A Garda Civil acudiu este luns ao lugar onde se proxecta o porto deportivo e detivo un dos veciños que acoden periodicamente a protestar pola obra.
Efectivos da Garda Civil detiveron este luns un dos veciños que acoden cada día ás obras do porto deportivo que se está a construír á beira da antiga fábrica de Massó, na localidade pontevedresa de Cangas, e a quen se lle imputa un suposto delito de coaccións, segundo informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado.
Pola súa parte, o concelleiro de Urbanismo de Cangas, Mariano Abalo, que estaba presente cando se produciu o arresto, explicou que os feitos aconteceron na zona onde actualmente se están a desenvolver os traballos, nas inmediacións do edificio principal da antiga factoría, concretamente na zona onde se atopa a cheminea.
Sobre as 8 horas, chegaron os obreiros e, ao redor dunha hora máis tarde, presentouse a Garda Civil, que levou detido a un dos catro veciños que permanecían na zona das obras, como realizan cada mañá, para manifestar o seu rexeitamento á actuación.
O detido é Tiago Pérez, membro e voceiro do Foro Social de Cangas --colectivo contrario á construción do porto deportivo e que demanda a paralización das obras ao considerar que se trata dunha actuación "ilegal"--, quen xa foi arrestado nunha ocasión anterior, xunto con outras persoas, cando intentaba impedir o desenvolvemento das obras neste recinto. Nestes momentos, permanece nas dependencias da Garda Civil en Cangas.
Abalo estimou que a actuación deste luns se debe a unha "evidente sincronización total" entre a empresa e as forzas de seguridade, posto que, segundo engadiu, os axentes "viñan con orde clara de que se traballase custe o que custe" na zona de obras. Así mesmo, o edil avanzou que se vai presentar unha denuncia porque as obras "están a poñer en perigo o tránsito e edificios da zona", denunciou.
E estes porque nom vam extraviar algo como os seus colegas de Ogrobe em vez de acosar a gente?
As sincronizacións, xa apestan. Non ao neofranquismo.
NON MÁIS DESTRUCIÓN!!! BASTA!!!
Isto está alcanzando uns extremos que dan medo. Entre a subdelegación do Goberno e os alcaldes tibios, os cidadáns xa non imos saber de qué alpendre colgharnos.
Non pode ser que os únicos que podan estar ao seu aire nesta sociedade -e nesta terra, futura GALMARBELLA- sexan os que teñen os petos cheos de billetes de 500 euros, que non se ven afectados por crise ningunha, que teñen os medios de comunicación controlados, o acceso aos foros políticos nas súas mans, que teñen en nómina non a traballadores (para esos o que hai son ERES e campañas de desprestixio)senón a palanganeiros institucionais e pagados polo estado que lle solucionan os problemas...
Era así fai catro anos coas infraestructuras e vai seguir sendo así agora (engadindo o problema da nosa lingua).
¿Que hai movementos sociais que molestan? A solución é fácil: se non calan coas multas (ver Canedo, que lle dan marimba incluso aos curas ou monxes)ao trullo con todos. Que saiban dunha boa vez quen manda eiquí. Leña con todos, sí señor. O próximo: a sanidade.
Todo cristo a calar. Isto é o que hai. Ese perigoso activista debería estar no trullo non unhas horas. Un mes para que aprenda. Espérate a ver canto lle cae de multa.
Mamóns: non vos dades de conta de que non vos vai ir ninguén ao balneario (perdon, "spa"). Imos aghuantar. En Cangas i en todas partes. Iso espero.
PAÍS.....
Os de Cangas non se Venden están actuando sen ter nin idea de cómo se actúa nestes casos.
Se os que están a realizar a obra ten licenza e a plataforma considera que é ilegal, primeiro hai que estar seguros de que é ilegal (que non nos pase coma sempre, que dicimos que algo é ilegal cando é absolutamente legal) ben, no caso de que sexa ilegal porque o diga a lei, non porque o diga Xan Carballo nin porque a mín non me guste, entón hai que proceder xa non por vía administrativa se non por vía xudicial, e nese caso será o xulgado o que envíe á garda civil a paralizar as máquinas, non ao revés, como está pasar agora. No caso de que a obra sexa legal, lóxicamente non procede facer nada.
No caso de que os que actúan non teñan licenza, hai que proceder por vía administrativa e xudicial, no caso de que o Concello ou a Xunta non responda.
Teño a sensación de que os que realizan a obra ten licenza, no caso contrario a garda civil non actuaría. PORQUE CARALLO SEMPRE FACEMOS TODO SEN ENTERARNOS DE COMO SE FAI?
Alpabarda, ou Alparvada, se non coñeces a situación non comentes. Pero interesadamente comentas no senso de que a obra posúe todas as licencias. Curioso candomenos que defendas á Garda Civil?
Por se interesa, cada quen está no dereito de oporse ao que considere ilexítimo. Que sexa legal é outra cantinela. Le zutabedecangas.wordpress.com e logo comenta.
Alpabarda, oque non te enteras do que se fai eres ti! Pero ti crees que Tiago iba estar no camiño se a obra tivera licencia e se fora legal. Quecoñecemento ti da Garda Civil! Estiveches algunha vez diante deles? Acaso non protexen a Julian Muñoz? Nunca escoitaches falar de Roldán? Non sabes que a Grada Civil obedece e acata ordes, que non as discute. Sabes canto tarda en actuar a xustiza, contra os ilegais? Sabes que o medio ambiente tarda miles de anos en recuperarse, sabes que hai agresións ambientais que son irrecuperables? Nalgunhas culturas os humanos reencarnanse e resurren. Peor o medio ambiente non. Non é cuestión de creenza, é matemáticamente cientifico.Como lle pides ademáis que se informen como se fan as cousas se ti ignoras como se están facendo? Estás vacilando?
alpabarda, és imbécil, de onde caiches?
Vaia, vaia. Pensaba que me iades dar información de interese para o problema como: Ten licenza, máis apresentamos unha demanda por que non constrúe o que di a licenza; que non ten licenza, e por iso presentamos algo no xulgado para paralizar a obra, etc. REN. Non sabedes ren do asunto e xa vos posicionades con argumentos como, que a Garda Civil acata ordes cando todo dios sabe que o primeiro que fai a garda civil e pedirche a licenza do que estás a construir, ou falades incluso de Roldán... fico abraiado.
O de AfonsoDaniel xa é de nota: "Por se interesa, cada quen está no dereito de oporse ao que considere ilexítimo. Que sexa legal é outra cantinela.". É dicir, A LEI SON EU.
Hermerico decepcionoume, só soubo insultar.
En este pelotazo o que é dificil de atopar é O QUE É LEGAL.
Darvos unha volta por http://www.cangasnonsevende.or...
Alpabarda, rozando a gilipollez, no século XX desta era, no periodo 1939-1975, non era legal pertencer ao PSOE. Sen embargo era lexítimo. Hoxe en día...
En Alabhama, é ilegal fornicar por orificios traseiros.
Se entendes que a lei é miña, necesitas unhas clases de filosofía e política. A lexitimidade é algo máis confuso e esquerdista que a legalidade non?
Cando se di legal, un se refire a un sistema democrático no cal unha lei técnica está elaborada por técnicos. Se non é un sistema democrático, como na época franquista, calquera lei debe ser posta baixo suspeita. Xa non quero dicir nada de tratarse de leises políticas coma as de partidos políticos ilegais.
A Alabama fuche!! Qué exótico!! esa é outra lei política e/ou relixiosa, evidentemente, non é unha lei técnica que é do que estabamos a falar. As leises que atenden á moral, á liberdade individual, etc. sí poden ser sometidas á crítica e incluso á non cumplilas xa que non se basan en ningún criterio obxetivo, pero por favor, non estabamos a falar de leises que falen da moral.
Cando falamos de onde se pode construir, ou non, esas son leises técnicas, elaborados non por políticos, senon por xuristas e arquitectos con moita máis experiencia ca nós. Se tí dis que tes lexitimidade (esquerdista?) o que estás a dicir e que eses arquitectos e xuristas non ten nin puta idea da materia, e tí sí.
Non me digas que non é de risa.
alpabarda, eu repitoche o que che dixo Hermático, "DE donde caiches?" que as leis son tecnicas, que as fan xuristas e arquitetos que saben. Claro, e a eso lle chamas ti ti sistema democrático, no que os tecnico fan as leis e os demías que facemos, acatamos? somos meros espectadores? Os técnicos estudan e aplican o que studan, de ningunha maneira se deixan influenciar polos seus interese particulares? Ti te crees que as leis as fan os tecnicos, xa lels gustaría. as leis as fan os poderosos, que utilizan a tecnicos e a políticos pra levaar acabo leis que favorecen os seus interese, contra os intereses comuns. Tamén se siben da desinformación ou da confusión, ou de chamarlle as cousas polo que non son, ou de calquera maneira. Nos Non estamos nun sistema democrático, alpabarda. Non hai ningún partido político democrático. Todos incumpren en maiorou menor medida a lei de asocicións, sobr etodo canta máis cota de poder acadan. Coñeces a algún organismo que vixie a democrácia interna nun partido político ou asociacións. Hai asocicións democráticas, que non celebran nin unha asemblea ao ano.
Fora de disquisicións filosóficas, este aberrante proxecto sáltase as leis de portos, do solo, das administracións públicas, de protección ambiental...
Hai un contencioso e máis de oito denuncias que durmen no limbo da "xustiza" e non dubidedes que se non tiveran argumentos sólidos xa as terían sobreseído directamente.
Xustiza corrupta
Administracións culpables
BNG directamente culpable