ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aprazamento

O Goberno paraliza a creación dunha policía galega

O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, apela á crise económica, e afirma no Parlamento que "hai que ir paso a paso".

Redacción - 09:00 24/06/2009
Furgonetas da Policía Autonómica Galega

Furgonetas da Policía Autonómica Galega

A Xunta do PPdeG non renuncia a ter unha policía propia, á que chamarían Autonómica, mais a súa formación queda aprazada por un tempo: segundo palabras do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, "hai que ir pouco a pouco".

O anuncio, realizado esta cuarta feira no Parlamento por Rueda, supón darlle prioridade ao despregamento do corpo da policía española adscrita a Galiza sobre a fórmula transitoria que se puxo en marcha durante os gobernos de Fraga, e que o de Feijóo prevé prorrogar.

Segundo contou Rueda, a idea é negociar co Ministerio do Interior para ampliar os 370 axentes actuais do corpo adscrito até chegar a 500, tal e como prevía o convenio asinado coa Xunta. Para Rueda, estes 130 novos axentes deberían traballar "a pleno rendemento" para Galiza o ano próximo, coa ollada posta na celebración do Xacobeo 2010. Porén, a Xunta non renuncia a ter policía propia, "pero hai que ser realista", aseverou Rueda, quen apelou á crise para xustificar a decisión de non priorizar o novo corpo policial.

Alén disto, o conselleiro tamén anunciou que a sede onde se forman os axentes da policía autonómica, a Academia Galega de Seguridade, na Estrada (Tabeirós-Terra de Montes), converterase tamén nun centro de "urxencias e seguridade", albergando tamén a Axencia Galega de Emerxencias, que Presidencia prevé reformar.


2,14/5 (7 votos)


Comentarios (14)

ichavinho #1 24/Xuño/2009 ichavinho
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Todo o que cheire a galego está sendo erradicado polo PP,o certo e que non agardaba menos dos neofascistas estes,o que si agardo e unha resposta nosa e non nos quedemos na casa NUNCA MAIS!,pois puxemos o zorro no poleiro e agora queixamonos de atopa-las galinhas mortas

galleto #2 24/Xuño/2009 galleto
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

A POLIGAITA

galleto #3 24/Xuño/2009 galleto
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

POLIGAY

(queda facer o logotipo)

maragota #4 24/Xuño/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Como serían contratados por estes, mesmo me parece unha excelente noticia.

maragota #5 24/Xuño/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#4: Quería dicir: Como serían controlados por estes, mesmo me parece unha excelente noticia.

fillotolo #6 24/Xuño/2009 fillotolo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

"Usted no puede ir por Arteijo a 120 km/hora os es que no lo entiende. A mi hábleme bien que sino no lo entiendo."
Os colonizados culturais chegan até a renegar de si mesmo, son buracos negros que tragan a cultura e escupen merda.

Raimundo #7 24/Xuño/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



luaminguante #8 24/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

3
poligay?
eso li lles gustaría

luaminguante #9 24/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

El Gobierno del PP de Galicia nombra a un joven de 21 años como asesor de Economía e Industria con un sueldo de 54.000 euros anuales




insurgente.- Se desconocen los méritos que han llevado a este nombramiento más allá de su militancia en Nuevas Generaciones. Aparte de esto, la única actividad conocida de Dorado es un blog cuyo contenido –más propio de un escolar que de un estudiante universitario– no sólo no aclara el por qué del nombramiento, sino que lo hace aún más incomprensible.




Javier Dorado Soto es el presidente de Nuevas Generaciones de la provincia de Pontevedra y desde que el PP ganó las elecciones gallegas es también –a sus 21 años, sin experiencia laboral conocida y sin haber terminado la carrera de Derecho– asesor del consejero de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández.


Así figura en la web de la Consejería, no una de las más importantes sino la que más de todo el Gobierno gallego, en la que Dorado aparece como uno de los tres miembros del Gabinete del consejero Guerra Fernández. Según establece la propia legislación autonómica, el cargo de Dorado es remunerado con más de 50.000 euros anuales. Una vez conocido el escándalo, desde el PP gallego han negado que cobre esa cantidad –que es la legalmente establecida para el cargo que ostenta– y se limitan a decir que Dorado es un "mileurista".

luaminguante #10 24/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

chegoume este correo,pero non podo poñer a foto;é unha pena porque é clarificadora
vese que ser monillo vale máis que ter a carreira acabada(e en un cargo tan importante

volvebreogan #11 24/Xuño/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

e digo eu..porque teñen a bandeira de españa??xa non é a primeira vez que vexo un vehículo da 'nosa policía' con esa bandeira..como se nota a pegada de fraga...na galiza os galegófobos queren poñer máis bandeiras das xa existentes noutras zonas do estado español onde sí hai un verdadeiro sentimento nacional...como temos que dicirlle que non queremos ser españois??

Fóra o caciquismo!!

Viva Galiza Ceive!

Criselda #12 24/Xuño/2009 Criselda
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Gústame o do asesor, o seu currículo e, sobre todo, o seu xornal.
Verbo da policía galega, aquí o único adxectivado galego que vai quedar admitido tras desta devastación é o do caldo, sempre que o resto da frase vaia en castelán. A mí te me gusta mucho el caldo galego".

luaminguante #13 24/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

gloria lago de que o amor ao galego queda xa ben patente no noso uso dos diminutivos.que máis queremos?
"que bonitiño es decir:que tal amiguiño?como te van las cosiñas?
marcho para casiña que hace calorciño............

Hermerico #14 24/Xuño/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Que mais tem o colar que levem estes cans?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: