Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Fronte aos que querían apropiarse del"

Feijoo reclámase democratizador "do sentimento galego"

"Temos un sistema público potente que resistiu os envites dun bipartito que deixou as arcas ao bordo do colapso", afirmou o líder do PPdeG en Soutomaior.

Redacción - 09:30 30/08/2009

"A defensa da verdade, a austeridade, o realismo e o galeguismo". Velaí os que o líder do PPdeG e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, cualificou este sábado de "faros" da súa acción de Goberno. Foi durante o acto formal que o seu partido organizou para apertura do curso político á volta das vacacións de verán e, durante a súa intervención, dixo sentirse especialmente orgulloso de "democratizar o sentimento galego fronte aos que querían apoderarse del".

Recordou Núñez Feijoo o similar acto do seu partido hai un ano, daquela na oposición, indicando que naquel momento a súa formación comprometeuse "a dicir a verdade aínda que esta fose dura, a unir esforzos en lugar de vivir na confrontación, a afrontar os retos e non a esquivalos, a pensar en propostas e non en distraccións, a defender a liberdade e non a imposición". Subliñou Feijoo que todos eses compromisos "estanse cumprindo".

Prioridade: levar a Rajoy á Moncloa
Como paso inmediato para o seu partido, o líder do PP en Galiza salientou a vontade dos populares de "apartar do poder" o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, "quen centra a súa actividade en facer política de supervivencia". Na opinión de Feijoo, Zapatero "equivócase subindo os impostos". Advirte Feijoo de que as subidas serán limitadas e temporais tal e como o presidente español anuncia porque "hai impostos que non poden subirse máis, e temprais porque acabarán en dous anos, cando Mariano Rajoy releve ao propio Zapatero e sexa o presidente do Goberno que España e que Galiza necesitan".


1/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: