Recibiron un aviso de "inicio de procedemento sancionador" por participar na contra-manifestación, en defensa do galego.
A delegación do goberno español en Galiza comezou a enviar esta semana unha serie de avisos de "inicio de procedemento sancionador" aos fogares de varias persoas que participaron nas protestas do pasado 8 de febreiro en Compostela, na defensa do galego.
Algunhas destas persoas foron identificadas após participar na protesta ridiculista que, partindo da Alameda, quixo reivindicar a posta en valor da nosa lingua, dun xeito festivo e cómico. Os avisos de sanción chegáronlles, polo menos, a dúas destas persoas, e neles indícase que están acusadas de "orixinar graves desordes nas vías, espazos ou estabelecementos públicos, ou causar danos graves aos bens de uso público". Tamén foron notificadas outras dúas persoas, militantes independentistas da Coruña, que, segundo indica a carta recibida, trataron de "limitar o libre exercicio do dereito de reunión", en referencia á manifestación que ese día convocara a asociación Galicia Bilingüe en Compostela.
Segundo contan dende o Portal Galego da Língua, a versión policial "demostra ser falsa en moitos casos", xa que as persoas multadas que participaron nos actos ridiculistas, non se achegaron aos membros da asociación Galicia Bilingüe, que convocaba unha manifestación na cidade, e outros mesmo foron identificados cando o acto rematara, sobre as 14h00, e, porén, aparecen na notificación como "identificados antes das 12h00".
Dous militantes independentistas multados
Por outro lado, dende Ceivar sinalan que a comunicación asegura que os dous independentistas sancionados se opuxeron á manifestación contra a normalización do galego "con enfrontamentos físicos e verbais", sen aportar algunha "proba significativa".
Estas persoas poderían recibir unha sanción de entre 300 e 600 euros, se non presentan un recurso en 15 días, e así se decide nun proceso xudicial.
Sentenza contra un militante de Ceivar
Doutra banda, esta semana coñeceuse unha sentenza contra un militante de Ceivar, que está acusado de cometer unha "falta contra a orde pública do artigo 634 do Código Penal" o pasado 24 de xullo, mentres participaba na cadea humana organizada polo colectivo en Compostela. Segundo o xuíz que instruíu o caso, esta persoa tería coreado varias consignas que son consideradas, neste caso, coma un delito de "apoloxía do terrorismo".
Segundo esta sentenza, o militante de Ceivar deberá pagar unha multa de 100 euros, ou ingresar en prisión 10 días. Máis información na web de Ceivar.
Sairá isto nalgum meio em papel? Assumirá alguém responsabilidades por tramitar DENÚNCIAS FALSAS??
Quando Bugallo (regedor municipal de Compostela) afirmou que os culpáveis dos destroços pagariam, alguns já temíamos que todas as pessoas identificadas nesse dia (algumas, polo simples facto de falarem galego, como denunciou a Mesa), independentemente da modalidade de participação escolhida na jornada (inteligente, lúdica, humorística; vândala, destrutiva, infantil) seriam punidas para engordar as contas públicas.
É um atropelo contra direitos fundamentais. É um claro caso de abuso de autoridade. Em muitos casos é um mais que possível delito de denúncia falsa plenamente consciente (prevaricação).
É um claro abuso de autoridade e uma perseguição sem nenhuma legalidade...
que tempos, que diria Curros, que tempos...
Vaia, non se pode nin facer mofa??? Pois eles ben que fan mofa do resto e non hai quen lles tusa, a min chamaronme de peste para arriba e non abrin expediente ningún,pero a partires de agora coido que tamén vou empezar a sancionar, á miña maneira. Se a contra manifestación esta lúdico-festiva era pacífica, qué problema hai? Que alguén se dou por aludido???
e por riba de case levar as ostias e seren violentados pola "picía" teñen que pagar unha sanción,manda carallo......
Era esperável... O qual indica:
1.- O "Gobierno de la nación" estima "libertad de manifestación" injuriar as pessoas.
2.- Os nacionalistas espaÑoles podem manifestar-se contra o que "desejarem", inclusivamente se esse "desejo" produz atentados contra a ordem constitucional do reino bourbónico.
3.- Os nacionalistas não espaÑoles não têm direito nem de manifestação nem de contra-manifestação, salvo que respeitem a ordem constitucional do reino bourbónico.
4.- Uma última observação: O reino "conoce" os seus inimigos (sic), porque como inimigos e não como cidadãos os trata.
:::
NOTA.- Neste caso entram em conflito os direitos protegidos na mesma constitución bourbónica: o de manifestação e o de expressão livre.
De autêntica vergonha ..
E depois dirám que isto é uma "democracia" e um "Estado de Direito" ...
JHUAS!!!!!
Si, si se pode facer algo. Hai instrumentos legais se alguén non está de acordo cunha denuncia. Alegar o que corresponda. Por exemplo que o acusado non estaba alí a esa hora.Non hai que preocuparse con que chegue ese tipo de escritos, ´hai moitas posibilidades de alegar. En principio o a versión da policía é a que vale, pero se o alegado demostra que non estaba alí, pode reclamarse. Se se responde en galego os poderes publicos están obrigados por lei a responder en galego á alegación (LRJAP-PAC). Como se supón que non o farán , pode retrasarse a execución da multa, Saúdos a todos os que se expresan sen violencia.
Viva a "separación de poderes" neste reino bourbónico!!! (Ou será bubónico?)
Não é certo (na letra da lei) que o testemunho da polícia seja a válida e definitiva: É a parte acusadora (a polícia) a que tem de provar a acusação.
Outra cousa é que neste reino bourbónico, em que a separação de poderes é apenas teórica, sobretudo para os delitos denominados de "terrorismo", e com frequência sem tutela jurídica efetiva por parte dos juízes, o acusado é quem tem de defender a sua inocência.
Reino de invertidos!
Mas a declaración da policia presúmese como válida. Esa é a proba. Ora ben, se a policia testemuñar algo que é falso, comete un delito. Eu xa teño recibido algunha vez un escrito destes. Probablemente baséanse na peteición de DNI ese día e despois caf´´e para todos. Pero iso é unha suposición presumiblemente falsa, se for así, pode ser desde erro administrativo (non pasaría nada) ata delito do policia. Nomrmamente non chega a iso porque se retiran os cargos. É para asustar ao persoal, iso si, hai que alegar.
Acho que o cabeçalho está errado. Deveria ser: "600 euros de castigo por disfarcar-se de toureiro num Acto Español".
Quando isto se debateu amplamente nestes mesmos foros, já ficou claro (para muit@s) que o Regime não distingue entre "violência" e "ridiculismo": toda a dissensão é "violência", pois atenta contra a Vontade do Povo. Não importa a pretensa fonte dessa vontade: importa que é a Vontade. Não sei como alguém ainda duvida de que isto seja a essência do Fascismo. Os mesmos (PSOE) que pactam com o bloco o Decreto sobre o ensino em galego, pactam com o PP a repressão contra o galego. Existe a visão errada de que o Fascismo é monolítico. Não: também sob o Franquismo havia "famílias" políticas. Os nazis, até se matavam entre si. O importante para a eficácia do Fascismo, porém, é a força coesiva do ódio. Trata-se apenas da fronteira maleável entre o permissível e o proibido. E, sobretudo, da arbitrariedade na aplicação da "tolerância". Quando se quer distinguir entre "ridiculistas" e "violentos", o exercício da fragmentação está servido. Sempre ganha o Regime. Apelar à "opinião pública" para denunciar esta arbitrariedade é fútil: também há 600 euros de castigo aos independentistas por berrarem ao passo duma procissão nazista. Para o ódio que coere os liberais, porém, não há castigo: há a recompensa de 400.000 votos para Europa.
Acontece cos multas de tráfico. Se un demostra que non está, ou di que non está, non puido ser el, entón hai que identificar ao condutor. Estar na alameda vestido de español non é delito
#10 Com efeito, baseiam-se nisso. Houve identificações sumárias nesse dia, e a um grupo de umas 12 pessoas (falo de memória, algo fraca 4 meses depois) identificaram-nas quando já tinha acabado a manifestação e diriam-se a algum lugar onde jantar. A senhora Luz Fandiño (matriota!!) estava nesse grupo, se mal não lembro.
Ave María purísima.
Hermanos, no os quepa duda de que esa pandilla de rojos y antiespañoles se merecen de sobra una buena multa e incluso entrar en severas mazmorras y pasar largos años a pan y agua, por hacer burla y escarnio de nuestra Santa Madre Iglesia, así como de la sagrada unidad de España, patria común e indivisible de todos los españoles y unidad de destino en lo universal.
Roguemos a Dios por la desaparición del dialecto gallego, que tantos problemas está causando a la unidad de los hombres y las tierras de España, para que de ese modo podamos vivir siempre libres de pecado y protegidos de toda masturbación.
Viva la Santa Inquisición, viva Franco y viva el Partido Popular.
Palabra de Dios.
Menos mal que non me identificaron, non me apetecería agora nada ter que poñerme a tramitar pregos de descargo e plan ridículista deixándolle claro a Antón Louro que eu en realidade fun a unha manifa de Galicia Bilingüe (totalmente legal), a proba está en que os lemas coreados e a simbiloxía casaba coa de UPyD e GB. Ademáis deixamos claro en todo momento que "la policía es nuestra amiga".
avemariapurísima, viva franco, avemariapurísima e menos conto. Eu fágholle de monaguillo pero o *******29 que llo chupe algunha das vellas que se llo ponhen no primeiro banco na misa.
Pero dehde cuando eh delito en Eppaña partisipá en una murga de cannaval??
nah, podemos estar tranquilos, si un goberno o fai 'mal', é mellor non votarlle e permitir que outros o fagan 'millor', despois veñen as consecuencias:
-eliminacion de programas con xeito
-eliminacion do galego
-eliminacion de galescolas...
sigo?
mensaxe dedicado a todos/as que quixestes castigar ao bipartito pola lexislatura mais fructifera da historia de Galiz,,,ups perdon Galicia.
Pois vai ter razão o Arzaya, haverá que enlear-se a tramitar.
O seu jogo é o seguinte: se um tem um acidente ou uma doença, fica enleado com médicos. Se tem uma denúncia da polícia, fica enleado com trâmites burocráticos no julgado de guarda. Se a denúncia é do concelho, tem de arranjar os dinheiros e instalar um elevador para discapacitados.
Então se um está a fazer isso tudo, pois não tem tanto tempo para lhe dedicar à ação social.
Por isso é necessário sermos mais. Algum livre haverá para desenhar um tríptico de vez em quando, e outro poderá distribuí-lo em algum ato alternativo...
Gustaríame ver como o represor de Antón Louro e a policía lle mandan multas aos individuos de Galicia Bilingue que intentaron agredir cando ainda non eran as 12, como lle envían multas aos que berraban paletos, que los maten, que los tiren al mar como en Chile, pero bueno en este estado fascista non verei iso.
Pois se hai esas sancións contade coa miña solidariedade, dos poucos cartos que poida xuntar van para vós.
Sou um totalitário miserável :) ^____^
No caso das notificações que chegaram aos ridiculistas, um advogado de confiança comentou-me que o normal seria que não prosperassem as denúncias. Confiemos em que assim seja :)
Os únicos ridiculistas identificados na Porta Faxeira foram as vacas de isca! Essa denúncia, umha de três: ou pertence a umha vaca de isca!, ou é falsa ou nom pertence a ridiculista nengum.
Ave María purísima.
Queridos hermanos de este santo foro:
Como una amenidad y sano esparcimiento, para que veáis que este ministro del Señor es tan gallego como el que más, aquí os dejo la letra del himno gallego en homenaje a nuestra región, tan española como la que más.
LOS PINOS
¿Qué dicen los rumorosos en la costa verdeante de oscura hoja de pino dentada con su bien compasado monóntono bufar?
"De tu verdor ceñido y de benignos astros, confín de los verdes castros y valeroso suelo, no des al olvido de la injuria el duro encono; despierta de tu sueño, hogar de Breogán.
"Los buenos y generosos nuestra voz entienden, y con arrobo atienden nuestro ronco son, pero sólo los ignorantes y groseros y duros, imbéciles y oscuros no los entienden, no.
"Los tiempos son llegados de los bardos las edades, que vuestras vaguedades cumplido fin tendrán; pues, donde quiera gigante nuestra voz pregonala redención de la buena nación (AQUÍ DEBERÍA DECIR "REGIÓN", SEGÚN LOS PRINCIPIOS FUNDAMENTALES DEL MOVIMIENTO) de Breogán.
"Tus hijos perezosos en que honor sólo late, a intrépido combate disponiendo el pecho van; si, por ti misma, libre de indigna servidumbre y de oprobioso apodo, región de Breogán (MMM...).
"A la noble Lusitania los brazos tiende amigos, a los predios bien antiguos con un punzante afán; y cumple las vaguedades de tus sonantes pinos, de unos mágicos desinos, ¡oh grey de Breogán!
"Amor de la tierra verde, de la verde tierr nuestra, enciende la raza briosa de Ousinde y de Froján; que allá en sus airosos corpiños, mal constreñidos, los dulces y albos pechos (ESTO RESULTA UN POCO PROCAZ...) de las hijas de Breogán;
"que a la noble prole enseñen fortísimos acentos, no suaves concentos que para las vírgenes sólo bien están; sino los robustos ecos que, ¡oh patria! (PATRIA CHICA, BIEN ENTENDIDO QUE DENTRO DE LA UNIDAD DE ESPAÑA), bien recuerdas de las sonorosas cuerdas de las arpas de Breogán.
"Estima no se alcanza con un vil gemido blando; cualquiera requiere rogando con voz que olvidarán; sino con un rumor gigante, sublime y parecido al intrépido sonido de las armas de Breogán (ESTO ES PRECURSOR DE LA CRUZADA QUE INICIÓ NUESTRO INVICTO CAUDILLO CONTRA LOS ENEMIGOS DE DIOS Y DE ESPAÑA).
"Gallegos, sed fuertes, prontos a grandes hechos; aparejad los pechos a glorioso afán; hijos de los nobles celtas, fuertes y peregrinos, luchad por los destinos de las tierras de Breogán".
Y es que, hermanos, nuestra querida región ha dado grandes poetas a España, lo cual no debe extrañarnos teniendo en cuenta nuestra tradicional morriña, lo pintoresco e idílico de nuestros paisajes y el carácter melancólico y nostálgico de nuestros aldeanos, con tanta vocación viajera, por otra parte, emigrando a lejanas tierras y una vez allí echando de menos la tierra.
Palabra de Dios.
Esa cansión es la del poeta aquel que dicían en El Mundo que se llamava Arturo Pondal,no es? Te estuviera bien,aquel ehemplar del Mundo,te traía un especial sobre galleguismo que dicía que la cuna del galleguismo te es Allariz.
Ave María purísima.
Hermanos, este obispo se comió algunas frases de la primera estrofa y no redactó todo como Dios manda, debido a la prisa impuesta por las obligaciones propias de todo pastor de almas. A continuación os pongo entera dicha primera estrofa:
¿QUE DICEN LOS RUMOROSOS EN LA COSTA VERDEANTE, AL RAYO TRANSPARENTE DE LA PLÁCIDA LUZ DE LUNA? ¿QUE DICEN LAS ALTAS COPAS DE OSCURA HOJA DE PINO DENTADA CON SU BIEN COMPASADO MONÓTONO BUFAR?
Y añado que Pondal votaba por el Partido Popular.
Palabra de Dios.
Documento elaborado por GzVídeos, no que se amosa como os ridiculistas son agredidos
Un momento da manifestación ridiculista