Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MALIA OS TEMPOS DE CRISE

A banca sempre gaña

Comezan a coñecerse os resultados económicos das entidades bancarias no primeiro semestre deste ano, unhas cifras que revelan beneficios sostidos.

Redacción - 14:00 30/07/2009
Malia a crise, os grandes bancos obtiveron o terceiro mellor resultado da súa historia

Malia a crise, os grandes bancos obtiveron o terceiro mellor resultado da súa historia

Nunha conxuntura de crise, e logo da supostamente necesaria inxección económica que recibiron as entidades bancarias, calquera puidera pensar que o mundo financeiro estatal estaba a piques de caer. Nada máis lonxe da realidade. Malia a situación económica mundial, os bancos españois seguen aumentando os seus beneficios. Así o revelan as estatísticas que, con contagotas, imos coñecendo estes días.

As cinco primeiras entidades do sector financeiro, Santander, BBVA, La Caixa, Caja Madrid e Banco Popular, tiveron un beneficio neto conxunto de 9.311 millóns de euros no primeiro semestre ano ano. Esta cifra, que non acadamos a imaxinar, representa unha caída do 12,6% para estas entidades financeiras (no mesmo período de 2008 gañaran 10.660 millóns). Con todo, constitúe o terceiro mellor resultado desta elite bancaria en toda a súa historia.

A estes datos, continúan a sumarse outros beneficios astronómicos por parte doutras entidades: o Banco Pastor obtivo un beneficio neto atribuído de 82 millóns de euros no primeiro semestre do ano, uns resultados que permiten á entidade falar dunha "sólida posición de liquidez", situada por enriba dos dous mil millóns de euros. Así, un tras doutro, imos coñecendo os resultados da primeira metade deste ano, uns balances que foron acompañados dunha forte política de redución de oficinas e de cadros de persoal.

Os resultados, polo miúdo 

  • Banco Santander. Segue liderando o listado dos beneficios: a entidade conseguiu un resultado neto de 4.519 millóns de euros no primeiro semestre do ano, o que significa un 4,5% menos con respecto ao mesmo período de 2008 (cando gañara 4.730 millóns).
  • BBVA. Rexistrou un beneficio neto de 2.799 millóns de euros. Os resultados rexistran unha baixa do 10% con respecto ao resultado do exercicio anterior (3.108 millóns).
  • La Caixa. Cun beneficio atribuído de 975 millóns, reflicte un descenso do 8% respecto aos 1.084 millóns do mesmo período do ano anterior.
  • Caja Madrid. Gañou 575,6 millóns de euros, marcando a baixa máis forte dos cinco grandes bancos, un 46,9% respecto aos 1.084 millóns do ano pasado.
  • Banco Popular. Obtivo un beneficio neto atribuído de 442,6 millóns de euros no primeiro semestre de 2009, o que supón un 34,7% menos que no mesmo tempo de 2008.
  • Banco Pastor. Primeiros datos en coñecerse logo da gran banca, rexistrou un beneficio de 82,05 millóns de euros no primeiro semestre, un 34% menos que no mesmo período do ano anterior.
Malia que a Comisión Nacional de Valores (CNMV) aínda non deu a coñecer as estatísticas dos outros bancos do Estado Español, podemos botar un ollo aos copiosos beneficios obtidos polas entidades bancarias galegas no conxunto do 2008, últimas estatísticas publicadas.

  • Banco Gallego. Obtivo en 2008 un beneficio despois de impostos de 12,6 millóns de euros, un 7,7% menos que no exercicio 2007.
  • Caixa Galicia. Acadou 211,9 millóns de euros de beneficio atribuído en 2008, o que supuxo un 47,2% menos que o ano anterior.
  • Caixanova. Conseguiu o ano pasado uns beneficios despois de impostos de 178,6 millóns de euros, o que representou un aumento do 0,32% respecto ao exercicio anterior.
  • Banco Etcheverría obtivo en 2008 un beneficio de 4,2 millóns de euros, neste caso un 5,2% máis con respecto a 2007.


5/5 (3 votos)

Comentarios (4)

TAMUNANGUE2008 #1 31/Xullo/2009 TAMUNANGUE2008
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Esta es una de las verdades más grandes que se han dicho ¿Cómo harán?
Lo que sí es cierto que a diferencia de muchos venezolanos que no consiguen divisas a pesar “que el petróleo es nuestro” y muchos Galegos que se fueron ingenuamente a su tierra y ahora se encuentran “ladrando” ya que sus tarjetas de crédito están en cero y CADIVI “No se, no me interesa” y la verdad oficial dice que no hay nada anormal. El Grupo Santander dueño del Banco de Venezuela no solo logro que el gobierno reboilucionario le pagara en dólares oficiales en forma inmediata. Mientras tanto muchos españoles que fueron víctimas de expropiaciones de sus bienes hace mas de 3 años solo tienen la oferta de una nueva “mesa de diálogo” donde se perderá el tiempo y a lo más que podrán aspirar es a que les paguen a precios de hace 3 años y en BOLIVARES FUERTEmente devaluados.
Gracias Moratinos por tus gestiones diplomáticas. Los banqueros y empresarios Españoles te agradecen que los pusieras donde hay. Si, donde hay mano de obra barata y en un futuro férreamente controlada por el gobierno. Es decir HUELGAS CERO.

Grupo Santander lider en España y en Venezuela de donde salio con un buen Botin.

joseantonio #2 31/Xullo/2009 joseantonio
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pero non estaban arruinados?. Menudo rostro teñen estes banqueiros. E si consiguen beneficios porqué non prestan os cartos?. O que está claro e que estannos a tomar o pelo canto queren.

amoscaesquerdosa #3 1/Agosto/2009 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ante estes fríos e contundantes datos todas esas políticas neoliberais dos gobernos socialdemócratas quedan desenmascaradas.
Ningún goberno, sexa da Xunta (como o foi o caso do bipartito), sexa do Estado, pode dicir que apoia ou defende da crise aos traballadores cando a patronal bancaria (tanto a galega como a española)gaña no primeiro semestre a incrible cifra de MÁIS DE 9.300 millón de euros e por encima recibe axudas, subvencións, fondos etc. etc. tirados dos nosos impostos. E que aquí en Galicia, o Pastor gañe case 100 millóns de euros entanto os desafiuzamentos cómense día a día as vivendas dos máis febles do país, demostra ben ás claras o que se pode esperar desas políticas interclaistas que meten nunha mesma saca a todo canto "galego" hai por aí.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

Ximelez #4 3/Agosto/2009 Ximelez
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Menuda estupidez de nova... Acaso eisistía alguén tan pouco capacitado inteleitualmente para se percatar de que os Bancos nunca perden?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: