Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AUTOGOBERNO

Feijoo descarta o termo “nación” no Estatuto porque o país “non é nacionalista”

O presidente brande os últimos resultados electorais para descartar unha carta política similar á de Cataluña.

Redacción - 17:00 27/08/2009

A posibilidade de que un novo Estatuto de Autonomía inclúa o termo nación no seu preámbulo, como ocorre no caso catalán, semella unha utopía. Así o expresou este xoves o presidente galego, Alberto Núñez Feijoo, que afirmou rotundamente que o noso país “non ten nada que copiar” da carta política catalana. A razón principal que esgrime Feijoo é que as urnas ditaron sentenza en marzo e que Galiza “maioritariamente, non é nacionalista”.

Aínda que manifestou que vai haber unha “vía propia” para a reforma estatutaria, o presidente asegurou que desexa coñecer a sentenza do Tribunal Constitucional para, a raíz da mesma, “aprender dos erros e dos acertos”

A respecto da reforma do Estatuto, Feijoo comprometeuse a traballar nos primeiros meses do seu mandato para poñer enriba da mesa unha nova proposta. Porén, o presidente estatal do seu partido, Mariano Rajoy, encargouse esta semana de dicir na Radio Galega que, nun escenario de crise económica, “non é prioritario” este debate político.

Para a reforma é preciso que dous terzos do Parlamento apoien a proposta, unha combinación que sería posíbel cun acordo entre 'populares' e 'socialistas', que suman 63 das 75 prazas do Hórreo. Porén, a priori, un acordo deste tipo semella complicado.


3.15/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: