ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Denuncia da Mesa pola Normalización

Outros dous médicos néganse en Ferrol a atender pacientes en galego

O colectivo denuncia dous novos casos de discriminación por uso da lingua galega en hospitais ferroláns.

Europa Press - 20:15 29/06/2009
Carlos Callón, presidente d'A Mesa

Carlos Callón, presidente d'A Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este luns dous novos casos de discriminación relacionados co uso da lingua galega en senllos centros hospitalarios de Ferrol que están integrados no Servizo Galego de Saúde (Sergas). Ambos os dous casos, segundo A Mesa, tiveron lugar a finais do mes de maio nos hospitais Arquitecto Marcide e Naval cando dous facultativos diferentes "se negaron a atender oralmente en galego a un paciente que así llo solicitou formalmente, facendo uso do seu dereito a recibir atención na lingua propia", que ademais tamén o é "do Sergas".

Ao solicitar o formulario de queixa, o usuarios atopáronse con que só se lles facilitou un modelo en castelán, o que contradí o disposto na Circular 5/97 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade. O afectado puxo en coñecemento da xerencia territorial do Sergas e da propia consellaría a situación e tamén se dirixiu á Mesa, que se puxo en contacto coas instancias correspondentes para poñer no seu coñecemento os casos recibidos e coñecer as medidas que se aplican para resolvelos.

A Mesa aproveita para animar a toda a cidadanía a utilizar a Liña do Galego, unha liña telefónica que atende calquera situación de discriminación ou vulneración dos dereitos lingüísticos. A asociación en defensa do galego considera "fundamental" que se dean a coñecer publicamente "todas as situacións nas que o uso normal do galego é imposíbel ou nas que se converte nunha verdadeira carreira de obstáculos", sentenciou.


5/5 (24 votos)


Comentarios (30)

KdL #1 29/Xuño/2009 KdL
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

A denuncia é a milhor arma do noso povo!

Denunciade os abusos! Non máis agresións sen resposta!

MCXOSE #2 29/Xuño/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Eu escúpolles á cara dentro da consulta, e que me denuncien a Min por lles escupir. Fillos de puta. Non vos vou consentir que me discriminedes por falar o meu idioma dentro do meu país!!! Guerra!!!

galilea #3 29/Xuño/2009 galilea
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Pois a partires de agora haberá máis médicos que se neguen a atender aos pacentes en galego, como xa non se require para as oposicións han de pensar que xa non teñen obriga de atender en galego.

Como na noticia de vieiros non aparece esa Liña do Galego, busqueina web da Mesa, é a seguinte: Tf: 902 10 64 74 e enderezo electrónico: linhadogalego@amesanl.org

MCXOSE #4 29/Xuño/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Michael Jackson non nos discriminaría por exercer o noso dereito a sermos atendidos en galego dentro da Galiza. R.I.P. o Rei

luaminguante #5 29/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

este goberno non so deixa desprotexidos aos galegofalantes,senon que fixo xurdir unha nova caste de discriminadores que se amparan nas teses galegófobas do frijolito e de Malicia Bilingue.

acarondosil #6 29/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Isto é exactamente o que dicía Feijoo: o galeguismo cordial.

acarondosil #7 29/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Os médicos dos que fala a noticia, en que grupo dos que facía Feijoo entrarían?
- Reafirmar os convencidos?
- Incorporar os indiferentes?
- Buscar a complicidade dos reticentes?
Eu creo que entraban dentro do primeiro grupo, no de reafirmar os convencidos: convencidos de que os galegofalantes non temos dereitos.

cabodomundo #8 30/Xuño/2009 cabodomundo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Esto xa é de coña.
Voulle dicir á miña familia que cando eu morra, escollan un ataude feito por carpinteiros que falasen galego EXCLUSIVAMENTE.
En fin... cara ónde imos?!... menos mal que so estiveron 4 anos no goberno e que a este paso non voltarán nunca.

Quevedo #9 30/Xuño/2009 Quevedo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O Sr. Feijoo ten como modelo inspirador a Obama e por iso levou a campaña electoral a límites de xogo limpo inéditos ata o momento. Tamén é Obama o seu modelo de galeguismo integrador, non excluente, procurando que o inglés non se sinta discriminado en Galicia polo peso asoballador do galego.

forxas #10 30/Xuño/2009 forxas
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Só dous ? Os usuarios, cidadáns de expresión galega somos e fomos reiterada e teimosamente descriminados en Ferrol per secula seculorum: na sanidade pública e na concertada (hospital de Caranza) e no resto da cidade, ainda que agora xa non reparan nun coma se for un estranxeiro de exótico sotaque. Calquera facultativo reflexivo sabe ben que a praxe médica precisa do dominio comprensivo e expresivo do idioma do paciente para establecer a confianza terapéutica e enxergar a doenza na sua contorna social e cultural.Fica o preconceito e a nugalla intelectual, con lacerante teimosia en facultativos nados no país. O dereito de cidadania convírtese en Ferrol nun privilexio de poucos.

sferreiro #11 30/Xuño/2009 sferreiro
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

É unha vergoña que no ano 2009 aínda ocorran estas cousas. Eses doutores o único que demostran con iso é a súa incultura e a súa pouca profesionalidade.

sferreiro #12 30/Xuño/2009 sferreiro
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Ah, e gustaríame a min saber que diría Feijóo e os de GB se o persoal sanitario atendese sempre e exclusivamente en galego a toda a xente, e que se negasen a atender en castelán. Estou seguro de que se habían de pór...

baltar69 #13 30/Xuño/2009 baltar69
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

polo titular, capcioso e tastabexo, non son capaz de discernir con propiedade de que se está a falar na cabeceira nin no torpe desenrolo : néganse os médicos a atender pacentes galegofalantes de calquera doenza polo feito de ter os doentes este idioma ou néganse os galenos ( pola razón que sexa: descoñecemento, falta de interés, por non se-la súa língoa habitual ... ) a utilizar unha das língoas de uso común en galicia na súa atención á clientela cotidiá?
entendo que é o segundo caso e coido que se está a exacerbar ao persoal que amenaza lapos cunha anécdota sen moita importancia, xa que a cidadanía agradecería máis ao defunto bipartito unha mellor xestión do sergas con máis camas ( a letanía dos enfermos nos pasillos non ten nome, pero ningún de eles é funionario ), mellores servicios de garda nos pac ou fomentando máis titulacións nas universidades galegas, por moito que esto lles doese a aqueles que consideran a saúde un luxo, que estas escaramuzas de si fulano fala no servicio en galego ou en castelán. ao cabo o importante é entenderse e o código castelán é comprendido pola totalidade da poboación, porcentaxe análoga na comprensión e recoñecemento do galego, o cal non pode significar outra cousa que unha boa riqueza comunicativa.
a mpnl é un lobby que resultou nefasto na etapa anterior; eu non digo que non sexa necesaria a súa concurrencia a prol do idioma de galicia, pero sí debe aceptar unha pequeniña parte de responsabilidade nos sucesos de marzo e que a súa belixerancia resulta excesiva e inútil tal querer matar moscas a cañonazos. non o fai, ou polo menos non o fan de boquiña para fóra, e pretenden proseguir co camiño de enfrentamento ó máis puro estilo gb, percurando un nicho social con cargo ao presuposto no que acocharse e perpetuarse.
mal vamos así, que o cidadán o que demanda é unha boa asistencia e o cor das batas, o escudo que leven bordado ou o idioma que fale o persoal tráenlla ó pairo, máis aínda nestes tempos de crise donde sobran moitas florituras e todos centramos a nosa atención nos dispendios dunha administración nugallá e inútil na que estes membros e membras da mesa teñen tamén acocho cando non están de reunión ou de rolda de prensa.
falando con algúns cargos do bloque déixase entrever aínda certo resentemento contra o electorado que estiman fallóulles; de ahí pode vir esta renovada e torpe carga reivindicativa, máis eu coido que foi ao revés xusto ( o do fallo que pretende ve-lo benegá ) e mentras non o interioricen mal vamos ( a curia frentista, anque soio teñan 30.000 votos, seguirá a vivir ben e a amosar respeto institucional por uns e outros traxeados pero nos, o pobo, os impostados, somos sempre quen nos fodemos ), por que o séu plantexamento dunha galicia de charanga e pandereta, abanderada e barnizada pola galeguidade máis folclorica, a medio camiño entre a bucólica sesta do nobre na solaina de séu pazo e a descusión diletante de cafetería compostelá á sombra dunha plácida cátedra, tocou fondo e volvemos necesitar ideoloxía, xa que ser galego ( que o somos, eso está xá fóra de dúbida; todos os que vivimos en galicia somos galegos e non outra cousa) agora xa non chega.

forxas #14 30/Xuño/2009 forxas
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Menos demagoxia baltar69 (máis camas, "amenaza lapos cunha anécdota sen moita importancia"...resentemento,escudos.. de que estás a falar?) Aquí non se está a falar da xestión, nen mesmo da opción persoal do facultativo na súa vida privada, mais na contorna santiaria e no exercizo do seu rol de traballador sanitario nun servizo público e no idioma do paciente. Para nada falas da praxe médica nen das obrigas dun funcionario público. E cómo que non se trata de comprensión ? Eis o cerne: o que ti chamas riquexa comunicativa precisa tamén de riqueza de habilidades cando se establece o compromiso terapéutico.E a profesión médica precisa destas habilidades. Para nada falas da responsabilidade do médico verbo do seu paciente (que é tamén coa súa contorna social, cultural,idiomática). Unha boa asistencia non é asunto "técnico". Non se poden guindar croios e verter seudoargumentos sen ponderar o que significa o exercizo das profesions sanitarias.A adversión de moitos médicos a achegarse ao paciente através do seu idioma é unha necesidade médica, moita é a literatura sobre isto se a quixeras ler ou alomenos ter en conta. Acontece que moitos funcionarios precisarian readaptarse a unha realidade social onde os galegos de expresión galega comezan a esixir o dereitos a ser atentidos no seu idioma.

forxas #15 30/Xuño/2009 forxas
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

El bilingüismo en la Administración no cubre las exigencias del Consejo de Europa
http://www.elpais.com/articulo...

Sinosuke #16 30/Xuño/2009 Sinosuke
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Cabomundo, imos ver... eles na sua vida privada poden elexir que lingua falar, máis, como persoal público deben dirixirse a tí na lingua propia, e máis se ti llo pides.

forxas #17 30/Xuño/2009 forxas
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A cordialidade pivotou sempre do lado do usuario, eis a causa de que non se teñan visibilizado asoballamentos. A discriminación deveu natureza. Os que somos de Ferrolterra contamos as visitas á cidade (médico, compras,etc) coma incursións exóticas . Eu mesmo poido relatar innúmeros casos de desprezo, de xeración en xeración.... Acontece que o Presidente apelou á "cordialidade" trabucando as personaxes....no canto de seducir. Sen facer da nacesidade virtude,é obvio que o médico debería expresarse no idioma do pacente (non apenas entender, cousa doada entre línguas románicas,e non necesariamente através do castelán, mais comprender a súa contorna social, cultural, personal). Hai literatura científica a eito. O personal sanitario debería reflexionar sobre isto xa que atinxe o cerne da entrevista clínica e da confianza terapéutica. Trátase dunha habelencia esencial en calquera traballo, máis tratándose da língua do país.

Gaias #18 30/Xuño/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Pois ante estes casos de discriminacion a Feijoo so lle quedan duas opcions ou garantir os dereitos dos galego-falantes a seren atendidos na sua lingua (cousa que so se garante con exame de galego na oposicion) ou ben que nos desconten dos impostos os galego-falantes a parte que vai destinada a pagar os funcionarios (maxime se non temos asistencia na nosa lingua).

COUTOVEN #19 30/Xuño/2009 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Ao César o que é do César.

Eu penso que Baltar69 fala con propiedade (ata eu sorpréndome de dicir isto) Ciertamente pode ser verdade que se disgregue noutros tópicos que el considera pertinentes e para min iso é válido. De feito tamén o práctico. Iso si, sen a elegancia lingüística e a ortodoxia que o caracteriza e que nos causa sa envexa.

Non pretendo criticar a ninguén respecto diso por favor. Vou dar a miña opinión en base ás miños de 20 anos de exercicio profesional como médico nun país onde non existe a pluralidad lingüística que existe en Galiza pero que certamente do mesmo xeito que en todos os lados existen variacións idiomáticas que teñen que ser dominadas polo persoal sanitario por necesidade e por obrigación.

Hai que realmente centrarse nos eventos acaecidos e ver se certamente existiu unha negativa premeditada a prestar a atención ao paciente no idioma Galego por parte do médico ou calquera outro persoal sanitario. De ser así a conduta deste profesional é altamente reprochable. Se pola contra non ten a facilidade do manexo idiomático é a súa obrigación participarllo ao paciente e no futuro facer o esforzo de coñecer o idioma se pretende exercer de forma regular en Galiza.

Non partamos do principio certo e legalmente establecido que existe unha regulación no concernente ao manexo do idioma que ten que ser respectada. Partamos do feito que significa o ACTO MEDICO ou TERAPÉUTICO. Con toda a tecnoloxía actual e a deshumanización que poida afectar o acto médico existe un principio semiológico básico que é o INTERROGATORIO ao paciente. Créanlo ou non, o interrogatorio adoita dar informacións capitais para o diagnostico e transforma o acto de examinar e pedir estudos complementarios nunha acción confirmativa de algo detectado ao falar e interactuar co paciente. É isto último o que obriga sobremanera ao médico a comunicarse no mesmo idioma que o paciente, moito máis cando sabemos que é posible que algúns estes posiblemente teñan unha preferencia idiomática.

O persoal sanitario pode ter os seus puntos de vista en materia de idiomas, pero non pode poñer a estes por encima do acto asistencial e peor aínda transformalo nunha diatriba. A CONFIANZA do paciente para co seu médico baséase no respecto e as ganas de servir ao ser humano por parte deste ultimo. Eu penso que calquera persoal sanitario que pretenda exercer nunha comunidade como Galiza ten a obrigación legal, moral e profesional de manexarse polo menos en castelán e galego.

O que na miña opinión fai máis pertinente o comentario de Baltar69 é que deixa claro que non pon en dúbida o importante do uso do idioma galego e que non é menos certo que a poboación galega adoita manexarse ben en castelán. Agora, no canto de perderse nunha estéril diatriba fala de algo real e que é determinante en materia sanitaria como é a dotación, as inmensas listas e colas de espera, etc. En fin, critica que a saúde dun dereito pasou a ser posiblemente un luxo. Xa que é bo saber que son as dores dunha nai en traballo de parto ou dun individuo cun cólico nefrítico ou un infarto fanos acudir a un centro asistencial para ser atendidos e pódolles asegurar unha cousa, despois que é medicado o paciente e mitigado a dor posiblemente nin se acorde en que idioma faláronlle cando o atenderon. É dicir, o importante foi que a asistencia fose adecuada e oportuna. E se foi en galego mellor. Nos casos onde por desgraza tócanos dar unha mala noticia créanme que non existe un idioma que mitigue ese momento ineludible de dor que todos estamos obrigados a transitar e para os médicos é unha forma de vivir.

Polo tanto desliguemos certos tópicos lingüísticos da problemática asistencial. Actuemos a nivel da sociedade, as institucións e a educación desta forma lográsese máis nesta materia.

Con respecto ao resto do seu aporte onde expresa comentarios políticos non podo opinar nesa materia pero se beneficiarme do punto de vista de alguén que posiblemente está no lugar dos acontecementos.

No que se estou radicalmente en contra do señor Baltar69 (Isto é o normal) é que sinale os seguinte:

“todos os que vivimos en galicia somos galegos e non outra cousa”

Eu pregúntolle ¿E os que non vivimos en galiza e cremos nela como patria ancestral que somos?

BonKarallan #20 30/Xuño/2009 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

A min que o médico aténdame mal, equivóquese, insúlteme e ata que me mate non me preocupa, pero que me atenda en castelán cando eu lle pido que me atenda en galego, iso non ten perdón.

BonKarallan #21 30/Xuño/2009 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#4 Michael Jackson non nos discriminaría por exercer o noso dereito a sermos atendidos en galego, discriminaríanos por tomar o sol na praia e pornos morenos, co ben que nos senta o branco.

galilea #22 30/Xuño/2009 galilea
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Cando un médico non se achega ao paciente a través da língua na que este lle fala, seguramente tampouco terá unha atención moi coidada con el. A miña nai case a deixa cega unha doutora madrileña que ademais se negou a atendela en galego, fixose como que non a entendía ata que a miña nai mudou ao castelán. Foi falta de coidado no seu traballo e falta de consideracion tamén co tema da língua. Evidentemente foi moito mais grave o seu erro no traballo, pero qué casualidade que se xuntaron as dúas cousas.

BonKarallan #23 30/Xuño/2009 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Aínda que ás veces parece que uso a retranca e outras a uso sen que o pareza Galilea estou de acordo contigo. Hai médicos que son uns auténticos cabróns e uns clasistas e desprezan completamente ao paisano do pobo, pero non só por falar galego senón por ser un don ninguén para eses señoritos.

Eses merecen unha boa denuncia. E non poden ser bos médicos se non saben ser persoas.

galleto #24 1/Xullo/2009 galleto
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Vaia polémica máis estúpida, xa cansa.

Geresiao #25 1/Xullo/2009 Geresiao
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

BonKarallan, eu non permito que o médico me atenda mal nin me insulte, nin me gustaría que me matase; fastidiaríame que se equivocase no diagnóstico, pero comprenderíao. Sempre vou considerar que é un bo médico, POIS É MÉDICO, fale en galego ou fale en inglés; o que si, dado que os dous son médicos licenciados ou doutorados (isto non é o 3º mundo, onde se mercan os títulos!), EU QUERO E ESIXO QUE A MIN ME ATENDA O MÉDICO LICENCIADO OU DOUTOR QUE FALA EN GALEGO E NON QUERO QUE ME ATENDA O MÉDICO DOUTOR OU LICENCIADO QUE FALA EN INGLÉS!!! Tan difícil é de entender?? Tantas entendedeiras hai que ter para comprender que os galegofalantes totais, coma min, queremos que un DOUTOR EN MEDICINA NOS ATENDA E NOS FAGA O INTERROGATORIO MÉDICO EN IDIOMA GA-LE-GO??!! Xamáis me oporei a que a ti ou a calquera outro vos atendan en chino mandarín ou en español, pero deixade que a min me atendan no meu idioma. Para eu poder ter ese dereito, NON QUEDA OUTRA QUE ESIXIRLLES QUE O SAIBAN FALAR SE QUEREN EXERCER NESTA NACIÓN.

Xallundes #26 1/Xullo/2009 Xallundes
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Aparte da redacción da nova, da cal non vou opinar, o que está claro é que se negaron a atender en galego por uns prexuízos culturais que só demostran a categoría do doutor.
¿Que persoa (español) non entende a un galego falando? e mais na situación actual na que o galego falado non está no seu mellor intre, moi mesturado co español. Só por mera educación, pode mostrar o seu descoñecemento da lingua e continuar a atender en español, mesmo falando en galego o paciente. Entendo que non sería agravio para ningún dos dous. Eu, persoalmente, sentiría vergoña de min mesmo se non soubera falar a lingua do lugar onde vivo, mais cada un é libre de ser ignorante.
Hai moitos que fachendean de ignorantes, o que para min é igual a presumir de asno, e ben que o demostran cada vez que ornean :D

BonKarallan #27 1/Xullo/2009 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O mesmo que eu digo Geresiao, aínda que o esaxerei un pouco moito.

Os médicos do SERGAS non teñen perdón e agora coas novas oposicións sen o galego, quen non ten perdón é a Xunta.

cabodomundo #28 3/Xullo/2009 cabodomundo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

#25 Os medicos non fan interrogatorios (son os policías ).
Galicia non é unha nación (é unha rexión/comunidade de España).

AntonioA #29 5/Xullo/2009 AntonioA
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Dilo tí, cabodomundo. ¿Entramos de novo na definición de nación?. Por certo ¿España é unha nación?.
E sí, os médicos fan interrogatorios ¿ou pensas que teñen facultades místicas para saberes o que che pasa?. Bendita inocencia, maldita ignorancia.

Geresiao #30 24/Xullo/2009 Geresiao
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Fuches ben certeiro co teu nick, CABODOMUNDO

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: