Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Decreto "condenatorio"

Os bispos españois cargan contra a obra do teólogo galego Torres Queiruga

O organismo 'inquisitorial' da Conferencia Episcopal publicará en breve o informe co que condenan as reflexións do prestixioso pensador galego.

Redacción - 18:15 10/06/2009

É un dos teólogos de maior prestixio a nivel estatal e mundial, pero o aval da súa ampla obra non é abondo para o organismo herdeiro da chamada "Inquisición", a Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe, puxera o ollo na heterodoxia dos seus escritos. Esta institución, presidida polo arcebispo de Granada, Javier Martínez, elaborou un informe co que argumenta contra o pensamento de Torres Queiruga e promove un "decreto condenatorio". A decisión podería facerse pública a próxima semana.

Diversas asociacións de igrexa de base galegas, como Somos Igrexa, Encrucillada e outras, integradas na Coordinadora de Crentes Galegas, preparan unha comunicación conxunta en defensa do pensador galego. A revista Irimia, da que poden consultar periodicamente unha escolma de contidos no Canal Irimia de Vieiros, tratará tamén o acontecido no seu próximo número.

"A situación da Igrexa pide unha apertura, maior participación dos fieis en todo..."
"...unha maior igualdade da muller, unha maior autonomía das igrexas locais, unha maior claridade na manifestación das opinións dentro da Igrexa... En definitiva, maior pluralismo e vitalidade".

Era outubro de 2003 e o cardeal Ratzinger aínda non accedera ao papado como Bieito XVI. Andrés Torres Queiruga reflexionaba así en conversa cos internautas no chat de Vieiros:

"Vieiros: Sénteste libre como teólogo ou a sombra de Ratzinger é demasiado poderosa?
Andrés Torres Queiruga: Si, doutro xeito non escribiría. A sombra de Ratzinger é alongada, pero por fortuna non ten poder coercitivo. Posiblemente son outras forzas menos 'ilustradas' as que coas denuncias, sen entenderen moito, fan máis difícil a situación. Pero certamente se a teoloxía non é libre deberá calar. No fondo, como en todos os campos.

Refíreste a grupos influíntes dentro da estructura actual da Igrexa coma o Opus ou Comuñón e Liberación?
Non vou negar que tamén falo deles. Teñen as súas razóns internas, pero o malo é que adquiriron un protagonisto descomunal. Creo que esta é unha das sombras deste pontificado.

[Pregunta dun internauta]: Nunha conferencia comparabas o futuro da Igrexa aquí co futuro do galego. Cres que a xente que traballa neses dous ámbitos ten problemas para comunicarse coa sociedade?
Si, á fin e ao cabo, a Igrexa está na sociedade e nela hai xente en punta e xente no medio, como en toda a sociedade. Iso non quita que a Igrexa, pola súa misión e pola súa tradición, debería estar máis en punta. Se hai unha forte incomunicacion entre Igrexa e sociedade, como en xeral todo o que se intenta renovar en calquera campo, sempre resulta difícil de introducir na maioría. É a eterna loita por romper a rotina e manter o dinamismo social e cultural.

[Pregunta outro internauta]Despois dos pronunciamentos do Maxisterio, cres que é posible, realizable e defendible teoloxicamente na Igrexa católica un sacerdocio feminino?
Si. Máis aínda, teño a convicción de que non pasarán demasiados anos ata que iso cambie. Espero aínda ver algunha muller sacerdote na Igrexa católica. Haberá que agardar.

A conversa completa:


4,79/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: