Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PSdeG, SOBRE A AUTOVÍA DA COSTA DA MORTE

"O Goberno defende os intereses da adxudicataria, non dos galegos"

Logo de que a empresa solicitase a rescisión do contrato, os socialistas acusan ao PP de demostrárense malos xestores e incapaces de solucionar os problemas.

Redacción - 18:00 11/08/2009
Pablo López Vidal pregúntalle ao Goberno se manterá a gratuidade da futura autovía

Pablo López Vidal pregúntalle ao Goberno se manterá a gratuidade da futura autovía

"Non podemos saír do noso asombro diante da incapacidade demostrada polos novos xestores para solucionar os problemas sobrevidos na execución destra estrada", si o portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario do PSdeG, Pablo López Vidal. Despois de que a empresa construtora da autovía Carballo-Berdoias anunciase a súa intención de rescindir o contrato coa Xunta de Galiza, os socialistas acusan ao Goberno de "defender os intereses da empresa adxudicataria" e preguntouse "quen defende aos cidadáns".

O PSdeG criticou ademais ao PP porque "o único que lle preocupa é embarrar a xestión dun goberno socialista, que foi o que tomou a decisión histórica de conectar a sempre esquecida Costa da Morte, mediante unha autovía libre de peaxe". Nesa liña aseguran que "queda por saber que vai pasar co futuro desta infraestrutura, cando pensan construíla e se pensan manter o compromiso do goberno anterior de facela libre de peaxe".


Ligazóns

4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: