LOSANTOS
VIVA FRANCO, ARRIBA ESPAÑA
Palabra de Dios.
O mellor destas eleccións foron os resultados de II en Euskal Herria, onde se colocou como terceira forza política, só por detrás do PNV e PSOE.
O voto nacionalista baixou en Galicia un 25%.
Parecía que o BNG estaba salvándose da queima nacionalista, quizáis porque con Quintana o BNG tinha un perfil mais centrista que freaba un pouco esa caída.
Parece que a opción UPG non consegue manter os votos, pero na Corunha os "irmandinhos" Quique Tello e López Rico tampouco.
Por certo Bertus, en Euskadi o PP sacou máis votos ca II. Se contamos Nafarroa (Eukal Herría non existe sen Nafarroa) a diferencia entre PP e II é abismal.
mnawe, certo o que dis, eu vin unhas declaracións de Otegui nas que dicía que conseguiran ser a terceira forza política de EH. Pero o certo é que os votos que tivo II en EH foron un rotundo éxito prá esquerda independentista vasca, que foi a que máis votos subeu alá. Foi a terceira forza política no País Vasco, cos mesmos votos ca o PP, e en Navarra.
O bloque ten principalmente, que non so, tres problemas:
1- Coquetea coa dereita e coquetea ca esquerda, o final non lle votan nin os de dereitas nin os de esquerdas.
2- A falta dun líder carismatico como era Beiras, cousa que acho que vai ser case imposible atopar alguén asi.
3- Perderon como se di vulgarmente a rúa, o apoio social, sobre todo entre a xente moza.
Se as cousas seguen no mesma linha que ata o de agora o final do BNG está en ser un partido residual, de acadar o 5%,6% ou 7% dos votos.
Eu sempre fun votante do BNG, cada vez menos convencido, e nestas eleccións votei por II, basicamente porque non gosto de como se estan a levar as cousas no BNG.
Contan que cando Deus creou o mundo, para que os homes e mulleres prosperasen decidiu concederlles dúas virtudes. Así fixo:
Aos suízos fíxoos ordenados e cumpridores da Lei.
Aos ingleses fíxoos persistentes e estudosos.
Aos xaponeses fíxoos traballadores e pacientes.
Aos italianos alegres e románticos.
Aos franceses fíxoos cultos e refinados.
E cando chegou aos galegos, volveuse cara ao anxo que tomaba nota e díxolle:
"Os galegos e as galegas van a ser intelixentes, boas persoas e do Partido Popular"
Cando acabou de crear o mundo, o anxo díxolle a Deus:
"Señor, díchelle a tódolos pobos dúas virtudes e aos galegos tres. Isto fará que prevalezan sobre tódolos demais"
"Anda!!, pois é verdade!!, mais como as virtudes divinas non se poden quitar, os galegos terán tres, pero a mesma persoa non poderá ter máis de dúas virtudes á vez"
E así foi:
O galego que é boa persoa e do Partido Popular, non pode ser intelixente.
O que é intelixente e do Partido Popular, non pode ser boa persoa.
E o que é intelixente e boa persoa, non pode ser do Partido Popular.
MCXOSE
Se coñecemos as claves,¿Por qué non as usamos?
Hai que darlle un pouco máis de tempo ao BNG para vermos se despois das eleccións autonómicas os cambios feitos na dirección van dar algunha viraxe na súa actuación ou non. O feito de ir nestas eleccións europeas con outros aliados haberá que ver se é significativo ou non dun cambio de rumbo.
Se as cousas fosen igual que ata o momento, eu non votaría por eles no sucesivo, cousa que ten moitas papeletas para facerse realidade, polo menos a nivel municipal do meu concello, onde sería necesario un cambio forte, e non me parece probable.
Nestas eleccións europeas non houbo tempo para que ninguén vese o posible cambio no BNG, mais se xulgásemos por elas, resultado que mantén o avance cara ao abismo.
Coido que os cidadáns que cremos na nosa Nación temos que deixar de laiarnos e votar por partidos que defendan á mesma (o BNG é o máis importante deles ata o de agora). Quedar na casa e o deixar que os que non cren no país o representen e o gobernen é unha pésima idea. Ánimo a todos, saúde Galiza.
k3ltoi, non é certo que o BNG "coquetee coa dereita e ca esquerda, o final non lle votan nin os de dereitas nin os de esquerdas"
Básicamente porque á esquerda do BNG hai 15000 votos. Á dereita hai un millón.
mnawe: pois xa explicaras tí como nos 90 pasaban dos 300.000 votos ¿daquela os de dereitas tamen votaban BNG?
A dereita máis reaccionaria pero con aparenza de modernidade está na Xunta, xon xoves altamente preparados, linguistas, avogados, funcionarios de alto standig. Están que se salen. Xa non teñen ao vello de mandarica. Por fín están liberados. Agora cómpren ir ao meollo da cuestión. Fóra o galego, esa paletada de idioma que só falan os das aldeas e catro "mataos". Preguntémolles aos pais e nais si qfalar os seus fillos, xa verán estes "paletos" "bloqueiros" o que é a democracia. E mentras tanto a dereita fascista cabalga, nós non imos votar e seguimos pensando que somos de esquerdas e nacionalistas.
-qúe guai, que chupi, que ven me sento, por fín estes bloqueiros cada vez van a menos, estamolo conseguindo, ai, ai, ai.... Qué de esquerdas me sintoooooo. Agora só queda o sindicato nacionalista, ah, é verdade, xá temos uns independentes de ferrol´, fodendo ca pelotita.
#37, 39: hahahaha! O nazi Cuevillas, um reaccionário, homófobo, tradicionalista católico, anti-marxista confeso... votou por Iniciativa Internacionalista! Bwahahaha! E ainda se justifica em que Ferrín é "antes independentista que comunista" (a sério?) e celtista! Mas como se pode ter tal empada mental!?
Pido desculpas, porque já sei que o comentário não tem muito nivel, mas... tinha que dizi-lo! XD
Só se somos quen de xuntar a esquerda que vive na Galiza seremos quen de criar comunidade humana con futuro.como se chama iso?
Así que á esquerda do Bloque hai 15000 votos e á dereita un millón! Iso traducido en euros ten que ser a hostia...
Fica claro que o BNG ten que mudar de rumbo e abrirse á sociedade, incorporando máis militancia, incluso galeguistas de ideoloxía centrista e liberarse do dogmatismo esquerdista. Ou iso, ou será preciso crear un novo partido nacionalista de centro na Galiza, para acabar coa abafante hexemonía PPera.
Fica clarísimo que xa mudou de rumbo, que se abriu a non sei qué e que se aliou co centro - direita (o psoe) cos resultados que se viron o primeiro de Marzo.
Os que tanto falan do "dogmatismo" esquerdista que vaian ghobernar a súa casa. esa casa da dereita. A que nunca muda e está sempre unida.
Pola outra banda, no post #12, Brath chama "ovellas" á xente. Ese foi outro erro. Pensar que a xente son ovellas. Iso é o principio do fin. Cando se lle perde o respeto á xente (incluso cando é tan duro ver a clase obreira votar pp)os políticos xa non serven. E os políticos de esquerda que menosprezan á xente, moito menos.
#81 O BNG xa colleu timidamente ese camiño, o que leva a ese suposto centro político. E moito se falou de abrirse á sociedade. E mira como estamos; non se acadou o voto centrista pretendido, e perdeuse unha parte moi importante dos votantes naturais e fieis.
A cegueira foi tremenda, porque non é por aí por onde a organización ten que ir.
O traballo, coido que moi necesario para o pais, de ocupar o espazo de centro-dereita galeguista, teñen que facelo outros.
"Na sociedade do espetáculo, os períodos eleitorais tornaram-se um dos momentos mais despolitizados da vida em sociedade."
André Azevedo da Fonseca
galeguista e Indixenanoapartheid
O camiño que ten que coller o BNG é liderar a sociedade en base a que a organización esté composta por os mellores de esa sociedade, que non só garantizan a superviviencia do Pobo Galego senon que son quen de representala e xestiona do xeito máis eficiente posible.
Esto pode ser máis ou menos complexo de acadar, máis o primeiro é poñelo como obxetivo e fixar o plan para alcanzalo.
Algun din que o BNG ten que xirar cara o centro... e liberarse dos esquerdismos marxistas e cousas polo estilo, ou ha que criar un partido de dereitas galeguista. Pareceme unha idea perfecta, o BNG ten que ser coerente ou coa esquerda ou coa dereita, galeguista se quere.
O que non pode facer e seguir sendo como o "perro del hortelano", que nin come nin deixa comer. Xogando ao que xa non é, de esquerdas. Aymerich, Quintana, Miranda, etc., non son de esquerdas, son de centro... esquerda, se queres.
A UPG ten unha disiuntiva moi forte: ou con eles, ou coa esquerda.
Por outra banda. O PP na Galiza non foi moi diferente que o PP de zonas mais, supostamente, desenvolvidas como Valencia ou Madrid. Alen máis, o PP de Galiza, ainda que todos sabemos quen é Baltar, ainda non ten un Fabra (diputacion de Castellon), acusado e imputado en non se sabe cantos delictos, ou un Camps, tamen imputado. E de Espe Aguirre, que contades... se é a cacique máis grande da historia (ten o aparello do estado para os seus negocios). E suben... e non son os "atrasados" galegos.
A ver se nos decatamos, tras case todo votante do PP existe un corrupto que quere selo, e por iso non lle afectan as denuncias de corrupcion. Detras dos Fabras, Camps, Aguirres existen millons de "fabritas", "campitos" ou "aguirritos", corruptos a cotio, no seu traballo cando son esquiroles, como capataces e encargados, ou como pequenos e medianos empresarios que deixan de pagar a facenda o que terían que pagar, facendo todas as trampas que sexan necesarias.
Por iso non lles afecta. A quen lle afecta a corrupcion é a chamada "esquerda", porque ten que ser como a muller do Cesar, non só basta con selo, ten que parecelo. Aos do PP non lles interesa, son.
Por iso, en Valencia, Madrid ou Galiza, ou Castela ou a dereita catalana de CiU, mantense aí.
A esquerda ten que reconstruirse, e para iso ten que ter claras moitas cousas, entre outras e sobre todo, que non pode parecerse nin de lonxe á dereita. No intre no que demostre que ten algo en comun, os seus votantes fuxiran, e con toda a razon, como da peste.
E isto foi que lle pasa ao BNG e ao PSOE, tanto queren o voto do "centro", que semellan de "centro". E resulta que a maioira da poboacion galega (o 70%) vive do seu salario, e non pode facer as falcautradas co IVA, co IRPF e demáis negocios, que calquer autonomo, empresario, grande ou pequeno, pode facer. Llo descontan da nomina e o paga na factura sen poder descontalo.
Por iso, o asalariado e a asalariada non perdoan que os seus partidos semellen o inimigo da dereita. Cuidado, existen asalariados e asalariadas que votan a dereita, mais son os menos, e ademáis, como dixo o outro, "non hai pior tonto, que un obreiro votando á dereita".
Ben. A rexeneracion da esquerda pasa pola sua clarificacion politica e organizativa... mentras non se faga así, a abstencion dos asalariados sera masiva.
Para o que preguntou se ao BNG votábano os de dereitas. Eu sí téñoo votado, e non esquezas que no BNG hai xente de dereitas. Mágoa que os que manden son sindicalistas de Armani. Eso sí, vestidos de vermello.
Nin unha palabra en Vieiros sobre II, nin antes nin despois.
Ao parecer moita xente está a denunciar un pucheirazo: http://www.kaosenlared.net/not...
Constatan desviaciones de votos de Iniciativa Internacionalista en al menos 24 localidades vascas
El cómputo realizado en Hego Euskal Herria por los interventores de II-SP otorgan a la candidatura liderada por Alfonso Sastre la tercera fuerza en la CAV, al igual que en Nafarroa. GARA ha podido comprobar que el Ministerio del Inte- rior español ha despojado a esta lista de al menos 1.800 votos en 24 municipios vascos. El espectacular incremento de votos nulos y blancos en el Estado español hace, además, sospechar que las irregularidades han sido una constante.
bozkak.jpg
Oihana LLORENTE |
En la noche del domingo, el Ministerio español de Interior otorgó 113 votos a la candidatura POSI en Amezketa y ninguno a II-SP. Éste fue uno de los datos que encendió la alarma, pero durante la jornada de ayer la cascada de informaciones sobre la alteración de resultados fue incesante. Y más aún en el resto del Estado español, donde ha llamado la atención sobremanera el alto número de votos nulos (98.079) y blancos (220.179), máxime cuando la abstención marcó la jornada electoral.
En lo que respecta a Hego Euskal Herria, hay datos constatados. GARA ha podido comprobar que hay al menos 1.800 votos que los interventores de II-SP constataron como suyos pero que en el escrutinio oficial, realizado por el Ministerio español, han ido a parar a otras candidaturas. Esta cuantía de votos altera el escrutinio final situando a la lista encabezada por Alfonso Sastre en tercera posición en el conjunto de Araba, Gipuzkoa y Bizkaia, al igual que ocurre en Nafarroa.
Al parecer la irregularidad no se produce a la hora de contabilizar los datos en las mesas electorales, ya que como se muestra en la imagen superior las actas de registro del escrutinio asignan, en la mayoría de los casos, esos votos a la candidatura de Alfonso Sastre. El «error» parece estar a la hora de informatizar los votos por parte del Ministerio de Alfredo Pérez Rubalcaba.
La primera irregularidad es el número asignado a la candidatura II-SP, ya que mientras que en la papeleta y en las listas de candidaturas registradas se le otorga el número 31, en los impresos de las actas de escrutinio este número corresponde a Democracia Nacional y la lista de Alfonso Sastre pasa a precederle en el puesto 30.
Esta anomalía produce que muchos votos abertzales acaben yendo a parar a esta candidatura españolista que ha triplicado sus votos en Hego Euskal Herria, con resultados tan llamativos como 73 votos en Soraluze -cuando nunca había cosechado ninguno-, 53 en Legazpi y 78 en Villabona.
Sin embargo, el cambio de orden entre candidaturas no aclara la pérdida de votos de II-SP en numerosos municipios vascos, donde listas tan desconocidas como Unión Nacionalista Asturiana, Movimiento Social Republicano, POSI, UCE o SAIN han llegado a ser incluso primera fuerza, como ocurre con el POSI en Amezketa.
En Zumarraga, 219 de votos contabilizados por los interventores de II-SP han ido a parar a la lista del Movimiento Social Republicano, candidatura que se estrena en Gipuzkoa con un total de 267 votos.
Pese a que es en Gipuzkoa en donde GARA ha constatado más irregularidades, no es el único herrialde en que ocurre. En la localidad navarra de Mañeru los 18 sufragios de II-SP se los han computado a la asturiana UNA. Según el recuento oficial, la lista de Sastre tampoco recabó ningún apoyo en Erronkari, donde «desaparecen» los catorce contabilizados por el interventor de la coalición. En Etxalar, según el Ministerio tan sólo fueron tres los habitantes que apoyaron a II-SP, cuando el acta de escrutinio contabilizó 94.
En lo que respecta al resto del Estado español, el espectacular incremento de votos nulos y blancos ha sido alarmante, con un incremento de 57.000 en el primero y de 125.000 en el segundo en comparación con los comicios de hace cinco años. El voto blanco se ha convertido en la séptima fuerza en el Estado español, con especial relevancia en provincias como Barcelona y Madrid. En la primera se han dado 33.144 votos en blanco más que en las anteriores.
Más allá de estos simples indicios, existen algunos datos objetivos que hacen pensar en más irregularidades fuera de Euskal Herria, como las quejas llegadas desde Gandía, Castelló o Málaga, donde aseguran que los datos de las actas y del Ministerio español tampoco concuerdan.
Desde Madrid denunciaron además que las papeletas de II-SP llegaron a los colegios electorales con fallos de imprenta, lo que les hace pensar que han podido ser contabilizadas como nulas. Asimismo, cabe recordar los numerosos colegios en que ni siquiera hubo papeletas, como se denunció el domingo.
Los datos que ha divulgado el Ministerio español de Interior son, por ahora, provisionales. No se harán definitivos hasta que la Junta Electoral Central estudie y resuelva las impugnaciones y los proclame oficialmente, además de sumar los votos de los residentes en el extranjero.
Será mañana a partir de las 10.00 cuando se haga el recuento oficial en cada junta provincial. Luis Ocampo, representante general de Iniciativa Inter- nacionalista, ha pedido a los apoderados que acudan a las mismas. Ocampo no ocultó su temor de que se haya podido producir un «pucherazo» en torno a estas elecciones, por lo que aseguró que denunciarán todas las irregularidades que detecten. En declaraciones a GARA, apuntó incluso la opción de impugnar los comicios si observaran «una manipulación de suficiente importancia». En las próximas horas analizarán los datos con la ayuda de expertos.
Entre los datos que le hacen pensar en un fraude, citó que en Castilla-León, Castilla La Mancha y La Rioja Izquierda Castellana ha bajado de su voto tradicional entre el 50 y el 75 %.
Não é correto copiar aqui um texto de tão longo, e acima de outro jornal, mas a ver se Vieiros faz JORNALISMO.
Que diante deste tremendo pucheirazo não se diga nada, tampouco é correto.
Home #80 Raiola, dos que escriben aquí, poucos ou case ninguén saíu do goberno ou nos ves cornos de touriños? e se Feijóo non está aínda gozando do despacho da Xunta, Gaviotero xa méxase de gusto.
Puxémosche máis de cinco negativos, para poder despregar o teu comentario, como góstache a ti.
A CIG destapa a existencia de tratos de favor a empresas vinculadas ao PPdeG
Edición xeral
Luz verde á Lei Ómnibus co 'Non' do BNG, que pedía blindar as condicións laborais e garantir deberes lingüísticos
Edición xeral
"Que impere a razón", reclámalle Vázquez a Zapatero ao fío das caixas
Edición xeral