Xesús Vázquez considera que o actual conflito lingüístico se deriva da imposición que da nosa lingua se quixo facer no sistema educativo.
O proceso de consulta aos pais sobre a utilización do galego no ensino está resultando "máis lento do esperado", segundo recoñeceu este venres o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez. Asegurou que "hai moita xente traballando" no proceso de apertura e lectura das enquisas pero subliñou que é un procedemento "moi moi lento".
Ademais, informou de que o procedemento de apertura "é individual" e require "sumo coidado" para que os lectores ópticos as recoñezan e non sexa necesario "teclear unha a unha, a man". A esta dificultade engádese a de que moitas delas veñen pechadas con fixo, o fai que codificar os datos leve "moitos segundos".
Conflito lingüístico
Doutra banda, o conselleiro salientou que a lectura dos datos está a piques de rematar na provincia de Pontevedra, se ben non quixo adiantar ningún balance, xa que asegurou que "é un proceso que debe contar con todas as garantías" e "non se pode xogar con datos que poden ser parciais" ao referírense só a unha cidade ou comarca.
Finalmente asegurou que "o galego non supón ningún conflito", senón que éste vén dado pola "imposición do galego no sistema educativo, que non satisfacía aos pais".
O conflicto vano ter agora estos vende patrias. Nen un paso atrás.
A estes senhores do PP com cara de pau vai pode sair-lhes cara a política etnocida. O conflito será mais patente.
É que manipular leva o seu tempo. Require facelo con coidado e con calma para que non te descobran. ¿Quen audita todo o proceso? ¿Onde está a entidade independente que dá fe de que é limpo?
¿Que resultado lle interesa ao PP? Pois ese é o que sairá, ¿alguén ten algunha dúbida?
O conflito chegou con eles. Resulta mosqueante tanta demora. Nin un paso atras o 25 de xullo todos a Santiago
nunca tivera a desgraza de ouir a este pavero e hoxe sen querer puxen este vídeo en marcha e acho a outro titulado que non sabe falar en galego, mesmo parece do bloque. ouindos ata non sei se será mellor que só falen español. o que iamos,que présa tendes por sabe-lo resultado da enquisa? estades a lexitimala con esa impaciencia, con esa confianza no resultado que nos digan.
Concordo com Rosaliano: assim vão mais que mal.
mentir,van mentir;o caso é que inda non se lles ocurre unha cal é a mentira máis axeitada;dan un pouco de pena
Que pandilla de ultra-españoleiros nos está a des-governar, son mentireiros, trapalleiros. renegados, fascistas, caciques, corruptos... e velos ahí están tan panchos, cos votos dos galegos e galegas. Queren acabar co noso idioma, vender o noso litoral, despilfarrar o noso patrimonio, españolizar o noso país, potenciar a cultura castelán en detrimento da galega, eliminar a nosa identidade, privatizar o de todos pra que gañen os seus amigotes con ou sin bigotes. Queren desfacer Galiza pero non llo imos consentir. A loita continúa
Eu alucino:
"Imposición do galego no sistema educativo, que non satisfacía aos pais".
Pero non quedamos en que non se coñecen os resultados das enquisas?
O "actual" conflito deriva da política lingüística involucionista do "actual" goberno da Xunta, e non da actuación "que se quixo facer" no sistema educativo, como di Xesús Vázquez.
A unha amiga miña que é profesora dun colexio concertado non lle fixeron a enquisa aos profesores e si lla fixeron aos pais dos alumnos do seu colexio. E segundo contoume foi todo unha patrallada.
Iso se que é tirar o diñeiro e perder o tempo para facer o ridículo e meterse de cheo na boca do lobo, pois en lugar de evitar o conflito, agrandárono.
E xa postos a facer enquisas, porque non nos preguntan aos galegos se queremos ser independentes.
Ou sexa, a enquisa que ía facer Ibarretxe era ilegal e en cambio a enquisa deles, que lla sacaron dos collóns, é completamente legal.
Que queiran, que non, o galego non vai desaparecer!
14
non vai desaparecer,pero temos que loitar para que non o teñamos que falar so coas vacas
o conselleiro de cultura di que a pervivencia do galgo so depende dos galegos;pois non será de galegos como el:asegúrovos que me chamou a atención nun bar de santiago;falou cun amigo ,e falou polo móbil,e sempre en castelán ,non deu unha palabra de galego.SON UNS HIPOCRITAS
Vídeo: Xesús Vázquez asegura que non existe o conflito lingüístico e explica a demora no resultado das enquisas
A CIG destapa a existencia de tratos de favor a empresas vinculadas ao PPdeG
Edición xeral
Luz verde á Lei Ómnibus co 'Non' do BNG, que pedía blindar as condicións laborais e garantir deberes lingüísticos
Edición xeral
"Que impere a razón", reclámalle Vázquez a Zapatero ao fío das caixas
Edición xeral