Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
referendo local

Un concello catalán convoca unha consulta sobre a independencia do país

O municipio de Arenys de Munt ten pensado preguntarlles aos seus veciños que opinan sobre a independencia de Cataluña o vindeiro 13 de setembro.

Redacción - 09:00 10/06/2009
O alcalde de Arenys de Munt, Carles Móra i Tuxans

O alcalde de Arenys de Munt, Carles Móra i Tuxans

O Concello de Arenys de Munt é o primeiro que ha convocar oficialmente unha consulta popular sobre a independencia de Cataluña.

A consulta farase nesta vila da Comarca do Maresme o vindeiro 13 de setembro e terá unha única pregunta: "Estarías de acordo coa proclamación de Cataluña como un estado independente dentro a Unión Europea?".

O referendo a nivel local é unha iniciativa do rexedor, Carles Móra i Tuxans (de AM2000) e obtivo o apoio de todos os grupos políticos representados na corporación municipal, excepto o do PSC. Nas vindeiras semanas, o Concello redactará un regulamento sobre a campaña electoral e a votación. Segundo publica o diario electrónico catalán Vilaweb, xa hai unha serie de municipios que están considerando a posibilidade de seguir os pasos de Arenys de Munt.


4.73/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: