ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
'Big Jump'

Un chimpo polo teu río!

Este domingo vai ao teu río, pega un salto e tira unha foto. E logo mándaslla a Adega, que colabora coa European Rivers Network na defensa dos nosos cauces.

Redacción - 11:45 12/07/2009

O Big Jump é unha iniciativa da European Rivers Network a prol da protección efectiva dos ríos, que exixe a aplicación da Directiva Marco da Auga. Unha xornada festivo-reivindicativa que secundan numerosas organizacións europeas, no noso país da man de Adega e o Proxecto Ríos.

Dende a asociación ecoloxista galega denuncian o atraso na aplicación da Directiva Marco da Auga, e o que “semella” o “rexurdimento da ameaza das minicentrais co novo Goberno na Xunta”.

Por isto, chaman á participación este domingo. Ir a un río, pegar un chimpo, tirar unha foto e mandárllela, é o que nos piden dende Adega e o Proxecto Ríos. O enderezo é adegaARROBAadega.info, e cómpre sinalar o lugar, os participantes e as ameazas ou agresións que sofre ese curso fluvial.

En 1995, o ecoloxista Roberto Epple convocou un baño multitudinario en diferentes localidades do río Loira para reivindicar que no ano 2015 a Directiva Marco da Auga sexa unha realidade, e os ríos europeos estean limpos para que o seu uso pola poboación non supoña un problema de saúde. Dende entón o Big Jump concentra todos os anos milleiros de persoas en centos de ríos de Europa.


5/5 (7 votos)


Comentarios (5)

MaisUm #1 12/Xullo/2009 MaisUm
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Estas iniciativas transeuropéias são magníficas para criar um consciencia verdadeiramente europeia e mundial.

gonzalius #2 13/Xullo/2009 gonzalius
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Nova falcatruada de IBERTROLA no rio Sil
ver mais informacion en
http://www.adega.info





Se trata del lecho del río Sil. Si no fuera que está seco, completamente seco como evidencian estas imágenes, estaríamos hablando de aguas abajo del Embalse de Santo Estevo. Pero no hay tales aguas abajo. Sin que ninguna asociación ecologista haya advertido todavía el hecho, el Sil se ha quedado seco hasta el siguiente encoro, el de San Pedro, ya muy próximo a Os Peares. Sin información alguna al respecto, todo hace suponer que se trate de los trabajos inherentes al proyecto “Santo Estevo II” de Iberdrola. Los efectos están a la vista.





El río Sil se queda sin gota de agua estos días bajo el Embalse de Santo Estevo

12 de JULIO de 2009: OURENSE DIXITAL

La elocuencia gráfica corresponde al lecho del río Si, seco bajo el Embalse de Santo Estevo.
Se trata de los trabajos del aprovechamiento hidroeléctrico “Santo Estevo II” de Iberdrola. La maquinaria revienta estos días el lecho del cauce, previsiblemente para acometer los correspondientes trabajos de tunelado que precisa la ampliación de este aprovechamiento hidráulico. Nada trasciende, a no ser lo que confirman estas imágenes y los presagios y alertas que desde hace ya más de un año dispararon colectivos ecologistas como ADEGA.




El 4 de julio de 2008, la Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia auguraba que el aprovechamiento "producirá grandes cantidades de cascallos e entullos que afectarán gravemente á conservación do citado LIC Canón do Sil, así como os efectos do aproveitamento do caudal ecolóxico para o turbinado poden ter graves efectos sobre multitude de especies e hábitats protexidos".
Cuatro días después, el 8 de aquel mes, el BOE hacía pública la aprobación del proyecto.
Una de las últimas denuncias de ADEGA en relación con ese hecho se remonta al 20 de enero de este año, cuando denunciaba que Iberdrola no disponía de las autorizaciones necesarias para cometer las obras del Santo Estevo II, pese a lo cual ya se practicaban los primeros trabajos.




Atrás quedan algunas polémicas y situaciones comprometidas como la que vivió la titular del MARM, Elena Espinosa, cuando sólo unos días antes de la publicación de la autorización al proyecto en el BOE, Espinosa decía todo lo contrario en una visita a Ourense.
O las declaraciones del 16 de octubre de 2008 del entonces presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, afirmando que "bajo ningún concepto" se permitirán más explotaciones de este tipo, ya que los informes de la Xunta sería, según el entonces titular del Ejecutivo galelgo, "os nosos informes serán sempre negativos e, por certo, vinculantes, en relación con calquera solicitud que se está plantexando e tramitando na sede do Goberno de España".

gonzalius #3 13/Xullo/2009 gonzalius
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Os colectivos que forman a Plataforma pola Defensa da Ribeira Sacra, entre eles ADEGA, veñen de solicitar a paralización urxente das obras do proxecto Santo Estevo II e un novo estudo de impacto ambiental que reflexe axeitadamente as graves afeccións ambientais e turísticas deste delirante proxecto de IBERDROLA.


comunicado da Plataforma
COMUNICADO DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIBEIRA SACRA

Os aquí presentes queremos chamar a atención sobre esta paisaxe singular galega que é a Ribeira Sacra.
Os ríos e as montañas forman eiquí unha combinación característica que é o sinal de identidade dunha zona que cada vez atrae máis visitantes ocasionais e mesmo novos residentes que contribúen a frear o despoboamento e a manter viva a paisaxe.
Sen embargo este lugar residencia de numerosas especies protexidas tanto animais como vexetais, entre as que salientamos a aguia real e o lobo, vese ameazado polos proxectos de ampliación das turbinas dos distintos encoros que promoven Iberdrola e Unión Fenosa.
Iberdrola e Unión Fenosa equivócanse pensando que poden impor os seus proxectos baseándose nos ingresos económicos que lles proporcionarán aos seus accionistas privados. Equivócanse porque nin producen nin van producir ningún beneficio económico cos novos proxectos.
Unicamente están interesados no seu lucro persoal incesante aínda pasando por riba dos habitantes da Ribeira Sacra. Resulta indecente que estas empresas publiciten a súa sustentabilidade cando se amosan insensibles ás demandas da xente que defende a integridade da paisaxe e o seu modo de vida.
Os proxectos destas compañías son cinco en total: Os Peares, Belesar, San Pedro, Santa Cristina e Santo Estevo. Destes cinco proxectos unicamente o denominado Santo Estevo II está aprobado.
Os demais son proxectos que a administración galega e estatal están a tempo de parar e declaralos incompatibles coa conservación dos recursos naturais.
O proxecto de Santo Estevo II foi tramitado con total oscurantismo por parte das administracións responsables, o Ministerio de Industria e o Ministerio de Medio Ambiente.
Nin colectivos ambientalistas nin colectivos veciñais, nin os concellos afectados foron informados debidamente para coñecer o proxecto e máis pór de manifesto as alegacións e os puntos en desacordo co proxecto.
Non se pode tramitar un proxecto de tal embergadura e influencia en varias comarcas sen informar nin consultar aos cidadáns. O inicio das obras do proxecto Santo Estevo II que tivo lugar en Outubro de 2008, foi anterior á concesión da pertinente autorización do Ministerio de Industria (publicada no BOP Ourense de data).
A concesión da licenza municipal de obras por parte do Concello de Nogueira de Ramuín ten que concederse cando todos os permisos estean tramitados e sen embargo obvia na súa concesión a carencia desta licenza do Ministerio de Industria candomenos.
Por estes feitos solicitamos que se paralicen inmediatamente as obras do proxecto Santo Estevo II e que se tomen as medidas que sexan necesarias polo incumplimento da legalidade vixente. Solicitamos ademais que se reinicie o procedemento de avaliación de impacto ambiental do proxecto Santo Estevo II pola carencia de información pública axeitada que limitou totalmente o acceso á información sobre o proxecto.
Temos dereito a ser escoitados pola administración responsable e a solicitar que a Ribeira Sacra manteña intacta a súa paisaxe para que todos e todas poidamos disfrutar dela pero sobre todo para que tamén poidamos vivir e traballar eiquí. Nestes momentos aínda estamos a tempo de Salvar a Ribeira Sacra e queremos dicir ben alto “Isto é un atentado ecolóxico, salvemos a Ribeira Sacra”.

gonzalo blanco
informador ambiental
ADEGA-ourense
mais informacion
http://www.adega.info

Jatopardo #4 17/Xullo/2009 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu teño un rio que pasa por cerca da miña casa o que pasa é que é moi cativo e se pego un chimpo podo joder o menisco.

De todos os xeitos está moi ben que se fagan actividades destas, aínda que todo sea dito, aos políticos impórtanlles cun carallo con cal, penso que non teñen moitos efectos prácticos.

Dame moita pena cando vexo que lle estamos roubando terreo á natureza. Ás veces de xeito máis veloz, outras máis a modiño, pero sempre sen pausa.

Dame noxo cando escoito falar de "desenvolvemento sostible". Ningún desenvolvemento continuo é sostible.

gonzalius #5 13/Agosto/2009 gonzalius
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

HIPERTOLA. PRETENDE METER O DISEÑO DO LAGO ARTIFICIAL DA CENTRAL NUCLEAR cofrentes NO MEDIO DA RIBEIRA SACARA
pode ser ver a balsa construida por ibertrola para a central nuclear de cofrentes na paxina web
http://maps.google...">http://maps.google...
complejo hidroeléctrico de Cortes-La Muela, Noticias Ya.com: Iberdrola duplica la capacidad de la central de ... La planta nuclear de Cofrentes dispone hoy en día de 1.095 MW de potencia ... Desde una gran balsa se deja caer, por medio de tuberías, el agua y la energía ...http://noticias.ya.com/local/v... berdrola-apagones-ampliacion.html http://maps.google...">http://maps.google...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: