ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Malia estar prohibido en seis países do continente

Europa considera que o millo transxénico de Monsanto non supón un risco para a saúde

A Autoridade Europea de Seguridade Alimentar considera que o MON810 non é perigoso para as persoas, os animais e o medio.

Redacción - 12:00 01/07/2009
Manifestación contra os cultivos do millo transxénico MO810, fabricado por Monsanto

Manifestación contra os cultivos do millo transxénico MO810, fabricado por Monsanto

A Autoridade Europea de Seguridade alimentar (EFSA) considerou esta terza feira que a plantación do millo xeneticamente modificado MON810, prohibido em seis países do continente, non supón un risco para a saúde humana e para o medio.

"Os especialistas en OMX (Organismos Modificados Xeneticamente) da EFSA concluíron que o millo 810 non supón un risco para a saúde humana e animal e non constitúe unha ameaza para o medio, se se toman as medidas apropiadas para evitar unha contaminación dos lepidópteros -orde de insectos onde se inclúenas bolboretas-", precisa o aviso público pendurado pola axencia na rede.

Unha variedade de millo transxénico prohibida en seis países da UE
Alemaña, Francia, Grecia, Austria, Hungría e Luxemburgo suspenderon os cultivos desta variedade de millo, concibida para resistir a un insecto, coñecida como a broca do millo -unha avelaíña tamén chamada piral do millo ou, no seu nome latino, Ostrinia nubilali. Estes países aínda non teñen claro que o millo que fabrica a multinacional estadounidense Monsanto non teña consecuencias na saúde humana, animal ou no ambiente.

O aviso da EFSA debería permitir que a Comisión Europea lle propuxese aos Estados membros a renovación da autorización, asinada en 1998, para a importación e plantación do millo MON810.


Ligazóns

3/5 (2 votos)

Comentarios (10)

Regodobardo #1 1/Xullo/2009 Regodobardo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

A energia nuclear tambem é caralhuda, nom está demonstrado que pòida matar milhons de pessoas.
Isto soa-me como a declaraçom da ilegalizaçom legal de partidos politicos democraticos. EUROPA..it´s the final countdown!!!

Regodobardo #2 1/Xullo/2009 Regodobardo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A energia nuclear tambem é caralhuda, nom está demonstrado que pòida matar milhons de pessoas.
Isto soa-me como a declaraçom da ilegalizaçom legal de partidos politicos democraticos. EUROPA..it´s the final countdown!!!

ecoe #3 1/Xullo/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

son U€, europa é un continente de persoas que non poden expresarse nestes i en moitísimos asuntos que lles incumben directamente, pois teñen uns intermediarios políticos cuia función exclusiva é a mercenaria dos oligopolios multinacionais do grande kapital!

Lead_bocas #4 1/Xullo/2009 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Concordo 100%
Europa só di merda
as institucións non están lexitimadas.

JOSEGALAICO #5 1/Xullo/2009 JOSEGALAICO
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Non nos fai falla esa merda en Galicia, afecta a outro cultivos e ademáis obrígate a mercar os pesticidas da súa propia marca.
Tampouco hai información dos lugares onde se pranta .

mceleiro #6 1/Xullo/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Essa merda já a temos na Galiza. Contaminando (esterilizando) o milho autóctone. O vento espalha a semente e não entende de patentes.

Além da discusão dos riscos para a saúde humana, SÃO INEGÁVEIS os riscos para a saúde vegetal das espécies não transgénicas e os riscos para a agricultura mesma.

A semente natural livre de patentes e fértil para mais de uma colheita está em perigo.

ecoe #7 1/Xullo/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Hai pouco que saíron os concellos onde teñen esas plantacións: lembro perfectamente que un deles é Arzúa, precisamente pondo a resultas en custión a riqueza da industria do queixo de orixe.

Debo telo por algún lado, mas si é necesario búscoo. Coido era uns 8 ou 9 concellos.

amoscaesquerdosa #8 1/Xullo/2009 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Un exemplo máis da Europa das multinacionais e os intereses aos que responde...
Por iso temos que seguir insistindo:
CONTRA A EUROPA DO CAPITAL, A EUROPA DOS POBOS E DOS TRABALLADORES.
Outra Europa é posíbel, outro capitalismo, imposíbel.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

LANS #9 1/Xullo/2009 LANS
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Os transxenicos son o maior crime contra a humanidade cometido polo capital.
Os nosos fillos e netos non nos perdoarán se consentimos a privatización das sementes.

galleto #10 2/Xullo/2009 galleto
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

FUCK MONSANTO
FUCK MONSANTO
FUCK MONSANTO
FUCK MONSANTO
FUCK MONSANTO

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: