ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Carta ao presidente da Xunta

O ILG advírtelle a Feijoo do "dano gravísimo" ao prestixio social da lingua

O Consello Científico do Instituto da Lingua Galega, entidade dependente da Universidade de Santiago, reprocha que se transmita a idea de que o galego "é lingua só dunha parte da cidadanía".

Redacción - 12:30 22/06/2009

Mensaxe íntegra enviada ao presidente da Xunta por parte do Consello Científico do ILG:

"Excmo. Sr. Presidente da Xunta de Galicia,

O Consello Científico do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela acordou dirixirse a vostede para lle manifestar a súa preocupación polas medidas adoptadas e polas declaracións realizadas nas últimas semanas polos distintos membros do goberno galego verbo da lingua propia de Galicia. Estas actuacións supoñen un serio retroceso na extensión do coñecemento do galego e na súa implantación na sociedade, na administración e no ensino, e ademais están a producir un dano gravísimo ao prestixio social da lingua galega, socavando todas as actuacións de normalización anteriores e poñendo en cuestión as futuras, ao difundir desde as máis altas instancias as falsas ideas de que o galego é lingua só dunha parte da cidadanía e de que existe un proceso de imposición que discrimina os castelanfalantes.

Por outra parte, resulta contraditorio que este retroceso se produza nun momento en que existe un interese crecente pola nosa lingua en ámbitos académicos e científicos de numerosos países e nas administracións europeas. Aínda non hai moito o Consello de Europa chamaba a atención sobre a insatisfactoria situación do galego no ensino, a discriminación que sofren os galegofalantes no sistema xudicial e a situación de marxinación nas empresas que prestan servizos públicos en Galicia. Todos os estudos de carácter sociolingüístico inciden sobre a situación de inferioridade e retroceso que está a sufrir a lingua galega.

O goberno galego, cumprindo a lexislación vixente, ten o deber de promover a lingua galega en todos os ámbitos da sociedade, e ten tamén a responsabilidade de contribuír a xerar un clima positivo cara a ela, desfacendo os vellos prexuízos que aínda se manteñen vixentes e impulsando as súas potencialidades tanto para o desenvolvemento dunha sociedade máis libre e máis xusta coma para a proxección de Galicia cara ao exterior.

A lingua é un ben compartido por toda a sociedade. É por iso responsabilidade de todos, e en primeiro lugar da Xunta de Galicia, impedir que se converta en motivo de conflito. A lingua galega, lonxe de ser unha limitación, é un activo fundamental para Galicia e ten sen dúbida grandes posibilidades de futuro, na Europa multilingüe e na sociedade aberta que estamos a construír.

Consello Científico do Instituto da Lingua Galega
Universidade de Santiago de Compostela"


Ligazóns

4,79/5 (39 votos)


Comentarios (51)

volvebreogan #1 22/Xuño/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

sume e sigue!xa somos cada vez máis!falta a uvigo!

repítome como un vello!! temos que preparar unha serie de folgas por tódalas vilas e cidades do país para o principio do curso, para que tódolos cidadáns saían a rúa,profesores,alumnos,ex-profesores,ex-alumnos,universidades,sindicatos,partidos políticos,asociacións de nais e pais etc...

TODOS xuntos pola defensa da nosa língua! sen bandeiras sen ideoloxías partidistas!para demostrarlle ao pp e aos espanholistas extremistas que os galegos no tema da nosa lingua e do noso patrimonio somos unha soa voz e unha soa persoa!

Viva o GALEGO! Viva Galiza Ceive!!

luaminguante #2 22/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

iso me gustaría;sen bandeiras que non sexan a galega;alomenos eu,é a única coa que me identifico ao 100%,e en todos os momentos da vida;é a única que nunca me fixo sentir traizoada;a única á que nunca sentin gañas de lle botar unha reprimenda.
so detrás da bandeira galega,limpa doutros símbolos podemos marchar todos en defensa da língua (e nunca merecerán marchar tras ela o conselleir@ trapalleir@ e os seus secuaces)

sferreiro #3 22/Xuño/2009 sferreiro
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

(Ref. a volvebreogan)
A Universidade de Vigo xa denunciou tamén publicamente as gravísimas consecuencias da política lingüística involucionista do actual goberno da Xunta. Podes ler o texto do seu comunicado no potal da ctnl (Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística), na sección de novas (Máis Alá).

galeguzo #4 22/Xuño/2009 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Curioso que a crítica a faça do ILG (em tempos, "Instituto de la Lengua Gallega"), sendo como foi o PP um dos seus grandes valedores. Curioso, curioso.

maragota #5 22/Xuño/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Galeguzo, eu moitas veces critiquei o ILG, mais hoxe toca darlle os parabéns.

volvebreogan #6 22/Xuño/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

grazas polo apuntamento #3! de todos modos #2 a idea sería ir sen bandeiras, e só con pancartas a prol da nosa lingua,non é por ser menos galegos,senón para que poidamos ir xentes de varias ideoloxías xuntos e sen prexuizos..está claro que o pp non vai ir..pero mellor,non nos queren nin os queremos....

a nosa bandeira xa sairá a rúa dentro de ben pouco..primeiro unámonos pola nosa língua e pola defensa do noso patrimonio e logo xa sairemos todos xuntos por motivacións políticas..

galeguzo #7 22/Xuño/2009 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

#5 Eu não é que não os parabenize, mas não se podem admirar a estas alturas do conto de que o PP caminhe por onde caminhe. "Cria cuervos y te sacarán los ojos", diz o provérbio castelhano. Melhor teria feito o ILG se desde a sua nascença não desse argumentos culturais para os postulados do PP. Graças a instituições como o ILG e a RAG é que o PP está 'legitimado' para falar em nome da 'normalização'. Mais vale tarde que nunca para rectificar, já ora. Só espero que não seja tarde DE MAIS.

Hermerico #8 22/Xuño/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

A nossa língua causa tanto interés que é falada por uns 300 milhons de pessoas no mundo. Mas isto nom o admitem os auto-limitados portunholistas.

maragota #9 22/Xuño/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#7: OK. Valeron as aclaracións.

OBSERVADOR #10 22/Xuño/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Foi o ILGa o criador das NOMIGa que tanto dano têm feito nas escolas, nas mentes e nas vidas dos galegos.

Pretendem o que? Que pensemos que não é assim? Que não foi assim? Que graças a eles as cousas iam bem? Que tudo é culpa do Feijoo?

Eles defenderam e defendem a morte da língua: seja a morte para eles, servida em bandeja.

OBSERVADOR #11 22/Xuño/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Denunciam que está em perigo o "prestixio social da lingua"?

Isso soa-me a PRESTIGE: cuatro hilillos de plastilina...

Mas a quem querem enganar? Depois de ser os cabeças de lança do espanholismo radical na Galiza, querem passar por galeguistas???

Cuevillas #12 22/Xuño/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Hermerico, o conto de que a nosa língua fálana 300 millóns no mundo é mentira. En Mozambique somentes un 10% fala a variante dialectal portuguesa, os demáis falan lénguas autóctonas. En Angola pasa o mesmo. Ao falr de tal cantidade, estás sendo imperialista ao igoal cós españois. E que os fillos portugueses foron imperialistas e quixeron impoñer o seu dialecto do galego en África. Non o conseguiron, porque Mozambique vai ir máis polo lado do inglés. Non sexamos catetos como son os españois cando falan dos 420 millóns. A min chégame con falar cos que coñezo no meu país na miña língua, xa verei se teño tempo pra falar con 300 millóns ou non (e que me resposten por riba en español ou en inglés como é o caso dos lusitanos lisboetas).
Por outra banda o que pasa é moi sinxelo: os galegos entendemos o castelán, pero seica os analfabetos como Gloria Lago non entenden o galego, nin poden perder tempo en aprendelo. "El castellano es la lengua vehicular en la que todos nos entendemos". Eso é mentira, porque eu entendo algo de catalán. Igoal a xente que non entende galego, non lle da a cabeza para máis.
Eu ainda agardo que Galicia Bilingüe diga ou faga algo para que no Bierzo teñan o dereito a aprender en galego. Non defendían o bilingüismo?

Vituco #13 22/Xuño/2009 Vituco
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Señor OBSERVADOR: ¿e que facías manifestándote cos "cabezas de lanza do españolismo radical" o 17 de maio? Aquí hai xente que pareceu perder a cabeza.

Criselda #14 22/Xuño/2009 Criselda
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Benvida sexa toda defensa da lingua e mais se a achega é dunha institución que sabe de que fala, pois os que lle negan o pan e o sal non din máis que parvadas.
Había que pensar nunha plataforma independente dos partidos políticos que a defenda. Vexo nalgures que membros do PP non están dacordo con esta política. O idioma propio de Galicia é de todos e por todos debe ser asumido ou non terá moito futuro.

mariaj #15 22/Xuño/2009 mariaj
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Non sería unha boa idea facer unhas plataformas cidadás para movilizarse? algo que chegue á xente pero sin moitas connotacións políticas.

fidalgogaliza #16 22/Xuño/2009 fidalgogaliza
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Parte do reitegracionismo fica fora da realidade, nun outeiro tan alto que non ve aos que temos os pes no chan.... pena de enerxia desperdiciada.

AGIL #17 22/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Em (#5) comenta maragota: «Galeguzo, eu moitas veces critiquei o ILG, mais hoxe toca darlle os parabéns.»
:::
COM.- Lamento-o, Maragota, mas não posso parabenizá-los enquanto não mudem radicalmente as suas concepçções tanto do Galego quanto da Galiza, segundo se acham mais do que delineadas nas NOMIGa e antes nos métodos Gallego 1, Galego 2 e sobretudo Galego 3.

Nestes dias estou a ler o discurso do Santamarina Fernández (respondido pelo Alonso Montero) ditado em outubro de 1998, como "revisitación" do de Piñeiro (este de 1967).

É um textos sinuoso que deixa o leitor sumido nas dúvidas, como, aliás, é o próprio autor.

Na seção «Anarquía gráfica» trata desta "quaestio vexata" «que merecería en por si outro discurso». (p. 42)

E continua, acho que com acerto (daí a urgência e necessidade de, talvez, pelo menos dialogar, embora saibamos que a nenhuma meta comum cheguemos...):

«A ortografía é a vestimenta da língua escrita; completamente de acordo; pero en canto a ortografía deixa, moito ou pouco, de ser fonética [na realidade nenhuma orgtofgrafia é fonética, NENHUMA!], e, polo tanto, se volve convencional [toda a ORTHOGRAPHIA é convencional, TODAS!], moito ou pouco, comeza a ser discutible e opinable cal é a vestimenta máis axeitada. Se coma no noso caso houbo unha [orto-] grafía histórica que esmoreceu coa decadencia, e outra que xurdiu espontánea [?????????] e que, fóra dos casos de fonemas específicos (os que se representaron maioritariamente con X e NH: 'hoxe', 'unha'), adaptou a da lingua dominante [ESPAÑOLA], resulta tamén opinable cánto de histórico, cánto de rexurdimento e cánto de innovación debe de te-lo "manto académico de liño" que substitúa a vella "coroza labrega de xungos". Pero aínda hai máis: pode poñerse en cuestión a escolla da variedade idiomática mesma (no noso caso, galego ou portugués [: NA REALIDADE GALEGO-PORTUGUÊS ou GALEGO-CASTELHANO]) e entón a ortografía xa non é só vestimenta gráfica dunha lingua senón símbolo dunha identidade nacional; daquela a ortografía xa se volve ideoloxía e a escolla dun modelo deixa de ser académica e faise, máis ca nada, política. Por esta razón principalmente a cuestión ortográfica galega aínda non está resolta nin ten trazas de resolverse, entre outros motivos porque (desde a perspectiva política) os partidarios de cada escolla lle negan lexitimidade ós da outra, lexitimidade política.» (p. 42)

Santamarina vê com bastante clareza em que consiste "la questione della lingua".

Mas nel ele nem outros parecem querer abrir os olhos e refletir sobre o facto (a meu ver decisivo) de que os órgãos e instituições do nacionalismo espaÑol optassem pelas NOMIGa ILGa-RAGa e não pelas normas reintegradas ou portugueses.

Pensam que os nacionalistas espaÑoles, nos diferentes governos, optaram pelas NOMIGa e as assumiram para melhor "normalizar o galego"?

Eu tenho a resposta, mais cada vez evidente. Por isso reclamo dos isolacionistas e sobretudo dos membros do ILGa que reconsiderem a sua posição gráfica e, a seguir, podemos falar. Mas enquanto as suas NOMIGa sejam o instrumento, que são, da "des-normalización do galego", pouco temos a dise-nos.

Enfim...

luaminguante #18 22/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

14 e 15
estou dacordísimo;apuntaríame xa
o que e o primeiros paso que avise

AGIL #19 22/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Corrijo: «Eu tenho a resposta, mais cada vez evidente. Por isso reclamo dos isolacionistas e sobretudo dos membros do ILGa que reconsiderem a sua posição gráfica e, a seguir, poderemos falar. Mas enquanto as suas NOMIGa sejam o instrumento, que são, da "des-normalización do galego", pouco temos a diZER-nos.»

Enfim...

acarondosil #20 22/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Sexan benvidas todas as declaracións a favor da nosa lingua.

Pero esta xa tardaba un pouco, sobre todo despois do que deixou escrito o filólogo clásico sobre eles.

O ILG ten que deixar de estar por enriba do ben e do mal e debe baixar á rúa onde está a xente que loita no día a día. Eles que traballan coa materia prima do pobo, teñen que mesturarse máis con el. Estou falando a nivel oficial, porque individualmente xa sei que o fan. O "estudo" do filólogo de FAES tiña que ter tido contestación e non a tivo. Pensarán, como os da RAG, que o ILG non está para esas cousas, pero despois, á hora da verdade, o que queda é o desprestixio da nosa lingua. E uns señores e señoras que saben moito dela, pero que nun din nin mu. Pero ben, agora dixérono.

acarondosil #21 22/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Na última liña do meu comentario #20 tiña que dicir "que non din nin mu".

AGIL #22 22/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Em (#16) fidalgogaliza assinala-nos (com o furabolos?; ameaçante?): «Parte do reitegracionismo fica fora da realidade, nun outeiro tan alto que non ve aos que temos os pes no chan.... pena de enerxia desperdiciada.»
...
COM.- Os que nos fizeram perder tempo e pés no chão foram justamente os isoladores, à cabeça dos quais estava Constantino García (q.e.p.d.):

1.- Não fôramos os reintegracionistas, com Lapa e Carvalho à cabeça, os que avisamos de que a "normalización" apoiada na "normativización" (NOMIGa) conduzia à desfeita da Comunidade galegófona?

2.- Não dissemos que era impossível que instituições espaÑolas "normalizacionasen" o "galego", nem sequer o seu "galego", feito a proósito para não interferir no castelhano "normativo"?

3.- Não viram os galeguistas do ILG (que os há) e da RAG (que também alguns havia e mesmo agora há) que uma normar castelhanizadas só servem para a substituição definitiva das falas galegas pela "lengua nacional del reino", que é a "casteLLana" ou, incostitucionalmente, "espaÑola"?

4.- Não puderam, previsto o que indubitavelmente ía acontecer, pelo menos propor um Galego sério, pelo menos uma Norma AGAL, que servisse de trânsito ao Galego sério e, ao mesmo tempo, de instrumento universalizador?

5.- Porque com esse Galego-Português ou Português galego os galegos, para além de se comunicarem na Galiza, podem estender-se (ou emigrar) para muito deferentes partes do mundo e, em particular, para toda a Lusofonia, onde precisam trabalhadores de toda a índole...

Enfim, é o que acontece por jogar a perder...

Hermerico #23 22/Xuño/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Cuevillas, o do imperialismo admito-o e ainda mais, no Brasil é ainda pior. Mas o facto é que o galego-português, ibero-romance ocidental ou como lhe quisseres chamar é a lígua "franca" para os estados artificiais deixados polo colonialismo português na África. Cousa que pretende ignorar algum "apegado ao cham" que anda por aí, com o seu cada vez menos galego e mais crioulo espanholizado

sursumcorda #24 22/Xuño/2009 sursumcorda
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

AGIL creo que non é o momento para as túas teimas. E dígocho dende a conciencia de que podes ter parte de razón. Pero agora non é o momento.
Canto ao comunicado do ILG, alguén me podería responder por que non o fixera xa? De todas maneiras máis vale tarde que nunca.
Agora tócalle ao CONSELLO DA CULTURA GALEGA. De non o facer acusarémolos de connivencia.

AGIL #25 22/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Em (#24) sursumcorda conselha-me: "AGIL creo que non é o momento para as túas teimas..."
:::
COM.- Pode que haja quem opine que os outros têm teimas, enquanto ele nem as visite... Mas...

Penso que também é teima pretender que organismos do reino de espaÑa façam críticas aos organismos do reino de espaÑa: pouca cortesia institucional é essa.

Caro sursumcorda: Penso que o ILG é organismo do reino; portanto, deve estar obediente ao projeto nacional/ista espaÑol que desenha e contém a Constitución española de 1978.

Como também pertencem aos organismos do reino as faculdades das Universidades e os departamentos delas.

Igualmente é organismo do reino o Consello da Cultura Galega, como a RAG, como... a "Xunta de Galicia": Todos acham-se submetidos ao império da legalidade constitucional...

E que ordena essa legalidade constitucional?

Aí está o problema: uns interpretam-na dum jeito e outros de outro, mas no fim e ao cabo o certo é que o Galego, sendo "lengua también oficial", de facto é "suboficial", quanto aos usos, e, quanto à forma, é subsidiária da forma da "lengua oficial del estado", como a tua grafia evidencia.

Já che dei a resposta à pergunta: O ILG e o CCG e a RAG e... apenas podem suplicar ao presidente da "Xunta" que seja benévolo, se puder, porque "todos sabemos" onde é que estamos (com certeza dizem todos eles, com a boca pequena mas convictos de todo). E mais nada.

Mas como suplicar, sem que pareça que é súplica, que dizer, reconhecimento de que se está submisso e submetido aos ditados dos governantes (políticos)?

Leiam, leiam os "manifestos-carta" ao Feijó e amigos do Feijó e digam se ultrapassam a súplica...

Unidade? Mais unidade que tiveram todos estes anos... E que conseguiram? E por riba temos de assentir ao que digam e como o dizem? Assentir e consentir? Mas, se eles contribuíram à desfeita... durante quase trinta (30) anos, desde antes da "transición democrática", desde a Ley Gneral de Educación (1970): O ILG foi criado por Constantino García (q.e.p.d.) em 1971, ano do "Gallego 1"... contra as primeiras NOMIGa da RAG (1970-1971), elaboradas por Carvalho Calero...

Nego-me a comungar com rodícios...

acarondosil #26 22/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +15 Negativo]

Parabéns a unha profesora de Ribadavia.

Acabo de ver unha foto no Xornal de Galicia na que unha profesora loce ao lado do conselleiro unha camiseta que poñía "Ensino en galego, si. Censura non", na visita que facía o conselleiro de educación a Ribadavia para clausurar o curso escolar. Seica había máis. Parabéns a todos e todas.

Benchosei #27 22/Xuño/2009 Benchosei
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

E os marraos cebados da RAG que opinan desto?

onofresabate #28 22/Xuño/2009 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

#1 A proposta de VOLVEBREOGÁN é ilusionante. Deixade o cainismo para o fútbol, para o mus, para outra calquera trapallada.

Eu tamén vin, no Xornal e na teles hoxe, a profesora de Ribadavia, e moitos alumnos co mesmo cartaz.

Biosbardos #29 22/Xuño/2009 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo -10 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



maragota #30 22/Xuño/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

#26: Si. Penso que tiveron problemas nese centro, non deixaron reunirse aos pais e profesores tiveron problemas. De aí a referencia á censura na camiseta.
O da TVG mesmo me sorprendeu, que non censurasen iso.

galilea #31 22/Xuño/2009 galilea
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Tamén a min me sorprende que na portada da Voz sacan unha foto de Vázquez no colexio de Ribadabia con panacartas e pancarteiros ao fondo: http://media.lavozdegalicia.es... . Ao acceder á noticia sae unha foto dun profe cunha camiseta igual que a de Xornal, pero non se distingue a mensaxe. Parabens á comunidade educativa de Rivadabia pola recibida a este lingüicida.

luaminguante #32 22/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

a tvg estase a esperpentizar:hai pouco dician nas noticias que os profes estaban contra a imposición do galego,e puxeron unhas 4 entrevistas a profes claramente peperos,,que máis ou menos dician iso;pasando por alto que xa uns 4000 profes(sumando os coordinadores de endl que non se apuntan na outra lista)temos firmado o noso apoio ao actual decreto.
ao millor 4000, parcémoslle 4 pringaos;pero eu creo que vale máis aopinión de 4000 profes,que a de 4000 paletos faltos de autoestima e fácilmente manipulables,que se manifestaros con Galicia Biperina

volvebreogan #33 22/Xuño/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

camisetas a 3€,co lema ensino en galego sí,censura non, e todos xuntos polas rúas de tódalas vilas e cidades galegas ao comezo do curso seria a mellor forma de dicir aquí estamos nós,escoitádenos!

cachindiola #34 22/Xuño/2009 cachindiola
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

a verdade é que nesta soedade agradécense cousas coma esta. menos mal porque os da oposición están apirolados. pero apirolados de todo, e claro, así nos vai

Gaias #35 22/Xuño/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A verdadeira cara do PPSOE

http://www.youtube.com/watch?v...

acarondosil #36 22/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

A verdade é que os de Ribadavia teñen moito mérito. É que mirando como diciades na Voz de Galicia, había unha foto dun mozo que recollía de mans do conselleiro un diploma, ou algo así. E lucía a camiseta reivindicativa. Outros non seriamos capaces, de aí a miña admiración por todos eles e elas. Non estaría mal, como dicides algúns, lucila todos de vez en cando.

acarondosil #37 23/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Onde vos parece que viña a noticia do conselleiro en Ribadavia sen ningunha alusión ás protestas? No portal da Xunta.

galilea #38 23/Xuño/2009 galilea
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Pois a portada do Xornal de mañá non ten desperdicio, estas rapazas e rapaces de Ribadavia teñen moito mérito como di acarondosil, estou segura de que moito alumnado e profesorado galego estaría encantado de estar tamén aí para plantarlles cara a estes exterminadores do noso idioma http://www.xornal.com/media/fi... . Por certo tamén se di aí que o Instituto Cervantes está castellanizando topónimos de Galicia. O que nos faltaba

galilea #39 23/Xuño/2009 galilea
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Vaia, ía utilizar o buscador de centros para ver que informacion habia nas webs dos centros educativos acerca do tema da língua, e eliminaron o acceso a elas. Sempre que entrei aí puiden acceder á páxina web dos centros que a teñen. https://www.edu.xunta.es/webce... . Sóame a mais censura

lixeiro #40 23/Xuño/2009 lixeiro
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Aos AGIL e demais reintegracionistas só lles importa o seu: se o conselleiriño de Educación lles paga un congresiño e lles escribe unha notiña con -ç-, -lh-, -nh- seguro que o colocan nun pedestal. A ver se vos decatades de que a lingua (a galega polo menos) está en perigo e que somos precisos todos, todos, que os tempos non están para atacarnos uns aos outros. Por iso, benvida sexa a carta do ILG como benvido no seu momento foi o comunicado da RAG. Seguro que prefeririades que non o fixesen para seguir enchendo de "m..." aos que non pensan coma vós.

EVAZSOU #41 23/Xuño/2009 EVAZSOU
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#40... Infelizmente, para a tua informação, o único que está a acontecer é justo o que o bom de AGIL e outros reintegracionistas vêm anunciando há anos...

Os que cobram, para a tua informação também, durante os últimos trinta anos, e ainda agora são os do ILG, Ramon Piñeiro, Consello da Cultura, Universidades... Ultimamente até o Gabis são subvencionados...

Por entanto os reintegracionistas como AGil levam décadas (e não há prevista mudança) com bloqueio das plataformas públicas e sem cobrar de nenhuma administração nem um pataco, mas afortunadamente preparando-se para esta situação de "solução final" na que o espanholismo já sentindo-se forte tira a máscara...

O discurso do ILG, mesmo a qualidade da língua, diz nada e não tem qualquer uma força...

mceleiro #42 23/Xuño/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Feijóo leva apenas uns dias de extermínio do galego. O ILG leva décadas colaborando.

Uma simples carta oportunista e serôdia é bem fácil de fazer.

É significativo que os responsáveis institucionais (pagados) do maior retrocesso linguístico na história da Galiza (passo dum 80% de falantes a um 15%) só defendam um mantemento do mesmo status quo em política linguística fracassado, que tão só pode aportar uma crioulização e desaparição do galego mais devagarinho.

É bom lutar contra o empioramento da situação, mas não chega. Também há que lutar por melhorá-la. Especialmente quando te pagam por fazé-lo.

martin32 #43 23/Xuño/2009 martin32
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

I hate PP!!

fidalgogaliza #44 24/Xuño/2009 fidalgogaliza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa están os acratas cagandose no ILG. Que país de ananos!!
Podese ser máis sectario que un ácrata sectario...non!

tiEsMoito #45 24/Xuño/2009 tiEsMoito
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A eses catro AGIL's o único que lles importa é o seu ego seudorevolucionario. Precisan sentirse vangarda para curar a sua plena conciencia de mediocridade.
Manchar as mans na transformación difícil e traballosa deste país non é para eles. Para eles é esbardallar, soltar rollos insufribles de cortos mentais, e se poden tirar o traballo dos demais, con esa agresividade propia do acomplexado e do resentido, entón quedan tranquilos e satisfeitos ... Sodes o mellor estrume para cultivar pepeiros a eito.

Eu aposto pola unidade en torno á lingua. Separando a defensa do seu uso, da sua valoración e da sua promocion pola administracion, de calquera outra cousa. Plantarlle cara a este goberno de mediocres e neofascistas. E defender algo tan básico como a supervivencia da nosa lingua. Nas manis mais tamén Dia a Dia, con gañas e con claridade. Que se visualice socialmente a adhesión á lingua.

aovellaquemira #46 25/Xuño/2009 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#45
Como era isso sobre quem escreve 'gañas'?

Morreis abraçados à mentira de que é o reintegracionismo o culpável de qualquer cousa a respeito da língua.

Quando só quedem reintegracionistas a defender a língua já não reproduzireis os preconceitos e as mentiras do espanholismo. Daquela já os direis directamente.

fidalgogaliza #47 25/Xuño/2009 fidalgogaliza
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

AGora entendo todo e porque unha parte, que non todo, do reintegracionismo q

fidalgogaliza #48 25/Xuño/2009 fidalgogaliza
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

que quedou fora do último acordo. Porque eu tamén son reitegracionista, como non selo?!

Pois logo este grupo de iluminados elitistas desprezannos á morralla populacheira, todo o que non sexa o que eles dín é castrapeito e españolista... e pensar que así o galego vai resistir!!, con esas posicións non resiste ninguén!. Barrennos de contado!

mceleiro #49 26/Xuño/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

- ILG-RAG celebram religiosamente cada ano o Dia das Letras Galegas ao lado dos governantes, enchem a caixa de dinheirinhos públicos, publicam uma carta-manifesto na defensa do galego cada quatro anos, e cada oito ainda publicam uma reforminha ortográfica.

São os heróis MELHORANDO a situação linguística.

- Logo estão os cabrões dos reintegracionistas complicando-o tudo. Se eles não existiram, o galego estaria livre de "orzamentos" e poderiamos viver dos "presupostos". Acima, os quatro AGIL's sementam a dúbida, argumentam o lado escuro, traicionam o autonomismo, internacionalizam o nacional, maiorizam o minorizado, e dinamitam o quatriprovincialismo.

São os tiranos EMPIORANDO a situação linguística.


O reintegracionismo é sectário e elitista...
O isolacionismo é integrador e universal...


Este país não só está cheio de ananos, amais os ananos estão cegos.

mceleiro #50 26/Xuño/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#45

O reintegracionismo será "seudorevolucionario", mas o isolacionismo é contrarevolucionário (sem pseudo).

Se aqui alguém tem complexo de inferioridade e se sinte mediocre, conhecerá-lo polos Ñ, meu.

Se alguém se molha, nadando contra corrente pola língua, esses são os reintegracionistas. A quem mais merda lhe cai no lombo é a nós, que nola tirais abondosa no entanto falais de colaborações, unidade na língua, etc.

Quanto ao trabalho na transformação do País, todos trabalhamos, uns para mantê-lo galego, outros para castelhanizá-lo.

Face aos nossos "rollos" argumentais, temos o vosso silêncio, vazio, banalidade, futilidade,...quando não directamente a mentira e constante demagógia.

Agresivamente, sim, lutamos por tirar "esse trabalho" dos que destruiram mais o idioma em 30 anos de autonomismo que em 500 de doma y castración.

Somos também o estrume de pepeiros. De facto o PP é totalmente reintegracionista.

Tu polo que apostas é por colher um dia o ano uma bandeirinha e chantar-te na Quintana exaltando o teu amor à língua, que tanto lhe queres que a escreves com a ortografia do inimigo...

fidalgogaliza #51 30/Xuño/2009 fidalgogaliza
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Amigo mceleiro, dous non se entenden se un non quer.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: