ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Reunión co conselleiro este xoves

Educación promete contar cos equipos de normalización no deseño do novo decreto

Representantes da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística nos centros escolares achegáronlle á Xunta un decálogo "para o consenso".

Redacción - 17:15 25/06/2009

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística tivo esta cuarta feira unha xuntanza co conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, onde lle expresaron a "preocupación" e o "malestar" diante da polémica orixinada arredor da lingua galega no ensino. "Esta polémica é moi negativa para a convivencia nos centros, e polo tanto para a educación en xeral e para a lingua en particular", indican. Ao fío, achegámoslles os dez puntos debatidos pola coordinadora este xoves co conselleiro e en base aos cales os representantes do colectivo solicitaron da Xunta que, como parte "fundamental" do sistema educativo, se lles permita participar na elaboración de "calquera documento que lexisle o uso das linguas no ensino":


1.O marco lexislativo educativo ten que evitar a confrontación na comunidade escolar.

2.O alumnado non pode ser segregado por razón de lingua.

3.Débese garantir a presenza do galego no ensino ao 50% como mínimo para poder acadar a competencia nas dúas linguas cooficiais. Só así o alumnado poderá escoller en liberdade.

4.Téñense que elaborar materiais didácticos, de calidade e actualizados, en lingua galega para todas as materias e todos os ciclos educativos, que suplan as carencias existentes.

5.Hai que ofrecerlle ao profesorado cursos de reciclaxe e capacitación en lingua galega; para isto é imprescindible contar cun programa previo de formación de formadores.

6.Cada centro debe seguir elaborando o seu Proxecto lingüístico, que é a base para que os ENDL desenvolvan as súas funcións unha vez analizada a situación sociolingüística do centro.

7.Decreto de infantil.

A)Nesta etapa débese garantir que o alumnado adquira de forma oral e escrita o coñecemento das dúas linguas oficiais tendo en conta que a lingua minorizada precisa de maior reforzo.


B)Propoñemos que avalíen os resultados das liñas de galego en infantil de cara a manter este programa. Os informes elaborados nestes centros valoran moi positivamente estes proxectos xa que permitiron conseguir que todo o alumnado adquirise a competencia nas dúas linguas oficiais, fose cal fose a lingua inicial dos rapaces e rapazas.

8.Equipos de Normalización e Dinamización.


A)Débense implementar programas de formación en dinamización lingüística para o profesorado interesado.


B)Hai que potenciar as coordinacións intercentros.

C)Téñense que consolidar as funcións das coordinadoras provinciais dependentes da DXPL.


9.A administración debe realizar campañas efectivas de dignificación da lingua, que comecen polo propio goberno da Xunta. A situación do galego é moi delicada, por iso algunhas accións e declaracións realizadas nos últimos tempos cuestionan o labor de recuperación do galego feito ata o momento.


10. Parécenos inadecuado que a enquisa sexa a base dun decreto novo. Esta consulta, tal e como foi realizada, non pode ter ese peso nunha lexislación educativa. En cambio, débense ter en conta conta os diferentes datos sociolingüísticos existentes tirados de estudos elaborados con rigorosidade (MSG, IGE), así como os diferentes Proxectos Sociolingüísticos de Centro realizados nos últimos anos.


4,8/5 (15 votos)


Comentarios (12)

carlinhos21287 #1 25/Xuño/2009 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

van ouvir que non é o mesmo que escoitar.... mal futuro....

acarondosil #2 25/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A min parécenme moi ben os dez puntos dos Equipos, a cuestión é, como se di no primeiro comentario, que lles fagan caso e que os teñan en conta.

luaminguante #3 25/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

temos que intentar entre todos que así sexa;temos que apoiar á coordinadora,que ata o de agora actuou irreprocabelmente.
sexamos alomenos moderadamente optimistas(para non perder forza)

LOIS_DE_SILAN #4 25/Xuño/2009 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Copio o texto enviado á Consellaría en relación coa consulta pre-decreto do galego no ensino non universitario.

"Á Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria

(Rúa Otero Pedraio s/n, 15781 Santiago de Compostela)

Asunto: comentarios e suxestións na consulta ás familias sobre a utilización das línguas (sic) no ensino non universitario de Galicia

Lois ..., con DNI , indico para comunicacións e notificacións a rúa ... ; 15000 ..., e DIGO:

1 O día 12.06.2009 chegou ó meu coñecemento o cuestionario sobre a utilización das línguas (sic) no ensino non universitario de Galicia elaborado por esa consellaría.

2 O devandito cuestionario foi confeccionado en galellano (frase en GALego seguida de frase en casteLLANO), violando o dereito dos destinatarios coñecedores da lingua española oficial propia do territorio a usarmos con normalidade ou sen discriminación a lingua galega.

3 O día 15.06.2009 dirixín escrito a esa consellaría solicitando cuestionario en galego e en tempo para cumprimentalo dentro do prazo outorgado ás familias.

4 A día de hoxe, 22.06.2009, a referida solicitude aínda non foi atendida.


5 O cuestionario enviado non permite expresar satisfactoriamente o meu parecer, criterio, desexo, elección ou opción lingüística no ensino non universitario; porén, ó meu entender, e dentro da política cultural e mais do actual marco xurídico político de soberanía española sobre A Galiza, a política lingüística que as persoas galegófilas debemos esixir e mais practicar para A Galiza vai cima da seguinte trepia:

1º pé.

Cumprimento rigoroso do ordenamento xurídico vixente e aplicábel (empezando polos xulgadores!): na Galiza na súa lingua española oficial propia do territorio coma en Castela na súa coma en ... na súa; sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente aínda descoñeza a territorial propia (desarraigamento ou por motivos igualmente especiais: docendi causa, iocandi causa, ... ).

Isto significa usarmos sempre o galego na Galiza e esixirmos sempre que se nos atenda en galego, a non ser que o noso interlocutor aínda descoñeza lexitimamente a nosa lingua.

2º pé.

Bilingüismo necesario: lingua propia do territorio de uso xeral ou hexemónico e mais unha outra acordada polas comunidades lingüísticas do planeta como interlingua, lingua ponte ou lingua antidiscriminatoria que permita a comunicación e integración de calquera membro de calquera comunidade lingüística con calquera outro e, daquela, en calquera outra do mundo.

A interlingua substituiría o castelán como lingua oficial en todo o territorio do Estado, sería cooficial coas linguas propias do territorio e terían dereito a usala os que lexitimamente aínda descoñecesen a propia do territorio.

Isto significa entender e defender que con dúas linguas (a propia e o inglés v. g.) podemos resolver tanto o problema do respecto e conservación das linguas e culturas do planeta coma o de poder comunicarnos lingüisticamente de xeito directo con calquera persoa do mundo.

3º pé.

Harmonización gráfica ou escrita co galego normalizado de fóra da Galiza española.

O primeiro pé da trepia esixe:

a Un servizo de balde de asesoramento sobre o uso correcto da lingua galega que considere igualmente correcto tanto os actuais criterios da RAG coma os doutras institucións análogas para o galego de fóra da Galiza. O uso correcto tamén o podemos lograr de xeito autodidacta; porén, para os que teñan dificultades non está de máis un servizo de balde amáis da escola.

b Outro servizo, tamén de balde, de asesoramento iuslingüístico, representación e defensa xurisdicionais dos dereitos lingüísticos.

c Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.

O segundo:

a Accións na Galiza, no Estado e mais no eido internacional, nomeadamente coas outras comunidades lingüísticas.

b Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares: comentalo, discutilo, aceptalo, defendelo.

E, o terceiro pé da trepia:

a Accións da RAG coas institucións análogas do galego de fóra.

b Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.

6 Traendo esta pretensión global ó eido do ensino non universitario e a falta, por unha banda, dunha lingua universal común escolleita polas comunidades lingüísticas do planeta e, por outro lado, da apuntada modificación constitucional do estatus do castelán fóra do seu territorio propio:

a O galego, xa coa súa forma escrita harmonizada co galego de fóra da Galiza española e sen prexuízo de que os que empezaron coas normas da RAG sigan, se así o prefiren, o ensino nelas, debe ser a lingua de uso xeral ou hexemónico desde os primeiros cursos.

E isto, madia leva, sen prexuízo dos períodos transitorios de adaptación pedagóxica desde outras linguas para aqueles discentes que teñan por lingua inicial algunha distinta á propia do territorio.

b O inglés debe ser introducido no momento e coa intensidade que permitan (de acordo con criterios contrastados), por unha banda, preservar a natureza de lingua propia do territorio do galego e, por outra, garantir a súa función de lingua universal común ás distintas comunidades lingüísticas do planeta.

c O castelán debe ser introducido no momento e coa intensidade que permitan, mentres non se modifique a Constitución no senso apuntado, preservar as funcións reservadas á lingua propia do territorio e á universal común e mais cumprir o ordenamento xurídico vixente e aplicábel.

Polo que, SOLICITO:

1 Téñanse por feitas as precedentes manifestacións e por atendida a consulta sobre a utilización das linguas no ensino non universitario.

Dígoo e solicítoo en ... o día 22 do mes de xuño do ano 2009

Lois de Silán".

Entendo que os ENDL deben enxertar a súa función no proceso xeral de regaleguización da Galiza española e deixar de ter como referencia o aínda vixente decreto do bipartito PSOE-BNG. Entendo e defendo que deben partir do obxectivo constitucional de NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA e, conseguintemente, defender sen complexos os intereses xerais dos galegos: INMERSIÓN NA LINGUA PROPIA DO TERRITORIO, sen prexuízo das previas integracións lingüísticas que procedan dende a lingua que corresponda en cada discente.

Por outra banda, a formación en galego dos docentes, a disposición de materiais didácticos de calidade en galego e, SOBRE TODO!, que o resto de discursos e praxe en eidos distintos do ensino non sexan contraditorios co esforzo regaliguizador que se lidere no ensino coido que non admiten discusión.

AGIL #5 25/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Olha, Lois, «Accións da RAG coas institucións análogas do galego de fóra»: Quais são essas "institucións análogas"? Não existem.
:::
De resto, "la conserjería" essa vai passsssssssar absolutamente de tudo e de todos os que não digam sim ao que ela mande.

EVAZSOU #6 25/Xuño/2009 EVAZSOU
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Quando a gente de uma vez entenda que isto é uma guerra a morte e passe de acordos, consensos e colaborar e se vaia à folga, ao bloqueio a passar da Xunta de Feijooooo antes encetaremos a fazer e a fazer de verdade...

caloiro #7 25/Xuño/2009 caloiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

EVAZSOU, tranquilo, hai moitas estratexias, hai que ir deixando madurecer, que as cousas collan forma e, se falas de folga no ensino, pois que parta de dentro, ao caladiño, deixando que o PPdG vaia ensinando máis e máis o rostro e a patiña. E se a sociedade vai caíndo na conta, mellor que mellor. Meteron a pata coa enquisa, metérona coa censura, deixa que caian en máis fochancas, todo ha de vir ao seu.

Cuevillas #8 26/Xuño/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Os de G.B. e todos nós sabemos perfectamente que non se poden ter nalgunhas escolas dúas aulas para primeiro (unha de galego e outra de castelán), 2 de segundo, etc. porque é un desastre económico, e porque os mestres volveríanse tolos, ademáis das editoriais. O que queren facer éstes e meter escolas totalmente en castelán nos colexios onde "gañen" as enquisas a maioría de españois falantes.
Por exemplo, en Vigo, Coruña ou Ferrol, ninguén poderá estudar en galego. Ou se separan as aulas, atoparanse insuficientes as de galego. Vai haber estudantes cabreados, moitas expulsións e conflitos alunos-profesores con violencia incluida. Xa veredes.
Na Galiza hai unha língua propia: o galego, e outra de fóra que foi meténdose. A xente que vive na Galiza ten que coñecer a língua galega, porque vai atopaña logo na súa vida. Ou imos ter que falarlles castelán a todos cando sexan grandes e non saiban nada de galego? Todo isto é cousa de fillos de puta, que ben saben o que fan, e que creen que o castelán é superior ás outras língoas.
Como todos nos coñecemos moi ben, hai que deixar as cousas clariñas: 1) Os que queiran estudar en castelán, que vaian a un colexio de pago sen subvencións. 2) Eu como galego poido manter unha conversa cun castelan-falante e enténdoo perfectamente. Os que non queren entender o galego, É POR CASUSAS IDEOLÓXICAS, ou porque son mentalmente máis retrasados cá min, ou analfabetos.3) As causas ideolóxicas se cambaten con máis galego.4) Aos que son retrasados, se lles da clases de apoio en galego. 5) E aos que ainda sigan a hornear, se lles mete un pau polo cú en galego.

AGIL #9 26/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ernesto, bem sabes que o inimigo (sic) está na casa: No meu IES há mais professoras e professores ideologicamente do pEpEEEEEEEE que funcionárias ou funcionários do estado. Quero dizer, andam mais a desfazer o estado em benefício da iniciativa privada (colégios privados) que a conduzir-se como funcionários. Importa-lhes um c... o seu labor como funcionários públicos; sabem-se de ordenados seguros e ponto. Os filhos de todos eles "educaram-se" no ensino privado. E na Galiza que ideologia domina nos centros privados? E, como digo, nos públicos?

vermelhogz #10 26/Xuño/2009 vermelhogz
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

venha, a pôr o cuinho bem disposto para poder seguir cobrando. nao vá ser que na nova etapa vos deixem definitivamente à margem.
Cúmplices!

LOIS_DE_SILAN #11 26/Xuño/2009 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#5 AGIL

"Olha, Lois, «Accións da RAG coas institucións análogas do galego de fóra»: Quais são essas "institucións análogas"? Não existem."

--> Xa sabes que as túas inferencias non teñen que ser as miñas.

"De resto, "la conserjería" essa vai passsssssssar absolutamente de tudo e de todos os que não digam sim ao que ela mande".

--> O pobo éche quen máis manda!

Mágoa que "as familias" non principiaran por pedir o cuestionario da consulta en galego. Mágoa que sindicatos, coordinadoras e demais autoproclamados defensores da lingua non propuxeran empezar polo principio ... por pedir que o cuestionario lles fora enviado na lingua propia do territorio.

Mágoa que todos os membros da Comunidade Lingüística Galega, recibiran ou non o cuestionario e na lingua ou linguas que fosen, non aproveiten a oportunidade de seren consultados ou o dereito de expresión e mais de petición para asesoraren, pediren ou esixiren o respecto e defensa dos seus intereses xerais, dos seus dereitos lingüísticos, do seu dereito a usar a lingua propia do territorio con normalidade ou sen discriminación, en igualdade a como se pode usar o castelán en Castela, o galego en Portugal, en igualdade a como se debe usar unha lingua normalizada no seu territorio propio ou no seo dunha comunidade lingüística sen territorio propio.

Mágoa que non sexamos conscientes de que non hai atallo sen taballo!

caloiro #12 26/Xuño/2009 caloiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Vermelhogz: dis "cobrar" e eu pregúntoche "o que?". A ver se falas deóídas, como parece que fas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: