ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Comunicado conxunto

Sindicatos e colectivos educativos unen voz a prol do respecto ao galego nas aulas

Unha ducia de asociacións representativas da comunidade educativa xuntan esforzos para transmitirlle á sociedade a preocupación polos pasos recentes da Xunta.

Redacción - 11:45 10/06/2009

Achegámoslles o posicionamento común acordado por estes colectivos:

"As organizacións con presenza no ámbito da educación abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos, e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.

2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.

3. O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía aos centros o mantemento deste equilibrio tan só se garantiría marcando a resposta “en galego” ou “todo en galego”. Esta opción non se refire á totalidade do ensino, senón ás materias que habería que impartir hoxe en galego –o 50%- xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias, agás as linguas, poidan ser impartidas en galego".

Asinan:
CIG · CCOO · CSI-CSIF · FETE-UGT · STEG · Comités · AS-PG · Nova Escola Galega · Asociación de Directores e Directivos de IES de Galicia · Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra · Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística · A Mesa pola Normalización Lingüística.


4,84/5 (37 votos)


Comentarios (25)

Raimundo #1 10/Xuño/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



alboiando #2 10/Xuño/2009 alboiando
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

a unión neste contexto é condición necesaria para o éxito, que sexa suficiente non o teño tan claro...

Nel #3 10/Xuño/2009 Nel
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Moi importante acordo... Se a Xunta quere consenso, aquí o ten ;-) O consenso é o do PXNLG de 2004!

jujolor #4 10/Xuño/2009 jujolor
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

todeo temos que aprender a falar idiomas
Galego xa que e o lingua do noso pais
Castelan do estado Plurinacional Español
Ingles xa que e universal
deste xeito nom averia ningun tipo de conflicto

mais si o que se pretende e ferir a o primeiro que e o noso
propio ahi si avera conflicto

sempre en galiza
nom poderan cos galegos e o galego

jujolor #5 10/Xuño/2009 jujolor
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

http://galego.org/historia/esc...

sempre en galiza
nom poderan cos galegos e o galego

Lead_bocas #6 10/Xuño/2009 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Desde que conseguimos que a dereita tragase coa escola pública todos os nenos galegos aprenden e dominan o español.

Se a Xunta se bota ao monte para que os nenos non aprendan o galego a Xunta debe desaparecer.

Benchosei #7 10/Xuño/2009 Benchosei
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Na Galiza en galego e en Galicia, tamén.

AGIL #8 10/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Em (#2) alboiando diz: «a unión neste contexto é condición necesaria para o éxito, que sexa suficiente non o teño tan claro...»
...
COM.- Concordo, mas com alguma precisão "nada importante":

1.- Todos esses e mais deveriam ter bem claro nesta altura do filme que o "galego" que a "Xunta" promove ou despromove apenas é instrumento de assimilação do Galego ao castelhano.

2.- Quero dizer: A mesma política (espaÑola) de não considerar e fazer com que o Galego seja deveras a "língua própria da Galiza" (o reino mandou dizendo "lengua propia de Galicia", que por cá traduzem "lingua propia de Galicia"), essa política, de estado, é a que impõe o aprendizado (exclusivo) das NOMIGa.

3.- Porque as NOMIGa foram feitas para que a assimilação do Galego pelo castelhano fosse mais suavemente induzida e admitida.

4.- O objetivo, a solução final, é a dos nazi com os judeus: o extermínio da língua galega e dos galegofalantes (não fisicamente, por agora, mas enquanto galegofalantes) e, como pouco, a redução da cultura galega à gastronomia e ao folclore superficial ("Coros y danzas"... com gaitas escocesas...).

5.- Por isso, os unidos deveriam também exigir outras mudanças, não só no campo do ensino: Dignificação da língua da Galiza, respeito pela legalidade do reino no que atinge ao direito de conhecer e usar a língua própria, ... e, pelo menos, cumprimento do que desde 1970 está nas leis de educação do reino, possibilidade de estudar português no ensino.

sursumcorda #9 10/Xuño/2009 sursumcorda
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

E importaralle á Xunta o manifesto e o consenso dos sindicatos, agás Anpe?
Mentres se trate dun papel, á Consellería por un oído lle entra e por outro...
POr que non promoven os sindicatos accións como a da OBXECCIÓN por parte dos equipos directivos a perpetrar este atropelo? Que temen?

mansdodemo #10 10/Xuño/2009 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Para desenfocar e distraer dos grandes problemas que nos están a acontecer(a crise), o actual goberno da Xunta, loita "a morte" contra a nosa LÍNGUA. Non a valora, é máis, a infravalora.
Busca a confrontación e a división social.
Apoia ao grupúsculo ultra, Galicia bilingúe, un colectivo crispador, que tanto MAL nos está a facer e que ademáis é unha minoria nesta terra.
Non comprenden que os nosos nenos,as, polo feito de estudiar o IDIOMA GALEGO, dominan mellor o Castelán, o Inglés e todos os outros idiomas, e moito máis que a media dos nenos,as españois.
Se non captan todas istas cuestións, é que están a facer caso doutras políticas, políticas de extrema dereita, para acabar con todo o que fai que teñamos IDENTIDADE PROPIA.
Isto é o que hai, así de cru e de claro.

onofresabate #11 10/Xuño/2009 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#8 AGIL, eu creo que nesta noticia non se fala nada das NOMIGa. Se se fixa a xente fala de consensos, así que era bo deixarmos a "nosas historias" a un lado por unha vez, e tirar do carro.

SAÚDE

LOIS_DE_SILAN #12 10/Xuño/2009 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Cal é o problema? Sabemos cal é o problema? Cales son os medos, os desexos, as necesidades?


O problema non vos é escoller entre galego ou castélán nin, moito menos!, escoller os dous idiomas (as dúas identidades!); o problema non vos é escoller unha das 6.000? linguas do planeta nin, moito menos!, escoller as 6.000 (6.000 identidades non vos pode ser ningunha identidade!): a ningunha comunidade, sociedade, país, se lle ocorre inventar novas linguas, oficiais ou non!, como obxectivo colectivo


O galego non vos é MELLOR có castelán, nin o castélán MELLOR có galego; nin o inglés MELLOR có galego, nin o galego MELLOR có inglés: ningunha lingua vos é MELLOR cá outra, todas vos son igualmente aptas, per se, para todas as actividades humanas. Outra cousa évos que se usen máis para unhas actividades que para outras.


Insisto, cal é o problema?


Ó meu entender o problema ESTÁ nun contexto. E o contexto évos o de múltiples comunidades lingüísticas no planeta. Comunidades que saben que as súas linguas respectivas son tan válidas, per se, coma calquera outras; comunidades que senten que esas linguas son IDIOMAS, forman parte da súa identidade, e saben que a súa identidade é tan valiosa coma a de calquera outra comunidade lingüística. Porén, esas comunidades lingüísticas, esas sociedades diferenciadas, non só nunca estiveron totalmente illadas (polo menos as territorialmente próximas) senón que, grazas ós cambios tecnolóxicos (derivados do COÑECEMENTO) están cada vez máis intercomunicadas, están cada vez máis necesitadas de intercomunicación. E, neste contexto e EN CALQUERA CONTEXTO as comunidades, as sociedades SEMPRE queren o MELLOR para si. E os membros integrantes desas comunidades TAMÉN vos queren, queremos SEMPRE o MELLOR para nós e os nosos, o MELLOR para si.


Así, nese contexto, e sempre ó meu entender, o problema tenvos, tennos dúas caras PERFECTAMENTE COMPATÍBEIS, tennos que dar solución a dúas necesidades REAIS e PODEROSAS: unha, a de preservar, facer respectar e MELLORAR a cultura, o idioma, a idententidade, a lingua propia; e a outra, a de garantir a COMUNICABILIDADE lingüísitica directa (sen ter que pagar tradutores ou intérpretes) entre calquera membro de calquera comunidade lingüística con calquera outro de calquera outra do planenta.


A solución MENOS eficiente évos que todos saibamos todas as linguas de todas as comunidades lingüísticas do planeta; unha de eficiencia intermedia sería que o maior número posíbel soubese o maior número posíbel de linguas, especialmete as de maior número de usuarios relevantes (interlocutores máis probábeis).


Porén, A SOLUCIÓN máis eficiente sería a que denomino como "bilingüismo necesario": que todos, todos os membros da especie humana!, soubésemos a lingua propia do territorio respectivo (ou da comunidade lingüística sen territorio, de ser o caso) e mais unha outra COMÚN ou universal acordada como interlingua ou lingua de integración, como lingua antidiscriminatoria acordada (respectando criterios técnicos de compatibilidade coas propias, v. g. á hora de pronunciala) polos especialistas nas distintas linguas propias de territorios. E mentres que esa interlingua universal común non sexa acordada propoño, acepto e defendo que ese papel o desempeñe o inglés.


Traendo este esquema ó caso concreto na Galiza hoxe e no eido do ensino non universitario, entendo que este ensino debe desenvolverse fundamentalmente na lingua propia do territorio, en galego, con adquisición dunha competencia plena en inglés (mentres non se acorde outra lingua como común universal) e sen prexuízo de cumprir as obrigas de ofertar o ensino do castelán CONFORME A DEREITO.


Porén, a "obriga" (nin existen nin vos poden existir XURIDICAMENTE as obrigas de coñecemento ... porque non vos pode haber obriga de ser máis ou menos intelixente!) constitucional de coñecemento do castelán debe desaparecer para os españois de comunidades lingüísticas distintas da castelá, sen prexuízo de que no futuro se oferte como optativa: se os da Comunidade Lingüística Castelá e mais os das outras comunidades lingüísticas españolas tamén acadan plena competencia na lingua común universal (polo de agora inglés) ningunha dificultade COMUNICATIVA cabe esperar!


Así todo, enténdovos que se o problema admite unha solución científica, técnica ou racional non vos hai ningunha necesidade, todo o contrario!, de botar sobre as costas dos pais ou enrriba das da comunidade educativa as responsabilidades que os xestores públicos non queren asumir defendendo os intereses xerais dos galegos e non só os seus puramente partidarios.

acarondosil #13 10/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Que cunha enquisa deste estilo nos queiran convencer de que democratizan o ensino das linguas!

polomundoadiante #14 10/Xuño/2009 polomundoadiante
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

E digo eu, non habería algunha forma de darlle máis publicidade a esta carta? Xa sei que é gastar diñeiro, pero os sindicatos, a mesa.... (outras entidades non, que xa sabemos que non o teñen) non poden pagar unha páxina completa de publicidade nos xornais galegos (si, incluída "la coz"; hai que darlle onde lle doe) para así que o lea a maioría da xente? Por certo, que pasa coas universidades e a asociación de anpas galega? Non o apoian? Non se puxeron en contacto? Penso que sería bo que tamén o apoiasen.
As enquisas xa están chegando aos centros. O venres teñen que estar entregadas e o tempo para dar a coñecer estas inicitivas cada vez é menos.

sozinho #15 10/Xuño/2009 sozinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Vaia! Só falta ANPE... que segundo algúns é o sindicato maioritario, ghe ghe ghe. Que bonito contempla-la inocencia vermello-amarela en estado puro voando libre de ataduras intelectuais.
Parabéns a tódolos sindicatos, pero en especial ao CSIF, que demostrou desta vez un xesto de independencia política.

luaminguante #16 10/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

pobres gueivoteiros
avergoñados dos seus pais
avergoñados dos paletiños dos seus avós
e para disimular fanse os fachendosos
non esquezades que no mundo enteiro os demócratas foron mainoría durante moito tempo
non esquezades que Iugoslavia foi unha antes de ser moitas
non esquezades que o mundo da moitas voltas
recordade a frase de steinbech que me lembra a puza onde os estades a meter:" E AS MOSCAS CONQUISTARON O PAPEL ATRAPAMOSCAS "
pois esa vai ser a vosa conquista !xa vos decataredes!

luaminguante #17 10/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

quixen dicir que os demócratas foron minoría durante moito tempo

ROSALIANO #18 11/Xuño/2009 ROSALIANO
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A CONFAPA

ROSALIANO #19 11/Xuño/2009 ROSALIANO
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A CONFAPA, "Confederación Galega de APAS de Centros Públicos" que reúne mais de 650 Associações de Pais de centros públicos, enviou a todas as associadas uma circular em 8 de junho, defendendo o galego e animando aos pais a responder o inquérito a favor da nossa língua, mas também recomendando que os pais reclamem no apartado de "comentários" indicando as diferentes problemáticas existentes nos centros escolares.

Algumas associações de pais estão distribuindo esta carta junto de outras informações relacionadas.

omeucarreiro #20 11/Xuño/2009 omeucarreiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Con todo o respeito para as opinións que se amosan neste foro, non sei se a comunidade educativa terá feito nestes últimos 25 anos algo máis que cumplir máis ou menos os decretos correspondentes, en canto ao proceso de normalización lingüística. Algúns dos colectivos que asinan esta carta, cos que podo coincidir en xeral, non sei onde estaban nos procesos electorais, nin sei tampouco se son conscientes de haber feito o suficiente para trasladar á sociedade o seu punto de vista no seu momento. Agora pode ser que xexa xa un pouco á desesperada. Coincido en que esta enquisa que a consellería pretende levar adiante é unha perigosa arma de dobre fío. Sobre todo porque na meirande parte dos casos os pais dos alumnos quizáis non son os máis adecuados para dar resposta ao que se lles pide. Non sei se será legal a consulta, pero igual tamén se lles ocurre preguntar sobre a asignatura de relixión, ou a de educación para a cidadanía. Tamén poderían preguntar sobre a materia de relacións internacionais, tendo en conta o aumento de mestizaxe. Con toda seguridade, e tendo en conta cal é o espíritu dominante que se ve nos resultados das votacións políticas, á maioría dos pais dos alumnos o galego non parece servirlles para nada, e votarán en consecuencia. E ainda que moitos deles sexan galegofalantes, seguen a educar aos seus fillos en español, inculcándolles espontáneamente a diglosia ben aprendida e heredada. Sabido é que o galego conservouse durante centos de anos de colonización española, pero sobre todo porque se mantivo intacto nos ámbitos rurais, onde nin as vías de comunicacións, nin a prensa nin o ensino chegaban ben. Unha vez que as vías de comunicacións, o ensino e a prensa -internet incluido- están chegando a calquera recuncho do país, as posibilidades de que o galego se manteña, se non é xa como lingua de uso normal, son francamente limitadas. O español chega actualmente a todas partes, e o galego aínda non recuperou o estatus de normalidade inherente a calquera lingua que pretenda ser usada en todos os ámbitos: familiar, coloquial ou culto. Os nenos das escolas, os rapaces dos colexios e os institutos, os universitarios, a xente en xeral, non deberían ver no galego simplemente unha asignatura máis. Se iso é así será porque non se lles transmitiu adecuadamente o sinal de identidade que unha lingua representa para un pobo. Para esa xente unha asignatura máis é un problema, un peso. Teño cerca testemuñas de galegofalantes, de 30-40 anos, con fillos que nunca falan galego nin respondendo a palabras galegas. Xa non digamos xeracións anteriores. Recentemente coñecín a un rapaz de 17 anos, militante dun grupo político de esquerda, fillo de galegofalantes, e sistemáticamente me falou en español, ainda que eu non deixei de falar galego con él. Hai, por outra parte, alumnos de institutos que recoñecen que empregan bastante o galego, menos no ambiente das aulas, menos no ámbito escolar. No mundo universitario, ainda que formalmente se empregue o galego, hai moitas aulas nas que se descoñece o seu uso. Caso claro é o das facultades de dereito, pero non son as únicas. O ámbito dos medios de comunicación é o outro gran factor que impide que a xente teña ao galego como medio válido para a información e o espectáculo. Cántos son os medios en galego? Cántos xornais, radios, televisións empregan o galego sistemáticamente? Cántos grupos de música -aparte dos de folk-, cántos espectáculos de calidade empregan sistemáticamente o galego, aparte de algúns, que seguen a usar as formas máis vulgares, brutas e agresivas do galego nos seus espectáculos, facéndolle un fraco favor á lingua e afondando máis na consideración social? Para canta xente o galego é unha lingua tan válida, tan "guai", tan vangardista, tan útil como calquer outra? Ao meu entender, a normalización lingüística non é só un problema de tipo legal. A xente do ámbito do ensino e da cultura teñen unha responsabilidade, e deles dependerá, en boa parte, o futuro das novas xeneracións. Toda a sociedade, non só a comunidade educativa, terá que saber ubicarse e desembarazarse dese corsé asimilador que significa a diglosia, pero para iso será necesario un gran esforzo colectivo e individual. Cada un saberá o que ten que facer. Non hai que agardar que un decreto solucione un problema de centos de anos. Pode ir axudando, pero non nos equivoquemos. A solución témola todos nos. As linguas son para falalas en todos os ámbitos.

luaminguante #21 11/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

omeucarreiro
se os xóvenes non a coñecen ,nunca poderán contribuir a esa normalización
a educación non é a única via necesaria, pero é unha vía moi necesaria
sen ela ten por seguro que fallan as outras

luaminguante #22 11/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

NON A IMPOSICION DE ENQUISAS sectarias e mal intencionadas

omeucarreiro #23 11/Xuño/2009 omeucarreiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#luaminguante:
O problema que plantexo é precisamente iso: que moitos xóvenes, a pesares da existencia da lei de normalización lingüística, non coñecen ben o galego, e non o usan con asiduidade. Sei que a educación é unha vía non só necesaria, senon inmprescindíbel. Pero o meu comentario vai na liña de que non se pode pensar que a lingua galega, nen ningunha outra, pode chegar a normalizarse se non se emprega con absoluta normalidade en todos os ámbitos, ademáis do ensino, por suposto. Quero decir que se necesitarían constantes campañas de sensibilización para todo o conxunto da sociedade, traballadores, empresarios, mulleres, nais, pais, artistas, docentes, investigadores, policías, mestres, carniceiros, ferroviarios, banqueiros...Todos os sectores. Todos. O mundo do ensino tamén, pero é importante que no medio familiar, ainda que se proceda de ámbitos castelánfalantes, non se vexa ao galego como algo estrano, senon como algo enriquecedor.

luaminguante #24 11/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

totalmente de acordo,pero pemos estar seguros de que esas campañas non han saír do goberno actual

luaminguante #25 11/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

un dos meus máis tristes días recentes foi cando escoitei a Feixosevic na tele estatal, dicindo que o idioma do que estaba ESPECIALMENTE ougulloso era o castelán;xa non me quedou duda do que viría despois

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: