ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMUNICACIÓN PÚBLICA

O comité da CRTVG ve intereses sectarios e de partido nos novos nomeamentos

Amosan o seu malestar ante un organigrama que cren que só busca que se fale de austeridade, mais que non se axusta a criterios profesionais.

Redacción - 19:30 11/06/2009

Aos poucos, vamos coñecendo toda a nova estrutura organizativa do ente público da Compañía da Radio Televisión de Galiza (CRTVG). Primeiro foi o máximo responsábel, Alfonso Sánchez Izquierdo e logo as directoras de Radio e Televisión, Rosa Martínez e Rosa Vilas. Despois, o Parlamento aprobou os novos compoñentes do Consello de Administración e, agora, vanse coñecendo xa polo miúdo os demais nomeamentos. O último foi o de Pilar Bermúdez como nova directora de informativos da TVG, e os catro redactores xefes que a acompañarán: Xosé Manuel Díaz Maseda, Alfredo César Malde, Xosé Octavio Rodríguez Nieto e Fernando González Macías.

Pluralidade informativa
En todo momento, o novo director e o presidente da Xunta comprometeron uns medios de comunicación pluarias. Con todo, o Comité Interempresas xa manifestou o seu "fondo malestar e preocupación" polos nomeamentos: "ao noso entender, non se axustan a criterios organizativos ou profesionais senón que, pola contra, parecen máis ben motivas por intereses sectarios e de partido". Así, fan constar que "con estes nomes retrocédese no tempo incorporando a directivos que catro anos atrás deixaron a empresa no casor organizativo e económico de todos coñecido e limitaron de xeito intolerábel a pluralidade informativa".

Suposta austeridade
A CRTVG anunciou tamén que reducirá os seus directivos nun 20%, pasando de 52 a 38, unha redución que afecta especialmente a televisión. Non o vén así tampouco dende o comité: "o novo organigrama busca máis o efecto publicitario dun titular de prensa no que se fale de austeridade, que a eficacia e a operatividade para levar a cabo as tarefas de servizo público". Ademais, denuncian que os novos membros do Consello de Administración "veñen de aprobar un aumento de retribucións que lles suporá uns ingresos anuais superiores aos 80 mil euros".


Ligazóns

5/5 (6 votos)

Comentarios (7)

maruxainanacorte #1 11/Xuño/2009 maruxainanacorte
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Folga xeral. O país enteiro está xa canso deste novo goberno.

tinho #2 11/Xuño/2009 tinho
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

mentiras sobre mentiras e sobre esas mentiras maís, pero que cara maís dura gastam , dim que vam a reducir pessoal? si, si, o que vaiam quitar por um lado engrosam polo outro, como os superdelegados, e novos postos ficticios de cobram e nom choiar.

morcejo #3 11/Xuño/2009 morcejo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pero de que se queixan algúns si estes fan o mesmo que "os maestros" anteriores, foi o que lle seguirón enseñando ,sendo inda maís vergoñento que baixo a sua responsabilidade politica non tomarán as medidas lexislativas oportunas pa que os medios públicos galegos non seguiran sendo titeres dos gobernantes de turno,sexa PP,BNG ou PSOE

O-OLHO-CRITICO #4 12/Xuño/2009 O-OLHO-CRITICO
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Agora querem fazer da CRTVG um instumento do Partido Popular para fazer a sua campanha FASCISTA.

O-OLHO-CRITICO #5 12/Xuño/2009 O-OLHO-CRITICO
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

morcejo, pode que os outros cometessem moitos erros, pero pelo menos, não atacarom o idioma galego nem a cultura galega, e pelo menos respeitabam às leis e a constitução espanhola, coussa que istes não fam. Os outros eram demócratas istes são FASCISTAS.

cabodomundo #6 12/Xuño/2009 cabodomundo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#1 vaia análise! non sei se botarme a rir ou chorar

cabodomundo #7 12/Xuño/2009 cabodomundo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#4 o teu machiño xa é de campeonato, este vieiros parece un parvulario
pero e que ninguén che explicou aínda que ese "instrumento" do que ti falas SEMPRE está ao servicio de quen goberna. sexa o partido que sexa...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: