Os manifestantes advertiron do perigo que supoñerá o porto deportivo para a ría e insistiron en que é un proxecto ilegal.
Galiza non se vende exixiulle este sábado á alcaldesa de Cangas, Clara Millán, a paralización das obras do porto deportivo de Massó e instou a Autoridade Portuaria de Vigo a cesar os recheos na ría.
Varios centos de persoas, máis de mil segundo a organización, manifestáronse dende a Alameda Vella de Cangas até a zona do Salgueirón, onde se levan a cabo as obras de construción do complexo turístico, onde insistiron na ilegalidade do proxecto e lembraron os danos que levarán consigo as instalacións.
Segundo o Foro Social de Cangas, incluído en Galiza non se vende, as obras de Massó son "un atentado ecolóxico" que, de completarase, suporían a perda de 500 empregos no mar e, en xeral, un ataque á veciñanza de Cangas. Apuntan como "cómplice" a alcaldesa e o seu socio de goberno, o socialista Héctor Otero.
Galiza non se vende acusa Millán de "prevaricación" por "non lles facer caso" aos informes que emite a concellaría de Urbanismo do concello cangués, dirixida por Mariano Abalo, que participou activamente na protesta.
"A alcaldesa non paraliza as obras porque se está a basear en informes manipulados, presentados en 2008 e realizados pola secretaría do consistorio", denunciaron. Segundo o colectivo, o documento está baseado nun acordo acadado no ano 2001, "totalmente manipulado" e condicionado á existencia dun Plan de Usos "especial" que "nunca se aprobou".
Ademais de Galiza non se vende, participaron na manifestación representantes de todos os grupos contrarios á construción do porto deportivo de Massó, veciños e membros da confraría de pescadores San Xosé, que organizou a marcha.
Aínda quedam bos e xenerosos aguantando da bandeira que outros arriaron tam miserablemente.Parabéns aos participantes na protesta!!!
O problema é que protestamos, pero logo eses centos de persoas van a seguir a votar aos de sempre. As cousas se poden cambiar, temos o poder para iso, máis a xente non está pola labor, confórmase con berrar de cando en vez.
Poucas veces foi tan evidente a relación entre capitalismo e depredación do medio. E poucas veces foi tamén tan salientable a subordinación e apoio da esquerda institucional, sexa "españolista", sexa "nazonalista" aos intereses dos amos do diñeiro, dos pelotazos, das burbullas deportivo-inmobiliarias...
Hoxe máis ca nunca cómpre levantar un proxecto organizativo que una a loita contra o capitalismo e a defensa intransixente dun ecoloxismo racional.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com
O libro de estilo de Vieiros segue marcando a liña: para cando ides poñer "Clara Millán, alcaldesa de Cangas polo BNG"? Por que facedes referencia ao seu cómplice, indicando "ao socialista", e non á nacionalista? Contamos as noticias, e xa van... Nótase en exceso!
Pra face seguimento do tema de Massó en Cangas:
http://fpgcangas.blogaliza.org...
Concordo co/coa peroxa. Xa cheirou que non houbese información sobre a mani antes de se celebrar.
Cangas,
Compre certo consenso. Non as gerras de fai vinte anos.
Xa van moitas neste munisipio. O de máis praias de toda Europa. Fará case que vinte anos fun a unha concentración para levar o instituto lonxe da praia, pero era ao revés, a xente non quería que os seus fillos foran estudar o monte.
Tanta construcción ilegal, na propia rodeira, en area brava, en calquera das máis de trinta calas...
Soportamos moitas e vimos como este pequeno paraíso volveuse difícil de soportar.
Case ninguén quere un porto deportivo, pero case todos están dacordo en que hai que faser algo en Massó.
As cousas Claras, e os programas para cumprilos, e se non informar a que se deben os cambios de opinión.
De quen é Masso? Por que non hai un paseo de rodeira a area milla?
Moito coidado! Claro que hai que facer algo en Massó, o primeiro frear a súa destrución, tapalas tellas, pasar co camión do lixo e arranxar os buratos dos peiraos. E despois o máis lóxico sería expropialo e darlle un uso público.
Coa escusa de que está abandoado non temos que tragar coa primeira operación especulativa que lle vendan ao alcalde no poder.
E o dos paseos ten límites que teñen que estar claros. Dende a baleeira (onde agora pretenden iniciar o espigón do porto) cara a Nerga, toda a costa é espazo natural do Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia (decreto 82/1989), e con razóns sobradas. Nos espazos naturais débese restrinxir dun xeito adecuado a presencia humana, xa temos espazos nós dabondo pra pasar co quad, deixarlle un pouco ao resto das especies non debera escandalizar a ninguén.
Non a turistificación, non á especulación, BNG, PSdeG PSOE vendedes Cangas.