ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aproveitando a inauguración en Portugal

Dous polo prezo dun: o calote das piscifactorías de Mira e Touriñán

A Pescanova fóranlle concedidas até nove alternativas a Touriñán, ampliación de proxectos existentes e gorentosas subvencións. Agora, coa anuencia da Xunta, podería arramplar tamén co espazo muxían protexido.

R.N. - 18:35 22/06/2009
Vistas de Mira

Vistas de Mira

A inauguración na localidade portuguesa de Mira da megaplanta acuícola de Touriñán volveu traer á actualidade o paralizado proxecto que o mesmo grupo empresarial, Pescanova, trataba de levar adiante no seu momento na costa muxiá. A iniciativa foi cabalo de batalla no seu momento entre o PP, daquela na oposición, e a Xunta bipartita, cos populares criticando que se prohibise a construción desta planta malia estar proxectada en zona natural protexida.

O certo é que, mentres o PP insistía en que, de recuperar o poder, permitiría ese proxecto, a empresa negociaba con éxito coa administración, segundo lle confirmaban naquel tempo a Vieiros fontes do anterior goberno, a procura de localizacións alternativas a Touriñán. Deste xeito, e malia que PP e a propia empresa deixaban transcender a idea de que a macroplanta de Mira era a alternativa á prohibida en Touriñán, na realidade a piscifactoría portuguesa era un proxecto a maiores. De feito, técnicos da Xunta e de Pescanova consensuaban un conxunto de zonas fóra da rede natura onde construír finalmente a planta inicialmente pensada para Touriñán.

Unha presión que rendeu beneficios xa en 2006
Deste xeito, no verán de 2006, a área do Penedo do Corvo, en Ribadeo, e de Punta Morás, en Xove, aparecían como as máis axeitadas, segundo a análise de Goberno e empresa. Con todo, a Xunta púxolle na mesa á empresa até nove posibilidades diferentes.

Apenas uns meses máis tarde, no inicio de 2007 confirmábase que a redefinición do plan acuícola permitiríalle ademais á empresa nestas novas localizacións a duplicación do investimento e a produción prevista ao comezo. De paso, Pescanova recibía tamén a autorización para a ampliación dunha granxa acuícola xa en funcionamento.

"Ofrécenlles o que nin sequera a empresa pide", láiase a oposición
O feito de que empresa e PP teimen en amplificar, a través de medios de comunicación, a idea de que a planta lusa substitúe proxectos pensados para Galiza, é criticado con belixerancia pola oposición. Desde o PSdeG, a voceira parlamentaria en materia de Pesca, Marisol Soneira, recorda non só as alternativas concedidas a Pescanova pola administración, senón tamén as gorentosas axudas públicas postas á súa disposición. "Agora a Xunta quere darlles o que nin sequera a empresa pide", láiase a deputada socialista.

Marisol Soneira considera que a actitude do PP neste caso ten que ver co intento de erosión da imaxe do bipartito e á vez co intento de convencer á opinión pública da presunta necesidade de arramplar con espazos protexidos como chanzo previo a "outros excesos". De paso, a representante do PSOE aproveita para recordar os puntos escuros na adquisición dos terreos, "comprados a prezo de saldo no seu momento" por parte da empresa. "Seguen coa lenda de que é un proxecto que marchou para fóra, cando iso é falso, o Plan Acuícola pon a disposición do sector amplos espazos de tanta e máis dimensión, para as empresas que queiran aproveitalos", argumenta Soneira.

Desde o BNG, expoñen tamén a posición contraria ao "agresivo" proxecto de Touriñán e afirman que "o modelo do PP é subvencionar con fondos públicos grandes proxectos de acuicultura". Ao tempo, lembran que a volta a esta polémica coincide coa inauguración por parte da mesma empresa dunha planta de panga en Mozambique que, avalían os nacionalistas, "logo competirá co peixe da flota galega". "Ao mesmo tempo que o PP privilexia a través das subvencións públicas a Pescanova, este gran grupo empresarial anuncia a entrada en funcionamento en Mozambique dunha gran planta de produción de panga, xa que o que importaba do Vietnam non era suficiente, que directamente co peixe da nosa flota pesqueira", censura o deputado do Bloque e voceiro da formación en materia de Pesca, Bieito Lobeira.


5/5 (8 votos)

Comentarios (17)

zarrulheiro #1 22/Xuño/2009 zarrulheiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

No "NODO" da TVG a noticia foi dada botando as "culpas" ao bipartito, durou mais tempo essa admoestação sectária na tvfeijoo que a própria noticia, mas claro, era isso do que se tratava. Também, o comportamento dos amigos de La Voz, simplesmente, nao defraudou.

ANGR #2 22/Xuño/2009 ANGR
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Que vergonha. Galiza, paraíso da especulação.

A manifestar-nos toca.

Galiza não se vende!

Lead_bocas #3 22/Xuño/2009 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Parai as bestas!!!
Atentados coma este son os que enchen de odio as persoas decentes.

Atlantico #4 22/Xuño/2009 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Non voltarei a mercar productos Pescanova.

rubentxu #5 23/Xuño/2009 rubentxu
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

onde está galiza non se vende?????

DanielErreCe #6 23/Xuño/2009 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Non se vende? O certo é que xa hai moito tempo que estamos vendidos. Ou non se nos nota?

AfonsoDaniel #7 23/Xuño/2009 AfonsoDaniel
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#5 "onde está galiza non se vende?????"

Quizabes pensas que protestar por que non se instalaran as piscifactorías, sen distinción da cor política do goberno, é o mesmo que deixar que se instalen, como fixo o bipartito no goberno e fai agora ficando mudo e pasivo na oposición.

Vaille contar as túas historias do "non acontecido" ao comité de propaganda do teu partido, crédulo.
Ou se queres escribe en google "acuícola site:galizanonsevende.org" e atoparás 10 páxinas de resultados.

amoscaesquerdosa #8 23/Xuño/2009 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Nunca a chantaxe do gran capital foi tan evidente.
Nunca a subordinación dos intereses públicos tan descarada.
Nada se respecta, todo debe renderse ante as súas imposicións.
Quitadas todas as máscaras queda isto: que somos os seus escravos e que como tales temos que vendernos sexa como sexa para acadar un posto de traballo para poder vivir.
Cómpre ou non unha alternativa anticapitalista?
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

pitiriti #9 23/Xuño/2009 pitiriti
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

E logo que? Unha plantacion de eucaliptos nas dunas de Corrubedo?Un aquapark na lagoa do Rei en Rábade? E que tal unha pista de karting no medio da Fraga do Eume? Pero ben no medio eh? aí, que estrague o máis posible. Todo o que sexa para foder o que hai, non vaia ser que quede algo con cabeza neste país. Logo estes caralludos que aquí apoian a piscifactoría de Touriñán van por Europa e teñen os santos collóns de vir marabillados "Pero mira que está ben coidada a Francia" "Hai que ver que paisaxen en Holanda" "E os lagos de Suiza" claro, alí aos paisanos non se lles mete o dedo na boca...

osforcados #10 23/Xuño/2009 osforcados
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

#9 pitiriti, vai dar unha volta por Holanda e verás o que é o superporto, da outra por Suecia e observas o que é a canteira de Kiruna, de volta vés por Alemaña e pasas pola Ruhrgebiet e finalmente opina sobre o que hai aquí...

xabinho #11 23/Xuño/2009 xabinho
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

FIJO!! SEÑOR PRESIDENTE!!...tod@s los que te votamos te estamos muy agradecidos, tú si que tienes planes de futuro, no como esos rojos separatistas a los que había que meterlos en fosas jopé....
PRESIDENTE, estamos orgull@s de usted, tiene que seguir así,también necesitamos que todos los ríos de la nuestra tan amada galicia se construyan todos los embalses posibles TODOS!!, tambien que asfalten el corel y los ancares...(el otro día me contaron q pelayo, un médico del ferrol del caudillo torció un tobillo),tambien sería un gran proyecto para la nuestra galicia y españa construir un casino en las dunas de corrubedo, crearían muchísimos puestos de trabajo...bueno presidente, tu siempre tienes planes, y nosotr@s te seguiremos votando siempre por los siglos de los siglos...
(presidente una recomendación sin animos de ofender,se dice PESCANUEVA)
GRACIAS PRESIDENTE!! VIVA ESPAÑA!!

Trovador #12 23/Xuño/2009 Trovador
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E que seria daquela plataforma tam simpática chamada "Galiza non se vende" que tanto se manifestava contra o governo bi-partito.
Suponho que agora estaram felizes, com a nova política ambiental do PP. A melhoria foi evidente.
Pois venha, a seguir felizes !

croiosdetector #13 23/Xuño/2009 croiosdetector
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O número é o seguinte:

Para construir a planta precisam-se aproximadamente 1000 trabalhadores: CERTO

Toda vez que se construa SÓ DARIA 30 POSTOS DE TRABALHO

Difundide isto. Uma planta de peixe nom gera mais do que 30 postos de trabalho.

Xos #14 23/Xuño/2009 Xos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

¿1000 traballadores para construír a pranta? Iso é unha barbaridade

Trovador #15 23/Xuño/2009 Trovador
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Mentira, a planta pode-se construir com 60 trabalhadores e sobram, que nos dias de hoje precisa-se de menos mão de obra que no século pasado.

Num tramo de caminho-de-ferro de 9 km, pode haver como máximo uns 250 ou 300 trabalhadores, cum orçamento de 80 milhões de euros. Nom entendo de onde sae isso de 1.000 operários.

ecoe #16 23/Xuño/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Minten, mas toman os cartos e liscan

rubentxu #17 24/Xuño/2009 rubentxu
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

ao #7

Polas estradas e ruas da miña comarca, Bergantiños, citoche algunha pintada que fixo galiza non se vende:

- BNG traidor, piscifactorias NON!

A consellería do mar, que eu sepa, non era do BNG, tampouco a de medio ambiente, porque contra o PSOE non habia ataques? porque se boicoteaban mitins do BNG? Porque alguns portavoces do PP acudian as manifestacions de Galiza NN se vende na cabeceira ...

Non hai máis cego que o que non quer ver...iban claramente contra o BNG, e estando no bipartito non houbo ningunha masacre ecoloxica, veremos agora, non vos da que sospeitar que integrasen a medio ambente e urbanismo na mesma consellería...

E asi para gota final, un comentario, que seguramente non sexa da maioria da xente que formaba a plataforma, pero... eles non protestaban contra a construccion das plantas, eles protestaban polo baixo prezo que lle pagaban os terreos, sobretodo pola zona de arou, camelle


Ahi queda iso, reflexionemos e debatemos, pero non insultemos

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: