Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÍA DA PATRIA

Causa Galiza: en demanda dunha República Galega

Os independentistas avogaron pola convocatoria, a curto prazo, dunha folga xeral nacional e reclamaron a autodeterminación e soberanía para Galiza.

Redacción - 19:00 25/07/2009

"Non estamos todos, faltan os presos" ou "son independentistas e non terroristas" foron algunhas das proclamas que percorreron a distancia que separa á Alameda de Compostela da Praza do Toural. Causa Galiza xuntou a dous milleiros de persoas, segundo a organización, en demanda do dereito de autodeterminación e da soberanía para Galiza.

"Reafirmamos a vontade de constituírmos o noso propio Estado: unha República Galega", iniciou a súa intervención Laura Bugallo (CIG), encargada este ano do discurso deste conxunto de colectivos. Cunhas palabras na que estivo moi presente a crise económica (o lema da plataforma para este día foi "Ante a crise do capital, soberanía nacional"), Bugallo asegurou que "é imprescindíbel tomar medidas resolutivas", entre as que citou "a curto prazo, a convocatoria dunha folga xeral nacional e a coordinación dos independentistas par facermos fronte con radicalidade á administración que reside Núñez Feijoo"; xa a medio prazo, falou de organizarse "para as batallas que se anuncian" e "avanzar a paso firme polo camiño da autodeterminación e soberanía".

Fronte ao Estatuto, soberanismo
Para Causa Galiza "a autodeterminación e soberanía son a chave que abre a porta a un futuro distinto do que se perfila no horizonte: a única alternativa política real neste país". Así, consideran a vía do Estatuto "unha fraude escotada que apenas foi útil para adormecer conciencias e facilitar que os nosos inimigos históricos avancen no espolio e a destrución de Galiza".

 


4.43/5 (23 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cabeza da manifestación de Causa Galiza / Foto: Xela Rodríguez
Cabeza da manifestación de Causa Galiza / Foto: Xela Rodríguez
Bugallo foi a encargada de ler lectura ao manifesto / Foto: Xela Rodríguez
Bugallo foi a encargada de ler lectura ao manifesto / Foto: Xela Rodríguez
Canto do Himno na Praza do Toural /Foto: Xela Rodríguez
Canto do Himno na Praza do Toural /Foto: Xela Rodríguez
A presenza policial foi moi importante durante todo o acto / Foto: Xela Rodríguez
A presenza policial foi moi importante durante todo o acto / Foto: Xela Rodríguez