En virtude da resolución publicada este venres no DOG, os aspirantes poden escoller a lingua na que examinarse.
Os opositores acreditarán o seu coñecemento do galego co certificado Celga 4 ou similar
A decisión do goberno galego de eximir dunha proba obrigatoria en lingua galega para acceder a un posto de traballo na administración pública é xa unha realidade práctica. Este novo contexto é no que se examinan este sábado un total de 3.773 persoas que aspiran a facerse con unha das 1.002 prazas de persoal facultativo do Servizo Galego de Saúde.
A resolución, que foi aprobada no Parlamento co único voto do Partido Popular, foi publicada no Diario Oficial de Galiza (DOG) deste venres e recolle a garantía "da liberdade de elección da lingua no segundo exercicio da fase de selección". Polo tanto, esta proba xa non deberá ser contestada exclusivamente en galego. Doutra banda, o texto garante que os aspirantes que acrediten posuír o certificado Celga 4 ou equivalente quedarán exentos de realizar o terceiro exercicio, un exame que acredita o coñecemento da nosa lingua.
Este exames forman parte do concurso oposición convocado para a categoría de facultativo especialista da área de diversas especialidades, como médico de urxencias, médico de familia de Atención Primaria, pediatra, farmacéutico, odontólogo e médico coordinador do 061.
Os de GB, que presumen de que os seus votos axudaron a gañar as eleccións, empezan a ser recompensados. Aínda que sexa en contra da vontade da maioría dos galegos e galegas.
É unha vergoña que sexamos a única nacionalidade historicamente diferenciada e con idioma propio dentro do estado español que teña un goberno con maioría absoluta do PP, e iso despois de 16 anos consecutivos de votar tamén por maioría absoluta por un presidente que foi minsitro da dictadura, ademais dalgúns outros anos de estarmos gobernados tamén pola dereita máis reaccionaria antes de Fraga.
O noso é un caso clínico. Sempre quedamos como idiotas diante de toda España. ¿Aprenderemos algunha vez?
Este debe ser o único sitio do mundo no que o funcionariado non vai ter que saber a língua propia. Podemos estar orgullosos, (sen excepcións), do panorama político galego.
As probas para o acceso ó emprego e á función pública na Galiza española deberan ser integramente en galego con acreditación de coñecemento suficiente de castelán ... como acontece en Castela verbo da súa lingua territorial propia!
Nin a lei do anterior bipartito PSOE-BNG nin a do actual bipartito Malicia Bilingüe-PP garanten o dereito dos interlocutores dos poderes e administracións públicas a usaren con normalidade ou sen discriminación, respecto do que acontece en Castela, a lingua española oficial propia do territorio.
Para o caso de que o PSOE e mais o BNG quixesen que esta violación dos dereitos lingüísticos na Galiza española non continuase teñen a OPORTUNIDADE de, a través do Goberno Central, presentar o correspondente recurso de INCONSTITUCIONALIDADE da lei da función pública perante o TC.
Mais, dáme a min que o compromiso coa defensa dos dereitos lingüísticos é moito menor do que varios din ... incluso concentrándose, manifestándose, facendo declaracións ós medios ...
Vai o PSOE, co BNG ou sen el, instar o Goberno Central para que recorra perante o TC a lei da función pública?
Estamos preparados para demandar xurisdicionalmente o noso dereito a usarmos a lingua propia do territorio cando un empregado público non nos atenda en galego?
Cabodomundo:
Eu non me sinto idiota porque xamais votei polo PP, e menos aínda para gobernar Galiza. Se me incluín foi por modestia, porque formo parte dos galegos. Ao mellor ti es dos culpables desa idiotez.
Tamén quero dicir que en Galicia non só poden traballar como funcionarios "tódolos españois". Poden todos os europeos da U.E.
#7 cabodomundo
Supoño que esa substitución á que te refires vai sera instantánea e sen necesidade de pedilo: Administració dupla!. Ou vou ter que convencer ó galegoanalfabeto de que teño dereito a ser atendido na lingua española oficial propia do territorio sen dilacións de ningún tipo ... como acontece en Castela ... como acontece en Portugal ... como acontece en calquera lugar no que a lingua do territorio se use sen discriminación. Ou vou ter que esperar a que o galegocoñecente que me vai atender acabe de atender a outro galegousuario que teima en ser atendido na lingua propia do territorio.
Haiche galegos galegófilos e galegos galegoexterminadores! Iso si,uns e mais os outros somos xuridicamente igual de galegos: os delincuentes galegos nin deixan de ser nin delincuentes nin galegos!
O noso pobo, ao que sempre defendín, porque querámolo ou non é o que apoia aos partidos políticos nas épocas de eleccións, aínda non se decatou do que está a acontecer co noso IDIOMA.
Moita xentiña, non le, nin tan sequera o periódico, e claro, non se decata do que está a pasar.
Os de fóra de eiquí...........xa nós chaman iñorantes, parvos, etc,etc.
¿Somos Nacionalidade Histórica na actualidade?.
A verdade que non o vexo, non o miro, non o atisbo.
¡Vergoña a nosa!.
Os que consentirom o galego se escrever em ortografia espanhola tenhem agora a conseqüência natural do seu apoucamento moral e a sua desídia intelectual.
O que escreve como Cabodomundo está a favorecer que Galiza seja Galicia.
¿Que terá que ver a ortografía co feito -incomprensible- de sacar o galego das oposicións? Esta era a única utilidade que tiñan perante a opinión pública. "Hai que estudar galego para entrar na Xunta". Pero aínda hai xente moi intelixente que di: "Hai que estudar galego porque, cando marchen estes, aínda o van volver esixir na Xunta"
Pois que som dous exemplos ou passos da mesma cessom. Fazer com o galego o que faga falta para que nom se molestem os castelám falantes. Si ou nom? SI, SI, SI.
Chama-o "bilingüismo cordial", se quixer.
GalizacapitalBraga!, coido que aínda hai sitio para traballarmos todos na regaleguización da Galiza española. Entendo que non é momento de libertar rancores inútiles.
pois as dez preguntiñas eran do máis chorreiro que pode haber. ben as podían respostar até @s máis parv@s de GB. SE a xente que ten o CELGA4 non ten máis nivel có que indican as 10 cuestións estámosche aviados.
a xente de fóra xa era benvida igualmente, que nunca se lles esixiu cousa ningunha aos/ ás profesionais da medicina non tema da lingua. É certo que lles puntuaba, pero igual cás preguntas sobre lexislación, penso que uns 5 puntiños sobre 100. Que dirían os fachas se se eliminara a parte das preguntas da Constitución?
que pena,que peniña!!!!!!!!!!!!!
un pobo sen orgullo nonten moito camiño por percorrer;menos mal que cada vez vexo máis xente razoable,máis xente que sabe o que é ser galego:
sen dúbida venceremos;tardaremos en vencer pero venceremos;os médicos con decencia adeprenden galego,os outros non merecen o prestixio que vai asociado a esta profesión;non poden ser máis que peseteiros cabomundianos.
temos que seguir loitando contra toda esta barbarie galgófoba
hoxe coñecin uns nenos que estan de vacións aqui e viven en Alemaña;soprendeume que falasen galego;a súa aboa contounos que falan(o maior ten 13 anos)alemán ,inglés,alguiño de francés , e por suposto castelán e galego;que ela quería que souberan galego e llo fala en alemaña
eso me recordou que na xente sinxela,nobre,aniñou a cordura;noutros aniñaron ruindades cabomundianas
Fun de marcha á Coruña este domingo pasado de madrugada e vin asqueado. Unha sobredose de castelán e españolismo encheume de noxo; noxo que me dan todos eses renegados e españolistas fachas e prepotentes, superficiais, CLASISTAS. Danme moito noxo a maioría dos coruñeses da cidade. Aquelo non parece Galiza, que puto noxo!!!
Fun de marcha á Coruña este domingo pasado de madrugada e vin asqueado. Unha sobredose de castelán e españolismo encheume de noxo; noxo que me dan todos eses renegados e españolistas fachas e prepotentes, superficiais, CLASISTAS. Danme moito noxo a maioría dos coruñeses da cidade. Aquelo non parece Galiza, que puto noxo!!!
Fun de marcha á Coruña este domingo pasado de madrugada e vin asqueado. Unha sobredose de castelán e españolismo encheume de noxo; noxo que me dan todos eses renegados e españolistas fachas e prepotentes, superficiais, CLASISTAS. Danme moito noxo a maioría dos coruñeses da cidade. Aquelo non parece Galiza, que puto noxo!!!
Fun de marcha á Coruña este domingo pasado de madrugada e vin asqueado. Unha sobredose de castelán e españolismo encheume de noxo; noxo que me dan todos eses renegados e españolistas fachas e prepotentes, superficiais, CLASISTAS. Danme moito noxo a maioría dos coruñeses da cidade. Aquelo non parece Galiza, que puto noxo!!!
Fun de marcha á Coruña este domingo pasado de madrugada e vin asqueado. Unha sobredose de castelán e españolismo encheume de noxo; noxo que me dan todos eses renegados e españolistas fachas e prepotentes, superficiais, CLASISTAS. Danme moito noxo a maioría dos coruñeses da cidade. Aquelo non parece Galiza, que puto noxo!!!
Non sei como non che cansas de ir tanto de marcha, e tamen de tanto insultar. A ver quen vai ser mais prepotente.
Se cadra en Betanzos a marcha é mais enxebre.