ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O SECTOR LEITEIRO SAE A RÚA

Rematada a tractorada nacional, os gandeiros fanse fortes en Compostela

Centos de tractores colapsan a capital do país e ameazan con permanecer na cidade até o venres se non son recibidos polo Goberno. Vídeo da tratorada no interior.

R.V (texto)/ Isabel G.Couso (vídeo) - 20:15 17/06/2009
A tractorada pasando ao carón da muralla, en Lugo

A tractorada pasando ao carón da muralla, en Lugo

Se alguén dubidaba de que o sector leiteiro sofre un verdadeiro drama polos baixos prezos, este mércores quedou ben clara a situación extrema pola que pasan milleiros de familias no país. Nas cidades volveron ruxir uns motores que se negan a apagar. A pesar de que só o Sindicato Labrego Galego e unha colectivo con poucos meses de vida (Gandeiros Unidos) convocaron a protesta, máis dun milleiro de tratores saíron ás rúas.

A concentración máis numerosa foi a da capital de Galiza. Até Compostela chegaron 600 tractores procedentes fundamentalmente das bisbarras de Xallas, Ordes, Deza e Tabeirós. Vixiados por numerosos axentes da Garda Civil, os gandeiros comezaron a chegar a Santiago a mediamañá e, logo de concentrarse en Salgueiriños, pola tarde comezaron unha marcha pola cidade que está a poñer en xaque o tráfico viario.

Pasadas as 20 horas, centos de tractores circulaban aínda polo centro de Compostela. A asociación Gandeiros Unidos, criticou a actitude dos demais sindicatos e anunciou que non van abandonar a capital de Galiza ata ser recibidos por algún alto cargo da Consellaría de Medio Rural. Segundo manifestou un dos dirixentes de Gandeiros Unidos, Xosé Agra, están dispostos a permanecer acantonados en Salgueiriños ata seren recibidos na Xunta.

O SLG calcula que o número de tractores que participaron nas outras concentracións foi o seguinte: Lugo (200); A Coruña (200); Chantada (40); Vimianzo (40); Ferrol (40) e Ribadeo (40). Nestas localidades, os tractores comezaron a retirada a primeira hora da tarde. Na Coruña, as forzas de seguridade impediron a entrada dos vehículos pesados no centro urbano.


4,8/5 (20 votos)


Comentarios (22)

ecoe #1 17/Xuño/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Como se concentren nos Salgueiriños, non volven entrar, lóxicamnte.

alpabarda #2 17/Xuño/2009 alpabarda
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Qué solucións vedes para este problema?

Xarope #3 17/Xuño/2009 Xarope
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Tinham que tomar Raxoi e passarem pola gadanha a todas as animálias que se agocham lá !!

Avante as classes trabalhadoras galegas!!!

independencia #4 17/Xuño/2009 independencia
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Viva o Sindicato Labrego Galego!!

Fóra os burócratas do Parlamento Galego!!

Komun #5 17/Xuño/2009 Komun
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Comezamos a reaccionar, hoxe podemos sentirnos un pouquiño millor. Viva a Galiza Real!

signatus #6 17/Xuño/2009 signatus
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Consumo responsável de leite: http://consomesoudevoras.info/...

Lupa #7 17/Xuño/2009 Lupa
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Relato dende Lacoru

Despois de traballar merquei un bocata e auga e me dirixin aos Cantóns agardando a tractorada.
Pensaba polo camiño o que poñería na miña cartolina “Aquí ninguén se cala, polo leite pola fala” . Ben, apurando o paso fun percorrendo coa mirada aos coruñeses que ninguén ve durmiñar ou comer nos bancos ao mediodía.
Busquei unha sombra próxima á Delegación, despois de confirmar polos coches da policia que eles tamén agardaban. Pensei que estarían próximos polos numerosos vehículos policiales que transitaban en todas as direccións.
Decidín agardar baixo a sombra dunha palmeira no espazo que chaman Rosaleda.
Merece a pena sentarse enfrente do monumento de pésimo gusto adicado a un tal Linares Rivas (mediocre escritor, fillo dun político conservador). Rodeada de palmeiras sentínme case fagocitada polo escenario cutreprovinciano tan do gusto da “Coruñesada”.
Inmersa en establecer outros paralelismos con espazos públicos coruñeses de semellante fealdade se escoita a estridencia dun altofalante (…pero outra vez simulacro de eleccións?) non! Desta volta era a convocatoria dunha procesión ate a Torre por iso do Patrimonio da “Calamidade”.
Pensei no noso patrimonio inmaterial, nos labregos e gandeiros, na fala, nas fragas, nas augas…
E tamén pensei en ti…onde estabas?
Nunca palestra de soberanía alimentar? Se cadra preocupada por outros xenocidios máis exóticos? Tal vez na coordinadora pola Amazonia? Ou preparando ponencia para a análise da crise multisistémica?
Cando vin que os que velan pola miña seguridade xa non estaban…marchei daquel escenario pensando en mercar nuha camiseta que pon en inglés:
“Os pementos de Padrón uns pican, outros non”

trifulkeiro #8 17/Xuño/2009 trifulkeiro
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Ferro barullo caucho remolques
mil tratores baixan do monte
[...]
Galiza está tomada, pola..
T R A T O R A D A ! !


acordádesvos desta canción?? e cántos anos ten?? e seguimos nas mesmas.. e recordade: a próxima tratorada ha de ser: NO CONGRESO.

acarondosil #9 18/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Pois os labregos e labregas, que tan ben conservaron a nosa lingua, non estaría mal que nos deixasen os seus tractores e todos xuntos na loita defender a Galicia que queremos, non a que nos queren impoñer.

carxeva #10 18/Xuño/2009 carxeva
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A ver se o nacionalismo galego comeza a reaxir, que xa vai sendo hora, temos que dar a loita en todos os eidos.

Váiase xa señor Feijóo!!!!!!

simplementeego #11 18/Xuño/2009 simplementeego
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Os labregos som umha força grandissima que o nacionalismo nom deve esquecer mas há que saber que os labregos nom som igual que os que vivem nas cidades.

Jatopardo #12 18/Xuño/2009 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

A min paréceme un escándalo cando vexo nos supermercados leite a 48 ou 50 céntimos. ¿Pero canto lle poden pagar ao gandeiro para vender o leite a ese prezo? Nunca merquei leite de marcas blancas, aínda así, cando merco leite dunha marca, supostamente galega, ninguén me asegura que ese leite é galego. Pido que me indiquen no cartón a procedencia do leite. Dese xeito, poderei elexir se cos meus cartos merco leite de aquí ou foránea.

pitiriti #13 18/Xuño/2009 pitiriti
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Si, #12, e o problema non remata aí, senón que eu teño mercado o litro á par do euro, e aínda así a xente que subministra a esas marcas xura que llo pagan igual ca fai 1 década cando o leite no súper andaba polas 60 pesetas (0.36 céntimos) onde se agochan eses beneficios? nos gandeiros non, dende logo. Carné de identidade do leite xa, e non só do leite, senón de tódolos produtos lácteos!!

amoscaesquerdosa #14 18/Xuño/2009 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Solidarizámonos cos gandeiros e coa súa reivindicación dun precio xusto para o leite, pero tamén sinalamos co dedo ao auténtico culpable desta sistuación: o capitalismo depredador. E non se trata dun simple tópico senón dunha análise ben sinxela:
-Non son acaso vitimas os produtores do agro desa guerra comercial entre as grandes superficies e as cadeas de supermercados por abaratar certos produtos que utilizan como "cebo" para captar clientela?
-Non se trata da vella táctica de tirar precios nalgunhas cousas especialmente rechamantes para copar mercado e eliminar competencia?
-En mans de quen están esas grandes superficies e a maioría das cadeas de supermercados e de quen reciben o apoio económico e financeiro senón da gran banca e dos seus gobernos "amigos"?
Non sexamos inxenuos: o leite é un cebo nesta guerra dos grandes capitalistas da distribución que non reparan en nada por facerse os amos do mercado nesta competencia desenfreada e entolecida pola lei do máximo beneficio...
Por iso compre a loita unida de obreiros, gandeiros, labregos, pequenos comerciantes... contra ese gran capital que está a levarnos a todos xuntos á ruína.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

onofresabate #15 18/Xuño/2009 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Di LUPA, "Aquí ninguén se cala, polo leite pola fala". E é boa idea unir o leite á fala.
Eu engadiría, MÁIS VACAS E MENOS COCHES.


SAÚDE

EVAZSOU #16 18/Xuño/2009 EVAZSOU
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Já podiais levar os tratores à Rua Tabernas da Crunha, também!!!

avante tratores.

ecoe #17 18/Xuño/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

hoxe mosqueas ben certa.
Avante tractorada: há quedar ben claro quén é quen!

cantinflasgz #18 18/Xuño/2009 cantinflasgz
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

TRACTORES!
PP!
A MESMA MERDA É

baltar69 #19 18/Xuño/2009 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

parei no semáforo que hay detrás de san caetano ó lado dunha moza con gafas de sol e pelo lacio. tiña un fermoso perfil e estábame ensoñando ca súa aparente dozura cando apareceu o primeiro fendt, un vario 413. detrás apareceu un " modesto " 308 ci e logo un mastodóntico 714, un 412, un 415... e xa perdín a conta. despois da orxía verde crara de rodas roxas aparece o verde forte con discos amarelos dun john deere 6920. detrás segue unha morea de deeres series 6000 e 7000, algún que outro fendt e, salteados, destacanse tamén algúns masseys roxos impecables, relucindo baixo a luz do sol da tarde comos i fosen o acompañamento dunha boda.
para entón xa nin me fixaba na rapaza da esquerda e moito menos no seu minúsculo peugeot granate; aquela avalancha de cabinas refrixeradas e de neumáticos milimétricos que baixaba pola avenida de lugo ocupaba toda a miña atención. o semáforo pasou a verde e arranquei cara ó da rotonda, ollando para aqueles mastodontes de morro orgulloso: de vez en cando aparecía algún case, algún new holland ou algún deutz, pero víase as craras que a galicia rural prefire agco e john deere, da mesma forma que os políticos prefiren audi e os mestres da moderna universidade apple.
detido na rotonda, e xa definitivamente perdido o rastro da loira mociña do utilitario, razonei que si estivese no porto de monte carlo un día de concentración de ferraristas de todo europa, a estampa de luxo e ostentación non sería moi distinta a que ofrecían aqueles campesinos en procesión e que a galicia do minifundio é a jauja da cnh fiat, da same deutz far spa, de agco, da john deere... o exemplo está en que dos 600 tractores que fendt comercializa en españa anualmente, case unha terceira parte acaba nos campos galegos donde explotacións de cincuenta vacas contan con investimentos de máis de cincuenta millóns das antigas pesetas e mercan tractores profesionais de máis de 60.000 euros que a duras penas resultan redibles para aqueles que botan 24 horas roturando e sementando nas inmensan planicies castelás.
entón, agora, estes empresarios e propietarios de tan pouco hectárea entregados á visita diaria do carro de mezclas e de veterinarios e á merca tamén contínua de pensos, hormonas, antibióticos e forraxes, suman todos estes imputs ( e os do bmw que teñen na palleira, os do arranxo da casa, os de ter a nena estudando veterinaria en lugo e os do viaxe que fixeron ca coperativa a francia e que rematou naquel desaguisado nas putas do tris tras ) e decátanse que os custes de producción son superiores ó que lles pagan polo producto resultante e cárgana contra o prezo do leite na góndola, sen decatarse que tódalas subvencións que foron recibindo co paso dos anos e que eles empregaron alegremente en aparcar máis maquinaria por km cadrado que en ningunha parte do mundo, foron pagadas non por ente abstracto ques e confabulaban para darlles diñeiro se non polos cidadáns que cada día fan un esforzo na cesta da súa compra. e por eso eu, hoxe, merco o que topo máis a prezo ( o bomilk ), por que o leite é eso: soio leite e paréceme un auténtico abuso o prezo de un euro por un producto que se pode topar en bruto no mercado libre mundial por 0,21 céntimos de euro.
a política de cotas, tan denostada ás veces, supuxo a criazón dunha burbulla semellante á inmobiliaria no campo galego. agora toca facerse cruces e implorar árnica e os campesinos que escoitaron os cantos de serea de fabricantes, banqueiros e políticos terán o mesmo pago que os proletarios das cidades que creeron que entre ricos e pobres hai unha clase media ou que entre esquerda e dereita hai unha terceira vía: estes perderán a súa casa ( e seguírana pagando, ollo ) logo de levar satisfeito moitos recibos, casa que será requisada pola banca para logo ser vendida ós constructores ( os que teñen diñeiro fresco, amigo; por que pensades que xa non constrúen? váilles ser máis barato recomprar o que ante venderon pagando un 50 ou un 60% menos ); os campesinos verán como marchan os cambios powershift pola porta do curral e como pagarán de novo unhas propiedades que xa tiñan desamortizadas os seus devanceiros con moito gasto de sudor e menos asesores e coperativas. mentras tanto os políticos e xerentes recollerán o séus premios e aguinaldos millonarios por ter prestado tan bos servicios á oligarquía capitalista e dirán, torcendo o xesto mentras toman albariño e arroz con bogavante na atalaia sobre silgar do hotel sanxenxo que " esto demuestra, amigo pedro, que un sector subvencionado acaba siempre siendo un sector arruinado, como bien nos decían en la facultad. lo importante ahora es buscar la fórmula para poder competir mejor y, entre nosotros, buscar otro nicho desesperado para volver a venderles la estampita".

onofresabate #20 18/Xuño/2009 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

baltar69 escribiou o que escribiu e escribiu ben. Son esas verdade que non gusta que chas digan. Pero se queremos saír desta hai que aprender dos erros. De todos modos, baltar69, es algo inxusto porque xeralizas, e hai gandeiros en Galicia que cooperativizaron a maquinaria. E habería que informar destas realidades. ¡Ai se houbese presnsa! Polo resto, estou dacordo contigo.

Algún día habería que falar tamén de que desde que chegou a "democracia" por estas terras baixou o comunitarismo. O que supón unha demoledora crítica.

molondron #21 18/Xuño/2009 molondron
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E mais, estes non son os que, cada vez que hai unha convocatoria electoral, van en masa votaren ao partido único e irreductible, ao PP? Ese partido que, en absoluto, ten intereses espurios para que non se cree un sector lacteo-gandeiro forte e con futuro xa desde hai década?
Pois hala, que é o que hai, CATRO ANIÑOS A CALAR E A SEGUIR VOTANDO A FRIJOLITO!!!!

Hermerico #22 18/Xuño/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A soluçom já a deu signatus na sua ligaçom, quem nom goste...nom há outra. E para quem lhe pareça caro o leite, quanto custa a cerveja?
Para isso sim que temos

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: